BNG Cabanas

Cómo llegar Página web

BNG Cabanas Páxina do Bloque Nacionalista Galego de Cabanas Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego de Cabanas.

Aquí atoparás toda a información sobre a nosa actividade política para mellorar o concello.

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

📻 “A lexislatura xa estaba esgotaba, e unha vez convocadas as eleccións, no BNG estamos preparadas para defender os inte...
07/10/2026

📻 “A lexislatura xa estaba esgotaba, e unha vez convocadas as eleccións, no BNG estamos preparadas para defender os intereses de Galiza aínda con máis voz”.

Iago Varela valorou a convocatoria das Eleccións Xerais nunha entrevista en Radio Fene, na que tamén falou da súa escolla para encabezar o proxecto do BNG en Cabanas nas Municipais de 2027

Escóitaa no enlace 👇

Hai outra forma de facer as cousas. E estamos preparadas para facelo.🗳️ A Asemblea Local do BNG de Cabanas decidiu por u...
02/10/2026

Hai outra forma de facer as cousas. E estamos preparadas para facelo.

🗳️ A Asemblea Local do BNG de Cabanas decidiu por unanimidade que Iago Varela sexa o candidato á Alcaldía en 2027.

Comeza un camiño que queremos percorrer man a man coa veciñanza. Con ideas, con equipo, con ilusión e coa ambición de gobernar Cabanas. 🤝🌱

Con confianza.
Con futuro.
Con Cabanas.
Con Iago.

Contigo.

Celebramos que o PP se sume, por fin, a un proxecto ao que se opuxo, contra o que fixo campaña e que mantivo paralizado ...
01/10/2026

Celebramos que o PP se sume, por fin, a un proxecto ao que se opuxo, contra o que fixo campaña e que mantivo paralizado nun caixón. Unha iniciativa do anterior mandato que agora pretenden vender como propia. 🎭

O que xa non está tan ben é que a súa alternativa sexa:
❌ Máis recortada.
💸 Máis cara.
⏳ A última hora.
🛑 Incapaz de resolver os problemas reais de accesibilidade que sufre a veciñanza do Areal no seu día a día.

Outra oportunidade perdida pola súa falla de xestión. Cabanas merece máis.

🏠 Falamos de vivenda?Que non che conten contos 👇
30/09/2026

🏠 Falamos de vivenda?

Que non che conten contos 👇

Non deixemos de falar de Palestina.Resistencia,Paz eLiberdade.Mobilízate!📆 Domingo, 4 de outubro ás 12h📍 Alameda de Comp...
28/09/2026

Non deixemos de falar de Palestina.

Resistencia,
Paz e
Liberdade.

Mobilízate!

📆 Domingo, 4 de outubro ás 12h
📍 Alameda de Compostela

Ter un fogar no que vivir dignamente non debería ser unha misión imposible. En Cabanas sabémolo ben, pois sufrimos unha ...
28/09/2026

Ter un fogar no que vivir dignamente non debería ser unha misión imposible. En Cabanas sabémolo ben, pois sufrimos unha especulación que resulta en prezos e condicións que nos expulsan do noso propio concello. Hoxe Galiza toma a rúa polo dereito á vivenda, e nós estaremos alí.

📢 Semana de  . Será o mércores, ás 10.30h, podendo seguirse en directo desde o salón de plenos ou no YouTube https://i.g...
28/09/2026

📢 Semana de . Será o mércores, ás 10.30h, podendo seguirse en directo desde o salón de plenos ou no YouTube https://i.gal/plenocabanas

📢 Este venres, ás 19.30 h, estaremos na concentración contra o fascismo e a xenofobia tras os intolerables ataques á Cru...
23/09/2026

📢 Este venres, ás 19.30 h, estaremos na concentración contra o fascismo e a xenofobia tras os intolerables ataques á Cruz Vermella.

Non podemos normalizar o odio nin a violencia. Frontalmente contra o fascismo. ✊

Dirección

Rúa Do Concello Nº 3
Cabanas
15622

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Cabanas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir