Socialistas de Cabanas

Llamar Cómo llegar Página web

Socialistas de Cabanas Luchamos por recuperar el socialismo a Cabanas, en un municipio actualmente catastróficamente mal gobernado por el Partido Popular. Carlos Ladra Brage.

Tras las elecciones de 2015 tenemos 3 concejales. Delfín Feal Pereira, concejal y portavoz. Concepción Rodríguez Ferreiro

¿Quieres ser parte del Partido Socialista en Cabanas? Entra en la web y afíliate “ https://aphilia.psoe.es/ ”, así de fácil. También puedes llamarnos por teléfono al 622835532 (Carlos) y concretar una cita con nosotros. O acércate a nuestra sede, está abierta todos los jueves de 17:00h a 20:30h.

🚌💨 En Cabanas seguimos agardando polo autobús...e polo goberno local, que seica tamén vai con atraso.Mentres a veciñanza...
11/10/2026

🚌💨 En Cabanas seguimos agardando polo autobús...e polo goberno local, que seica tamén vai con atraso.
Mentres a veciñanza queda tirada na marquesiña sufrindo atrasos, frecuencias ridículas e autobuses a reventar -tendo que desprazarse a Pontedeume ou Fene para poder coller un bus en condicións-, no concello fan o único que ses lle da bén: pechar os ollos e darse a fuga.

Esta semana convocouse en Pontedeume aos concellos da comarca para plantarlle cara a crise do transporte. Nin o alcalde, nin o tenente de alcalde nin ninguén do goberno apareceu nin dou sinais de vida. Cabanas voltou quedar sen voz e sen representación.

Ter que marchar ao concello do lado para poder viaxar e que no teu propio concello fagan como quen oe chover non é neutralidade: é deixar tirada a xente de Cabanas.

!Queremos un concello que dea a cara e un transporte digno Xa!✊


01/10/2026

📣 O PSdeG de Cabanas denuncia que o Concello presume dun proxecto aprobado polo anterior goberno socialista co voto en contra do PP

👉 A licitación veu acuciada polo ultimátum da Deputación, que advertiu da última prórroga para non perder a subvención

ℹ️ Máis info en https://f.mtr.cool/3239885t4z

Por fin ve a luz o proxecto da humanización da estrada nacional de Cabanas!!O PSOE de Cabanas reclama que se conte toda ...
01/10/2026

Por fin ve a luz o proxecto da humanización da estrada nacional de Cabanas!!
O PSOE de Cabanas reclama que se conte toda a verdade sobre a humanización do Areal: "O proxecto naceu co goberno socialista de Carlos Ladra e chega máis recortado e máis caro"
O Grupo Municipal Socialista de Cabanas considera positivo que finalmente se vaia executar a humanización da Avenida do Areal, pero reclama ao actual goberno do PP que "non reescriba a historia " e lembre a veciñanza que este proxecto foi deseñado, financiado e licitado durante o goberno do socialista Carlos Ladra.
Os socialistas recordan que este proxecto foi impulsado polo anterior Goberno Municipal e contou con 180.000 euros subvencionados pola Deputación da Coruña e que o PP votou en contra da segunda licitación en 2023.
---Tres anos repudiado: O PP tivo este proxecto, impulsado orixinalmente no mandato de Carlos Ladra, totalmente abandonado. No 2021 abstuvéronse na licitación e xa no 2023, "cheos de razón" votárono en contra.
"Con máis razón ainda" no 2024 intentou este goberno do PP renunciar ao proxecto , alegando que eses cartos da subvención podían valer para" outras cousas".
---Hoxe retómase esta actuación, grazas a constancia e presión da oposición, máis ao ultimatún da Deputación advertindo da última prórroga dispoñible para non perder a subvención .

Segiremos traballando por Cabanas!

👀

Hoxe acompañamos na Coruña as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación na defensa dun Convenio Colectiv...
20/09/2026

Hoxe acompañamos na Coruña as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación na defensa dun Convenio Colectivo Provincial digno!.

A manifestación foi convocada de forma conxunta polos sindicatos CCOO, CIG, UXT E USO.
As principais reinvidicacións céntranse:

-Salarios xustos que garantan o poder adquisitivo fronte á inflación.
-Mellores xornadas e días libres para unha conciliación real.
-Condicións laborais dignas para un sector esencial.




A cidadanía sae a rúa para esixir algo tan esencial como poder ir a traballar, estudar ou ir ao médico. O alcalde de Cab...
18/09/2026

A cidadanía sae a rúa para esixir algo tan esencial como poder ir a traballar, estudar ou ir ao médico. O alcalde de Cabanas decide ausentarse, unha falta de respecto a todas as persoas que sofren a diario o abandono do transporte público.
Hoxe a nosa concelleira do PSdeG-PSOE de Cabanas, Beatriz Carbón sumou a sua presenza e o apoio do noso grupo a esta concentración en Ferrol. A situación é insostible en toda a comarca e precisamos xa autobuses con frecuencias dignas e sen cancelacións, así como un tren moderno que nos conecte co resto de Galicia.
O transporte público non é un luxo: é un dereito fundamental, vertebración e calidade de vida.







Maila a intensa choiva de onte pola tarde, as ganas e o entusiasmo non diminuíron nin un só segundo no campo.As nosas co...
30/08/2026

Maila a intensa choiva de onte pola tarde, as ganas e o entusiasmo non diminuíron nin un só segundo no campo.
As nosas concelleiras Bea e Conchi acudiron a celebración do Trofeo Concello de Cabanas 2026 no campo de fútbol da Veiga para amosar o seu apoio directo aos xogadores locais como ao equipo participante, compartindo un momento cheo de participación e bo ánimo.
Queremos felicitar e agradecer ao Xuventude CF de Cabanas pola súa organización, graciñas polo traballo silencioso de todas as persoas que, a pesar do mal tempo, fixeron posible que a xornada fose un éxito absoluto.
Noraboa!👏⚽️✨

📢O alcalde de Cabanas volve demostrar que a súa vara de medir depende da cor política de quen goberne.Tras a visita de M...
06/07/2026

📢O alcalde de Cabanas volve demostrar que a súa vara de medir depende da cor política de quen goberne.

Tras a visita de Miguel Tellado a Pontedeume, que non a Cabanas, o alcalde aproveitou para cargar, unha vez máis, contra o Goberno de España. Nada novo. O chamativo é que esa mesma contundencia desaparece cando as responsabilidades corresponden á Xunta de Galicia, gobernada polo seu propio partido.

Fala de "faltas de respecto" e mesmo asegura que o ministro Óscar Puente "insultou" a Miguel Tellado tras a súa visita. Porén, calquera pode comprobar a publicación realizada polo ministro: poderá gustar máis ou menos o ton, pero cualificalas de "insultos" non se corresponde co que realmente dixo.

Se de defender os intereses de Cabanas se trata, convén lembrar que o alcalde leva máis de tres anos sen amosar a mesma firmeza coa Xunta. Por certo, na visita de Tellado, aínda que o alcalde "non se lembre"...estaba Martina Aneiros, delegada da Xunta de Galicia en Ferrol.

➡️Os problemas do abastecemento de auga potable continúan sen unha solución definitiva maila ser unha materia na que a Xunta ten competencias.

➡️Tampouco vimos ao Alcalde Fernando Couce nas manifestacións realizadas para esixir á Xunta a mellora do servizo de transporte de autobús por estrada, que é da súa competencia e que afecta a moitas veciñas e veciños do noso municipio.
Sobre iso non é tan esixente nin belixerante coa administración responsable...

Onde están as declaracións públicas, as esixencias e as críticas ao Goberno galego por estes incumplimentos?.

En cambio, do Goberno de España só fala para criticar, e coas obras da Ponte efectivamente hai aspectos e xestións moi mellorables que merecen ser criticadas, pero rara vez para recoñecer os investimentos realizados en Cabanas.

✔️Máis de 1,2 millóns de euros destinados ao municipio.

✔️Preto de 500.000 euros para a mellora ambiental,a acesibilidade e a dixitalización do Pinar da Madalena.

✔️616.563,97 euros financiados con fondos Next Generation, para adaptar unha nave do polígono Vilar do Colo e convertela nun espazo de coworking.

Defender Cabanas significa esixir a todas as administracións por igual, non unicamente ás que non goberna o teu partido.

E xa que o alcalde se amosa tan preocupado polo ton do debatw político, quizais tamén sería oportuno lembrar as numerosas descalificacións que Miguel Tellado dedicou durante anos ao presidente do Goberno e a distintos ministros. A esixencia nas formas deberúa ser a mesma para todos, sen excepcións.

As veciñas e veciños de Cabanas necesitan un alcalde que reclame investimentos e solucións a todas as administracións coa a mesma intensidade, goberne quen goberne e non que utilice o CONCELLO DE TODAS E TODOS OS VECIÑOS DE CABANAS para facer de activista político do PP.





❌A Casa da Cultura de Cabanas, comida pola maleza mentres o goberno reparte medallas.Estas imaxes non precisan moitas pa...
28/06/2026

❌A Casa da Cultura de Cabanas, comida pola maleza mentres o goberno reparte medallas.

Estas imaxes non precisan moitas palabras. Así estaba onte no remate das actividades culturais con exposición de traballos de pintura, costura e mostra de teatro, a contorna dun dos espazos de referencia do noso concello: herba a altura da cintura pegada as fachadas, accesos invadidos pola maleza e plantas medrando contra os muros. Un abandono que da vergoña allea. 🌿 🚧.

Este goberno non perde nin unha soa ocasión de colgarse medallas con grandes obras que nin proxectou, nin financiou, nin impulsou. Anúnciase en inauguracións alleas e repártense titulares.....pero a hora de facer O BÁSICO -- desbrozar,limpar, manter con dignidade o que é de todas e todos-- a realidade derruba o relato á primeira foto.📸

Non falamos dunha gran inversión.
Falamos do elemental. E nin para iso chega, porque o que falla non é o orzamento: é a xestión, a planificación e a vontade.
Exisimos un plan real de mantemento e desbroce para a Casa da Cultura e o resto de espazos públicos, unha periocidade que impida que se repita este abandono e que o goberno se deixe de presumir do alleo e se poña, dunha vez,, a gobernar o propio.

O básico, ben feito. Iso é gobernar. O demais é propaganda.

03/06/2026

Así lucen os parques infantis de Cabanas.

29/05/2026

El acto tendrá lugar a las 19.00 horas en la Escola Laica de Cabanas con entrada libre hasta completar aforo.

Dirección

Rúa Do Concello, 22/Planta Baixa, Local 4
Cabanas
15621

Horario de apertura

17:00 - 18:30

Teléfono

+34690166824

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Socialistas de Cabanas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría