BNG Cangas

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG Cangas Dámosche a benvida a nova conta oficial do BNG Cangas. Unha nova Cangas, un novo Morrazo,

08/10/2026

📣 SEGUIMOS RENOVANDO OS PARQUES INFANTÍS DE CANGAS

​🫂 Dende que chegamos ao goberno, poñer ao día a rede de parques infantís foi unha prioridade. Xa o demostramos con feitos con parques coma este de Rodeira.

​🛝 Pero queremos seguir avanzando. Grazas á recente aprobación en pleno do remanente, imos dar o seguinte paso para renovar máis espazos clave, como o parque de Aldán, o da estación de autobuses e outros ao longo de todas as parroquias.

​✊ Ter uns parques infantís de calidade é apostar pola infancia e seguir construíndo unha Cangas máis viva e máis humana.

📣 COMUNICADO SOBRE VIVENDA🏡 A situación que vive unha veciña de Cangas ante un próximo desafiuzamento volve poñer de man...
02/10/2026

📣 COMUNICADO SOBRE VIVENDA

🏡 A situación que vive unha veciña de Cangas ante un próximo desafiuzamento volve poñer de manifesto unha crise estrutural e non un caso illado. Mentres o Concello activa respostas de emerxencia, estas medidas temporais non poden nin deben substituír unha política pública e estable de vivenda.

⚖️ A Xunta de Galicia ten as competencias e os instrumentos principais, polo que debe deixar de descargar o peso da emerxencia habitacional nos concellos. É urxente un parque público suficiente, axudas áxiles e a aplicación de zonas tensionadas para frear a escalada de prezos.

🛑 Desde o BNG de Cangas rexeitamos a utilización partidista dunha situación tan delicada e esiximos que a actuación pública se anticipe, previndo os desafiuzamentos e garantindo alternativas reais para quen máis o precisa.

25/09/2026

📣 ACUDIR AO CENTRO DE SAÚDE DEIXARÁ DE SER UNHA CARREIRA DE OBSTÁCULOS

👩🏼‍⚕️ ​Ir ao médico non debería supoñer un problema de mobilidade. Para moitas persoas, enfrontarse ás pendentes e beirarrúas do noso centro de saúde é unha dificultade engadida no seu día a día.

💶 ​Con máis dun millón de euros de investimento, renovaremos e adaptaremos de forma integral todos os accesos na contorna do centro.

🫂 ​Unha mellora necesaria para que calquera persoa poida acudir á consulta con total seguridade e comodidade.

✊🏼 ​Así entendemos a xestión pública: poñendo os recursos onde de verdade fan falta.

21/09/2026

📣 MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS PARA TRANSFORMAR CANGAS!

🎉 Liberado o superávit, é o momento de pór os recursos públicos onde teñen que estar: mellorando o día a día da nosa veciñanza, coidando os espazos públicos e reforzando os servizos en todo o municipio.

📝 Todo o traballo previo xa está listo, cos proxectos preparados para executarse antes de que remate o ano. No vindeiro pleno activaremos estes fondos e a oposición terá que elixir: votar a favor das veciñas e veciños ou volver bloquear o progreso de Cangas como fixeron o ano pasado.

🫂 Desde o BNG témolo claro: o diñeiro público ten que estar nas rúas e ao servizo do pobo!

15/09/2026

📣 PP vs PP

​🥱 ​Resulta que a proposta para mellorar a estación marítima de Cangas, unha idea que eles mesmos levaron nos orzamentos, xa non lles vale. A última hora pídenlle un cambio para destinar eses fondos ás casas dos mariñeiros.

​💀 Soa ben? O problema é que o fan tarde, mal e arrastro, sen ningún plan real, proxecto técnico nin orzamento serio detrás.

​🤔 Por que fai isto o PP? A explicación é sinxela: ACHÉGANSE A ELECCIÓNS. Ante a falta de xestión e de propostas sólidas, botan man do populismo e da propaganda electoralista de última hora. Cangas necesita solucións reais e planificación, non xogos políticos.

08/09/2026

📣 A XUNTA ABANDONA CANGAS UNHA VEZ MÁIS

🚨 Coma tódolos anos, no verán multiplicamos a nosa poboación, pero a Xunta déixanos sen médicos.

👩🏼‍⚕️ Chegamos a ter tardes enteiras sen consulta no centro de saúde, saturando o PAC e poñendo ao límite aos profesionais. É unha situación insostible.

🏛️ Dende o Concello cumprimos coa nosa parte e multiplicamos recursos para que a vila funcione a pleno rendemento. Por iso é inaceptable que a Xunta abandone o máis básico: a saúde das nosas veciñas, veciños e visitantes.

😡 Dende o BNG, esiximos ao SERGAS que estea á altura e garanta unha sanidade pública e digna, tamén no verán.

03/08/2026

📣 O MODELO TURÍSTICO QUE QUEREMOS PARA CANGAS

✨ É ben sabido que Cangas e o Morrazo son un dos principais destinos turísticos do país. A nosa cultura, gastronomía e un entorno idílico son ben coñecidos por todas.

📝 Hai dous tipos de turismo ben diferenciados:

1️⃣ O que prefire a cantidade, infla os prezos da vivenda, non deixa pegada económica na vila e desborda os nosos recursos.

2️⃣ O que respecta, deixa riqueza e suma ao día a día da nosa vila.

📈 Nós témolo claro: fronte a un modelo que desborda o saneamento, desestabiliza o abastecemento e o prezo da vivenda e enche a vila de automóbiles, queremos un modelo que conviva coa xente que vive na vila, que respecte a nosa cultura e que consuma os nosos produtos.

🫂 Porque Cangas non é só dous meses de verán: é a veciñanza que constrúe a vila os 365 días do ano.

📣 COMUNICADO DO BNG de Cangas 📣
28/07/2026

📣 COMUNICADO DO BNG de Cangas 📣

📣 CANGAS AVANZA! ⬆️ Aquí podes ver tódalas actuacións que se levan feitas en materia de saneamento e abastecemento.⏩ Tam...
12/07/2026

📣 CANGAS AVANZA!

⬆️ Aquí podes ver tódalas actuacións que se levan feitas en materia de saneamento e abastecemento.

⏩ Tamén podes ver as que se atopan en progreso e as que xa están a punto de comezar.

🫂 Porque co BNG, Cangas avanza. ✊🏻

01/07/2026

📣 O PROBLEMA DOS COMEDORES ESCOLARES DE CANGAS

📅 O pasado venres acudimos ao Parlamento Galego para reclamar que a Xunta cumpla cos comedores de Cangas. A nosa deputada levou a voz da nosa vila para denunciar a discrimanción que sofren os nosos comedores.

🤬 De máis de 400 comedores escolares que hai no noso país, só 49 son xestionados polos concellos, un porcentaxe bastante baixo se o comparamos co da nosa vila, onde temos 6 e a Xunta só se fai cargo de 2. Sabendo que hai concellos onde saen totalmente gratis, estamos ante un caso máis de DISCRIMINACIÓN coa nosa vila e as nosas familias.

❌ Tamén hai que mencionar que, sumado a todo iso, a Xunta leva pagando exactamente o mesmo DENDE O ANO 2013.

Dirección

Rúa Mendez Nuñez, 37, 1°A
Cangas
36940

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Cangas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Cangas:

Atajos

Compartir