Concello de Cangas de Morrazo

Cómo llegar Página web

Concello de Cangas de Morrazo Facebook oficial do Concello de Cangas de Morrazo

📍 A área recreativa de Varalonga é o escenario dos primeiros traballos forestais do alumnado da especialidade de Montes ...
21/10/2026

📍 A área recreativa de Varalonga é o escenario dos primeiros traballos forestais do alumnado da especialidade de Montes do Obradoiro de Emprego 𝐆𝐫𝐚𝐧𝐱𝐚 𝐝𝐚 𝐑𝐮́𝐚 𝐗𝐈𝐕.

🍃 Durante estes días, o grupo está a desenvolver diferentes actuacións de mantemento e conservación deste espazo, entre elas a eliminación de especies invasoras, a roza de sendeiros e zonas recreativas, a poda de carballos e castiñeiros e a reparación de pistas secundarias de acceso.

🪵 Estas intervencións, incluídas no proxecto aprobado pola Xunta de Galicia para esta edición do obradoiro, permiten ao alumnado trasladar á práctica os coñecementos adquiridos nas aulas e familiarizarse co traballo forestal profesional.

19/10/2026

🚧 O Concello de Cangas impulsa o proxecto de 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞𝐧 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐫𝐚𝐬𝐜𝐨, unha intervención prevista para mellorar a accesibilidade peonil, a seguridade viaria e a ordenación do espazo público nas contornas dos IES María Soliño e Monte Carrasco, así como na zona do Balcón do Rei.

🚶‍♀️ Que actuacións contempla o proxecto?

🔹 Creación e ampliación de beirarrúas e sendas peonís, instalación de pasos elevados e reforzo da sinalización viaria.
🔹 Habilitación de zonas específicas para a subida e baixada do alumnado dos autobuses escolares, con marquesiñas e espazos de circulación reservados nos dous institutos.
🔹 Mellora da iluminación, acondicionamento das sendas peonís e ordenación do estacionamento de vehículos e bicicletas na contorna do Balcón do Rei.
🔹 Mellora dos pavimentos, adecuación das cunetas para a evacuación das augas pluviais e creación de novas prazas de estacionamento.

A Deputación Pontevedra concedeu unha subvención de 21.767,90 €, ao abeiro do 𝐏𝐥𝐚𝐧 + 𝐏𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟓 (𝐥𝐢𝐧̃𝐚 𝟒), destinada ao financiamento da redacción do proxecto técnico (18.137,90 €) e do levantamento topográfico (3.630 €).

📚 Hai libros que, cando rematamos de lelos, aínda teñen moitas historias por diante. Só precisan atopar outras mans!Co g...
19/10/2026

📚 Hai libros que, cando rematamos de lelos, aínda teñen moitas historias por diante. Só precisan atopar outras mans!

Co gallo da 𝐒𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬, a Biblioteca Municipal de Cangas anímanos a darlles unha segunda vida aos libros, a descubrir novas lecturas e a compartir esas historias que merecen seguir circulando.💙

Compartir un libro tamén é unha maneira de fomentar a lectura. Anímate a participar! 🙌🏻

🌽 A cultura do millo volve reunirnos arredor da mesa coa 𝐈𝐕 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨, un encontro popular no que a ga...
14/10/2026

🌽 A cultura do millo volve reunirnos arredor da mesa coa 𝐈𝐕 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨, un encontro popular no que a gastronomía será a protagonista, con preparacións de diferentes lugares do mundo que comparten un mesmo ingrediente: o millo.

🍽️ O xantar contará con dez elaboracións distintas, das que cada persoa poderá escoller cinco por 15 €. A participación das nenas e nenos será gratuíta e tamén haberá viño tinto da Ribeira Sacra e branco do Ribeiro, cun prezo de 7 €.

📍 Escola vella da Retirosa, Coiro.
📅 Sábado 31 de outubro, ás 13:30 horas.

📲 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄! O prazo para confirmar asistencia remata mañá, 15 de outubro. As reservas poden realizarse no teléfono 663 402 756.

Toda a recadación destinarase integramente a sufragar os gastos da asociación organizadora. 💚

🛣️ Rematados os traballos de mellora da pavimentación no 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐚 𝐂𝐡𝐨𝐮𝐩𝐚𝐧𝐚 e na 𝐫𝐮́𝐚 𝐀𝐧𝐝𝐚𝐥𝐮𝐜𝐢́𝐚.A actuación permitiu 👉...
07/10/2026

🛣️ Rematados os traballos de mellora da pavimentación no 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐚 𝐂𝐡𝐨𝐮𝐩𝐚𝐧𝐚 e na 𝐫𝐮́𝐚 𝐀𝐧𝐝𝐚𝐥𝐮𝐜𝐢́𝐚.

A actuación permitiu 👉🏻 renovar o firme en dúas zonas que presentaban un importante desgaste, mellorando as condicións de circulación e a seguridade viaria. Os traballos incluíron tamén a reposición da sinalización horizontal e dos pasos de peóns, así como a adaptación dos elementos necesarios para deixar ambas as vías en mellores condicións de uso.

💶 O proxecto contou cun investimento de 33.251,57 euros, no marco do 𝗣𝗹𝗮𝗻 +𝗣𝗿𝗼𝘃𝗶𝗻𝗰𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟰 da Deputación Pontevedra.

02/10/2026
O Concello de Cangas lamenta profundamente o falecemento de Roberto Varela Saa. 🖤O Concello de Cangas quere expresar o s...
01/10/2026

O Concello de Cangas lamenta profundamente o falecemento de Roberto Varela Saa. 🖤

O Concello de Cangas quere expresar o seu pesar polo falecemento de Roberto Varela Saa, aos 54 anos, e trasladar as súas condolencias á súa compañeira, á súa familia, amizades e persoas achegadas.

Roberto estivo durante anos estreitamente vinculado á vida cultural e social de Cangas, participando e colaborando en numerosas iniciativas que contribuíron a facer comunidade e a dinamizar a vila.

Entre elas destaca especialmente a súa implicación no Festival Kanekas, así como a súa disposición constante para colaborar con outros proxectos e propostas culturais.

Desde o Concello queremos lembrar e agradecer esa implicación, o seu compromiso e a pegada que deixa entre tantas persoas coas que compartiu proxectos, traballo e vida.

Nestes momentos de dor, facemos chegar todo o noso afecto e solidariedade á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras.

Que a terra che sexa leve, Roberto. 🕊️

👟 Este domingo, 4 de outubro, o Morrazo volve camiñar na 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐨𝐥𝐢𝐝𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚 𝐀𝐜𝐮𝐧̃𝐚, unha cita que mantén vivo o espír...
29/09/2026

👟 Este domingo, 4 de outubro, o Morrazo volve camiñar na 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐨𝐥𝐢𝐝𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚 𝐀𝐜𝐮𝐧̃𝐚, unha cita que mantén vivo o espírito co que naceu a asociación hai 25 anos: acompañar, apoiar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por cancro de mama e xinecolóxico e das súas familias.

💗 Unha marcha que volverá unir Cangas, Bueu e Moaña arredor do traballo que Adicam desenvolve durante todo o ano.

📍 A saída desde Bueu será ás 9.45 horas e desde Moaña ás 10.00 horas.

📝 Para participar é necesaria inscrición previa a través de Carreiras Galegas. As inscricións permanecen abertas ata o 3 de outubro a través de: https://www.carreirasgalegas.com/events/andaina-marcha-fina-acua-2026/4mVoXZ9p.

🤝🏻 A iniciativa conta coa colaboración dos concellos de Cangas, Concello de Bueu e Concello de Moaña e da Xunta de Galicia.

🛠️🌿 O alumnado do Obradoiro de Emprego 𝐆𝐫𝐚𝐧𝐱𝐚 𝐝𝐚 𝐑𝐮́𝐚 𝐗𝐈𝐕 continúa avanzando na súa formación combinando aprendizaxe e t...
28/09/2026

🛠️🌿 O alumnado do Obradoiro de Emprego 𝐆𝐫𝐚𝐧𝐱𝐚 𝐝𝐚 𝐑𝐮́𝐚 𝐗𝐈𝐕 continúa avanzando na súa formación combinando aprendizaxe e traballo práctico.

O grupo da especialidade de Montes visitou esta semana a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en Pontevedra, 👉🏻🌳 para profundar na identificación e tratamento das principais pragas e enfermidades que afectan ás masas forestais de Galicia, coñecendo de primeira man o traballo que se realiza neste centro.

🌺 Pola súa parte, o grupo de Xardinaría segue traballando no mantemento e posta a punto de diferentes espazos de Cangas. Nos últimos días actuaron no porto de Aldán, con tarefas de limpeza, sega, poda e plantación de flores ao longo do paseo.

Deputación Pontevedra

Dirección

Avenida De Castelao 2
Cangas
36940

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cangas de Morrazo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría