Socialistas de Caldas

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Socialistas de Caldas Perfil oficial da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Caldas de Reis

👑 ALFONSO VII XA TEN O SEU LUGAR EN CALDASHoxe inaugurouse a escultura de Alfonso VII, nacido en Caldas no 1105 e coroad...
27/09/2026

👑 ALFONSO VII XA TEN O SEU LUGAR EN CALDAS

Hoxe inaugurouse a escultura de Alfonso VII, nacido en Caldas no 1105 e coroado rei en 1126, coincidindo cos 900 anos da súa coroación.

Unha iniciativa da , coa colaboración do Concello e da veciñanza, que permite recuperar e poñer en valor unha parte fundamental da nosa historia.

Tres metros de historia para lembrar que Caldas de Reis tamén leva no seu nome a pegada de Alfonso VII.

🚧 O MINISTERIO XA TRABALLA NA ALTERNATIVA QUE CALDAS PEDIUO Ministerio de Transportes xa está ultimando os traballos téc...
16/09/2026

🚧 O MINISTERIO XA TRABALLA NA ALTERNATIVA QUE CALDAS PEDIU

O Ministerio de Transportes xa está ultimando os traballos técnicos dunha “mini-variante ou ronda de Caldas de Reis”, unha alternativa independente e con menor afección territorial.

Unha solución que responde ao que levamos reclamando: mellorar a mobilidade sen afectar ás vivendas, negocios e territorio de Caldas.

📅 A Xunta de Galicia recibiu esta información o 14 de xullo.

E, con todo, durante o mes de agosto o PP de Caldas seguiu falando do estudo anterior, confundindo á veciñanza e atacando o Goberno municipal, como se nada tivese cambiado.

❓ Se xa o sabían, por que non informaron?
Por que ocultaron esta información á veciñanza?

📄 Hoxe sabemos que, mentres o PP seguía falando da antiga Variante, o Ministerio xa estaba traballando na alternativa que Caldas reclamaba.

Os feitos poñen a cada quen no seu sitio.

🎉 ARCOS DA CONDESA CELEBRA 80 ANOS DE HISTORIAEste pasado fin de semana, Arcos da Condesa celebrou os 80 anos da súa dec...
15/09/2026

🎉 ARCOS DA CONDESA CELEBRA 80 ANOS DE HISTORIA

Este pasado fin de semana, Arcos da Condesa celebrou os 80 anos da súa declaración como entidade local menor, unha data histórica para unha parroquia cunha identidade, unha historia e unha capacidade de organización propias.

📜 A celebración permitiu mirar atrás e coñecer mellor esa historia: desde a lembranza da época medieval realizada por Heitor Picallo, ata o percorrido por estes 80 anos como entidade local menor que realizou o expresidente Paco Rivas. Un acto no que participaron os expresidentes da entidade e no que se realizou unha merecida homenaxe a todos eles, tanto aos que hoxe nos acompañan como aos que xa non están.

🤝 Entre as autoridades presentes estivo tamén o alcalde de Caldas, Jacobo Perez, que ademais foi presidente da entidade local menor. Unha presenza que simboliza a continuidade e o compromiso co futuro de Arcos.

❤️ Desde o PSOE de Caldas queremos poñer en valor, por riba de todo, a historia de Arcos, o traballo das súas xentes e de todas as persoas que ao longo destas oito décadas dedicaron parte da súa vida á súa parroquia.

O actual Goberno da Entidade Local Arcos da Condesa presidido por Fernando Sabaris ten unha idea clara: un Arcos unido, un goberno para todos e todas e unha política centrada no benestar, na igualdade e na calidade de vida das veciñas e veciños.

Porque nun aniversario como este, o importante non son as siglas nin as persoas concretas: é Arcos da Condesa. E a súa historia é patrimonio de todos e todas.

🌿 O UMIA, UN TRABALLO QUE SE FAI TODO O ANOA Xunta de Galicia está a actuar agora nos tramos non urbanos do río Umia ao ...
01/09/2026

🌿 O UMIA, UN TRABALLO QUE SE FAI TODO O ANO

A Xunta de Galicia está a actuar agora nos tramos non urbanos do río Umia ao seu paso por Caldas, unha actuación que desde o Concello solicitamos xa en 2024 a Augas de Galicia, precisamente para favorecer o normal discorrer da auga nos momentos de maior caudal e contribuír á prevención de inundacións. As administracións tamén teñen os seus prazos e, por iso, é importante lembrar que unha solicitude realizada en 2024 está a materializarse agora, en 2026.

🌱 Mentres tanto, desde o Concello levamos tres anos traballando na recuperación e mantemento das marxes do Umia no ámbito urbano, cun labor continuado de limpeza, conservación e recuperación do seu contorno.

🤝 Celebramos, polo tanto, que finalmente se acometa esta actuación nos tramos non urbanos. Coidar o Umia require que cada administración cumpra coas súas competencias e que todas traballemos na mesma dirección. Nós seguiremos facendo a nosa parte para que Caldas teña un río máis coidado, máis seguro e integrado na vida do municipio.

🎼 Onte desfrutamos en Caldas dun magnífico concerto, «Querida Montserrat, Querido Luciano», con voces de primeiro nivel ...
25/08/2026

🎼 Onte desfrutamos en Caldas dun magnífico concerto, «Querida Montserrat, Querido Luciano», con voces de primeiro nivel como Montserrat Martí Caballé, Simona Todaro-Pavarotti, Luis Santana e Dolores Crespo, acompañados ao piano por Víctor Carbajo.

👏 Parabéns á Asociación Terra Calda polo seu traballo e por esta gran iniciativa, dentro da programación do 900 aniversario da coroación de Afonso VII. É unha satisfacción ver como o tecido asociativo de Caldas promove cultura, historia e patrimonio.

🤝 O que lamentamos é que, unha vez máis, haxa quen confunda un acto cultural cun escaparate político. O voceiro do PP pretendeu ocupar un protagonismo que non lle corresponde, chegando mesmo a ser presentado cun cargo que non ostenta de deputado autonómico. Tamén chegou a pedir que un veciño abandonase o seu asento, algo que o alcalde impediu rotundamente.

📸 Desde o Partido Socialista témolo claro: nos actos públicos somos un máis. Alcalde, concelleiros e membros da Executiva Municipal compartimos espazo cos veciños e veciñas, sen privilexios nin protagonismos.

❤️ Quedámonos co importante: coa cultura, coa música, co traballo de Terra Calda e coa resposta da veciñanza. O protagonismo debe ser para Caldas e para a súa xente, non para quen pretende converter cada acto nun escaparate político.

🔴 O PP DE CALDAS VOLVE A CAMBIAR DE VERSIÓN SOBRE A VARIANTE OESTEO Pleno aprobou, cos votos a favor do Goberno municipa...
22/08/2026

🔴 O PP DE CALDAS VOLVE A CAMBIAR DE VERSIÓN SOBRE A VARIANTE OESTE

O Pleno aprobou, cos votos a favor do Goberno municipal, solicitar ao Estado que cancele definitivamente as alternativas actualmente en tramitación e que, aproveitando o traballo técnico xa realizado, se retome a proposta presentada polo Concello de Caldas nos anos 2007-2008: unha alternativa para conectar a N-640 coa N-550 que permita aliviar o tráfico do centro sen afectar vivendas nin núcleos de poboación.

O PSOE de Caldas e o Goberno municipal levamos meses traballando nesta dirección, xunto ás plataformas veciñais, defendendo os intereses de Caldas e non os intereses partidistas. O último acordo plenario recolle exactamente o que se trasladou ás plataformas e aos grupos políticos.

Mentres tanto, o PP volve cambiar de posición e ofrecer unha nova versión sobre a variante. Xa estamos ás portas das eleccións municipais de 2027, e parece que para o PP este asunto volve ser máis unha oportunidade para facer campaña que para buscar unha solución para Caldas.

📌 E mentres se fai política con este tema, hai cuestións que tamén afectan directamente ás familias de Caldas e nas que botamos de menos a mesma contundencia: o peche da terceira unidade de infantil do CEIP San Clemente ou a falta de prazas no comedor do CPI Alfonso VII, onde quedaron fóra arredor de 30 solicitudes.

Caldas necesita solucións, non distintas versións segundo o momento político.

🎉 Hoxe comezan os días grandes das festas de Caldas! As festas de agosto, de San Roque, as festas patronais… chámeas cad...
13/08/2026

🎉 Hoxe comezan os días grandes das festas de Caldas! As festas de agosto, de San Roque, as festas patronais… chámeas cada quen como queira, pero son parte da historia e da identidade do noso pobo.

🎶 Durante estes días, Caldas énchese de música, tradición e xente: procesións, concertos, verbenas, pasarrúas e os nosos históricos xigantes e cabezudos volverán percorrer as rúas. Unhas festas que son posibles grazas ao traballo de moitas persoas e colectivos ao longo dos anos: comisións de festas, asociacións, Concello e, sobre todo, veciñas e veciños.

❤️ Así que toca desfrutar, saír á rúa, reencontrarse e vivir Caldas. Durante os próximos días, que non falte a música, a alegría e as ganas de celebrar.

Boas festas, Caldas! 🎉

Dirección

Caldas De Reyes

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Socialistas de Caldas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Socialistas de Caldas:

Atajos

Compartir

Categoría