Concello de Cambados

Cómo llegar Página web

Concello de Cambados Facebook oficial do Concello de Cambados

🐟💜 Cambados, punto de encontro das mulleres da pesca!Esta fin de semana, os días 23 e 24 de outubro, Cambados acolle no ...
22/10/2026

🐟💜 Cambados, punto de encontro das mulleres da pesca!

Esta fin de semana, os días 23 e 24 de outubro, Cambados acolle no salón Peña o congreso e a exposición da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA), que celebra o seu décimo aniversario baixo o lema «Dez anos abrindo camiño. Con voz e decisión, construímos o futuro».

Unha cita para recoñecer o papel fundamental das mulleres no sector pesqueiro, dar visibilidade ao seu traballo e seguir avanzando cara a unha pesca con máis igualdade, participación e oportunidades.

Dende Cambados, vila mariñeira e profundamente vencellada ao mar, dámoslles a benvida a todas as participantes e celebramos estes dez anos de compromiso, esforzo e avances. 🌊⚓

🟤 Cambados súmase ao Voluntariado Marrón! ♻️Mañá, mércores 21 de outubro, poñemos en marcha a campaña informativa «Súmat...
20/10/2026

🟤 Cambados súmase ao Voluntariado Marrón! ♻️

Mañá, mércores 21 de outubro, poñemos en marcha a campaña informativa «Súmate ao Voluntariado Marrón», para dar a coñecer o novo sistema de recollida de residuos orgánicos e animar á veciñanza a participar.

📍 Praza do Concello
🕥 De 10:30 a 13:30 h

Achegádevos ao punto informativo para coñecer como funciona o colector marrón, resolver as vosas dúbidas e descubrir como separar os restos de comida para convertelos en compost.

📅 Repetiremos a acción o sábado 24 de outubro, no mesmo lugar e horario.

🌱 Un pequeno xesto, un gran avance. Entre todas e todos podemos construír un Cambados máis sostible, reducir os residuos e coidar do noso medio ambiente.

Súmate ao marrón! 💚

🧡🧡 X Xornadas anuais TDAH Salnés: "Camiñando no Tempo"Un ano mais celebramos este espacio informativo e de aprendizaxe p...
20/10/2026

🧡🧡 X Xornadas anuais TDAH Salnés: "Camiñando no Tempo"

Un ano mais celebramos este espacio informativo e de aprendizaxe para o colectivo TDAH e otras neurodiverxencias no ámbito personal, educativo, terapéutico, sanitario, familiar, laboral e social.

Contaremos con profesionais da área de neurodiverxencias e entidades que traballan por e para a integración, axuda e protección destes colectivos 🧡🧡

📆 Sábado 24 de outubro
📍 Auditorio de Cambados
🕘 09:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 h
☎️ Información: 658238472
📝 Inscrición:
https://inscripcion.online/TDAHSalnes/index.php?pag=m_registrations&gad=event_abstract&id=1&t=X_XORNADAS_DO_TDAH_2026


.sociais_sanidade


19/10/2026

🐶💚 A boa convivencia é cousa de todos e todas!

A campaña “O teu can, a túa responsabilidade” está a ter unha moi boa acollida en Cambados, tanto entre as persoas que teñen mascotas como entre aquelas que non as teñen.

Unha resposta positiva que demostra que compartimos un obxectivo común: construír un municipio máis limpo, coidado e agradable para convivir. 🌿

Ter un can é unha alegría, pero tamén implica responsabilidades: recoller os excrementos, manter limpos os espazos públicos e respectar o resto da veciñanza.

👏 Grazas a todas as persoas que están a colaborar para facer de Cambados un lugar mellor. Coidar do noso concello é responsabilidade de todos e todas!

🏣💼 👬👫Continuamos coa atención veciñal nas parroquias, mañá como cada TERCEIRO luns de cada mes, en OUBIÑA na casa de cul...
18/10/2026

🏣💼 👬👫Continuamos coa atención veciñal nas parroquias, mañá como cada TERCEIRO luns de cada mes, en OUBIÑA na casa de cultura, de 10 a 12h.

⚽💙 O FÚTBOL REGRESA A BURGÁNS! 💛🤍Esta tarde volvemos a vivir a emoción do fútbol no Municipal de Burgáns tras varias sem...
18/10/2026

⚽💙 O FÚTBOL REGRESA A BURGÁNS! 💛🤍

Esta tarde volvemos a vivir a emoción do fútbol no Municipal de Burgáns tras varias semanas de espera! E facémolo cunha novidade moi especial: estreamos a nova cuberta da grada, para que a afección poida animar ao equipo con máis comodidade e seguridade. 🙌

🆚 CJ Cambados – Verín C.F.
📅 Hoxe, 18 de outubro
🕠 17:30 h
📍 Municipal de Burgáns

Vémonos en Burgáns para apoiar o noso equipo! 💪💛💙

Forza Cambados! 💛🤍

📢 OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CAMBADOSO Concello de Cambados convoca un proceso selectivo para crear unha lista de ...
17/10/2026

📢 OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CAMBADOS

O Concello de Cambados convoca un proceso selectivo para crear unha lista de reserva de persoal funcionario interino na categoría de operario/a de servizos e de zona.

📅 O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

ℹ️ As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cambados.

🔗 https://cambados.sedelectronica.gal

🐶 O TEU CAN, A TÚA RESPONSABILIDADE! 💚Este sábado, 17 de outubro, agardámoste na Praza do Concello de Cambados, a partir...
16/10/2026

🐶 O TEU CAN, A TÚA RESPONSABILIDADE! 💚

Este sábado, 17 de outubro, agardámoste na Praza do Concello de Cambados, a partir das 10:00 h, para unha xornada de concienciación sobre a tenza responsable de animais. 🐾

✅ Lembra que é obrigatorio recoller as cacas do teu can e manter limpo o noso municipio.

💚 Pasa co teu peludo e recolle o teu agasallo! Repartiremos dispensadores de bolsas e botellas pregables para facilitar o coidado e a limpeza dos nosos espazos públicos.

Porque ter un can é unha alegría, pero tamén unha responsabilidade. Entre todos e todas, construímos un Cambados máis limpo e agradable! 🐕🌿

🎒🌿 Fórmate como monitor/a de actividades de tempo libre en Cambados!O Concello de Cambados, en colaboración con O Muxe E...
15/10/2026

🎒🌿 Fórmate como monitor/a de actividades de tempo libre en Cambados!

O Concello de Cambados, en colaboración con O Muxe Escola de Tempo Libre, ofrece un curso oficial de monitor/a de actividades de tempo libre, unha oportunidade para formarte e abrir novas portas no ámbito da educación, o ocio e o tempo libre.

📅 Do 23 de outubro ao 13 de decembro, durante as fins de semana.
📚 200 horas teórico-prácticas e 150 horas de prácticas.
💻 Formación online e presencial.
💶 Prezo xeral: 320 €. Descontos dispoñibles desde 290 €.
✅ Requisito: ter 18 anos cumpridos.

📩 Inscricións: [email protected]

Aproveita esta oportunidade para adquirir novas competencias e converter a túa vocación polo traballo coa mocidade nunha saída profesional!

📚 Cabanillas e Castelao: A voz da imaxe e a imaxe da vozEste venres, 16 de outubro, convidámoste a unha xornada cultural...
14/10/2026

📚 Cabanillas e Castelao: A voz da imaxe e a imaxe da voz

Este venres, 16 de outubro, convidámoste a unha xornada cultural no Museo Ramón Cabanillas para afondar na relación entre dúas figuras fundamentais da nosa cultura e literatura galegas: Ramón Cabanillas e Castelao.

🕕 18:00 h | Visita guiada ao Museo Ramón Cabanillas.

🕖 19:00 h | Coloquio “Cabanillas e Castelao: A voz da imaxe e a imaxe da voz”, a cargo de Francisco Fernández Rei e Miguel Anxo Seixas Seoane, na Casa da Calzada.

🍷 Ao remate, gozaremos dun pequeno petisco acompañado dunha degustación de viños albariños das adegas Terra de Asorei: Vento Mareiro, Nai e Señora e Terra de Asorei.

Unha oportunidade para descubrir, compartir e poñer en valor a nosa cultura e o legado dos grandes nomes das letras galegas. 💙

📍 Museo Ramón Cabanillas (Casa da Calzada), Cambados.

Dirección

Praza Do Concello, 1
Cambados
36630

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cambados publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir