A morada de Buli

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

A morada de Buli Páxina da biblioteca escolar do CEIP Castrillón de Coiro. www.instagram.com/amoradadebuli

Ola, Bulideir@s! 💜📚Hai historias que saben mellor cando se comparten.Este curso queremos volver abrir as portas da Morad...
09/10/2026

Ola, Bulideir@s! 💜📚

Hai historias que saben mellor cando se comparten.

Este curso queremos volver abrir as portas da Morada ás familias de Educación Infantil para encher as aulas de contos, lendas e momentos de lectura compartida.

Non buscamos contacontos profesionais nin fai falta preparar nada complicado. Podes traer un conto que vos guste na casa, escoller un libro da Morada ou simplemente contar unha historia que che apeteza compartir.

Se che gustaría participar, fala coa titora para buscar o día e a hora que mellor encaixen coa aula. E se precisas axuda para escoller unha lectura ou queres levar un libro en préstamo, na biblioteca botámosche unha man. 🧡

Apetéceche vir contar unha historia?

Buliapertas! 💜🧡

Ola, Bulideir@s! 💜Este curso poñémonos en Camiño. 🥾Desde A Morada de Buli preparamos unha guía de recursos para acompaña...
06/10/2026

Ola, Bulideir@s! 💜

Este curso poñémonos en Camiño. 🥾
Desde A Morada de Buli preparamos unha guía de recursos para acompañar o PDI “As pegadas do Camiño”: libros, materiais divulgativos, publicacións institucionais, recursos dixitais, ligazóns e códigos QR para investigar e descubrir o Camiño de Santiago desde as aulas.

É un documento pensado para ir consultando ao longo de todo o curso e para reunir nun mesmo lugar os materiais que nos poden axudar a seguir aprendendo.

📍 Xa está dispoñible na web do centro.

Consulta a guía completa e acompáñanos neste camiño.

Buliapertas! 💜🧡

Ola, Bulideir@s! 💜📚Este curso temos unha pequena gran misión na Morada: poñer un pouco de orde, revisar fondos e deixar ...
28/09/2026

Ola, Bulideir@s! 💜📚

Este curso temos unha pequena gran misión na Morada: poñer un pouco de orde, revisar fondos e deixar a biblioteca preparada para seguir medrando.

E para iso… viríanos xenial unha man das familias.

Se che apetece botarnos unha man algunha tarde, non fai falta ter experiencia nin comprometerse todas as semanas. Nós explicámoscho todo e podes colaborar cando che veña ben.

Entre todas e todos será moito máis doado deixar a Morada a punto. 🧡

Se queres participar, escríbenos por mensaxe privada ou contacta coa biblioteca.

Buliapertas!

Ola, Bulideir@s! ☕📚Comezamos unha nova tempada de Café e papel, o noso club de lectura para persoas adultas.A primeira c...
14/09/2026

Ola, Bulideir@s! ☕📚

Comezamos unha nova tempada de Café e papel, o noso club de lectura para persoas adultas.

A primeira cita será o venres 16 de outubro e estreámonos cunha lectura que promete conversa: Cadáver exquisito, de Agustina Bazterrica Agustina María Bazterrica .

Unha novela incómoda e provocadora que nos convida a falar de consumo, poder, linguaxe e dos límites do que unha sociedade pode chegar a normalizar.

📖 A inscrición realízase para cada lectura de maneira independente. Cada participante deberá conseguir o seu exemplar. A biblioteca dispón dun exemplar en préstamo.

☕ O 16 de outubro vémonos para compartir impresións, opinións e, seguramente, algún desacordo.

Escolle lectura. Vémonos no café.
Buliapertas! 💜🧡

Ola Bulideir@s!Este curso continuamos cos nosos clubs de lectura para alumnado e familias: Bulideiras e Café e Papel. Cl...
09/09/2026

Ola Bulideir@s!

Este curso continuamos cos nosos clubs de lectura para alumnado e familias: Bulideiras e Café e Papel.
 

Clubs Bulideiras

O club de lectura do alumnado de Primaria organizarase en tres niveis: fácil, intermedio e avanzado, para que cada neno ou nena poida escoller as lecturas que mellor se adapten aos seus intereses e nivel lector.

En breve publicaremos as datas das reunións. En cada trimestre abrirase un período de inscrición para cada lectura, cun máximo de 12 participantes por grupo.

A biblioteca facilitará os exemplares necesarios en función do número de persoas inscritas. Se algún participante xa ten o libro na casa, poderá igualmente anotarse e asistir á reunión.

Non é necesario participar en todas as lecturas do curso: cada alumno ou alumna poderá escoller aquelas que máis lle interesen. Ademais, quen participe en tres reunións ao longo do curso poderá asistir a unha actividade especial de fin de curso.

 

Café e Papel

O club de lectura para persoas adultas da comunidade educativa continuará reuníndose, con carácter xeral, o terceiro venres de cada mes.

A participación é totalmente flexible: non é necesario ler todos os libros do curso e cada persoa poderá asistir ás lecturas que lle interesen.

O club está aberto ás familias en sentido amplo: ademais de pais e nais, tamén poden participar avós, avoas, tíos, tías ou outros familiares que teñan ganas de compartir lecturas e conversa.

Cada mes enviaremos un recordatorio coa lectura correspondente e os datos da reunión.

Agora contádenos: da selección deste curso cal é o que máis vos apetece ler? Deixádenolo en comentarios!

Tamén podedes etiquetar a aquelas persoas que lles poida interesar ❤️.

Buliapertas!

Ola, Bulideir@s! 👋Comezamos un novo curso e, para quen chega por primeira vez —e tamén para quen xa coñece a casa—, abri...
09/09/2026

Ola, Bulideir@s! 👋

Comezamos un novo curso e, para quen chega por primeira vez —e tamén para quen xa coñece a casa—, abrimos de novo as portas da Morada de Buli. 💜🧡

A Morada é a biblioteca do CEIP Plurilingüe do Castrillón - Coiro: un lugar para ler, crear, investigar, compartir e atoparnos arredor dos libros.

Neste carrusel contámosche quen somos, que facemos, cando podes pasar pola biblioteca e como contactar connosco.

Se este é o teu primeiro curso con nós, benvid@ á Morada. E se xa es de aquí, benvid@ de volta.

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Hoxe o alumnado dos clubs Bulideiras de 1º a 3º EP puideron desfrutar dunha "Silent Reading Party" como p...
01/06/2026

Ola Bulideir@s!

Hoxe o alumnado dos clubs Bulideiras de 1º a 3º EP puideron desfrutar dunha "Silent Reading Party" como peche ás lecturas conxuntas deste curso.

Puideron merendar e ler tranquilamente ao sol, ademais de comentar os libros que estaban lendo.

Que ben senta ler ao solciño!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Comprácenos anunciarvos que o vindeiro venres 29 de maio contaremos coa presenza da escritora Victoria Pi...
27/05/2026

Ola Bulideir@s!

Comprácenos anunciarvos que o vindeiro venres 29 de maio contaremos coa presenza da escritora Victoria Pinal no noso club de lectura para adultos "Café e Papel" para falar do seu libro "Tiña eu razón", publicado por .

Pregamos que tódalas que viñeron asiduamente ao club de lectura durante o ano veñan igualmente á reunión aínda que non lesen o libro, xa que temos preparada unha pequena sorpresa.



Agardamos por vós!



Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Esta mañá, o alumnado de 6º EI B tivo unha visita tan especial como inesperada: estivo con eles o cineast...
27/05/2026

Ola Bulideir@s!

Esta mañá, o alumnado de 6º EI B tivo unha visita tan especial como inesperada: estivo con eles o cineasta cangués Xoán Fernández Diz para explicarlles un pouco como funciona o cine e a gravación de películas.

Xoán tamén lles ensinou diferentes aparatos usados para facer películas durante os últimos 70 anos. Os nenos desfrutaron moitísimo e mesmo lle pediron autógrafos!

Grazas a Xoán e ao seu pai por esta mañá tan diferente e interesante!

Buliapertas!

Ola Bulideir@s!Informámosvos de que durante esta semana poderedes apuntarvos para o obradoiro de antotipia que realizare...
12/05/2026

Ola Bulideir@s!

Informámosvos de que durante esta semana poderedes apuntarvos para o obradoiro de antotipia que realizaremos durante a última semana de maio nos recreos de EP.

É un obradoiro voluntario, pero é obrigatorio inscribirse para poder participar para unha mellor xestión dos recursos e unha mellor atención ao alumnado participante.

Non dubidedes en apuntarvos! Teredes a postal máis molona para enviar este verán!

Buliapertas!

Dirección

CEIP Castrillón/Coiro)
Cangas
36947

Horario de apertura

Lunes 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Jueves 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00
Viernes 09:15 - 14:15
16:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A morada de Buli publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a A morada de Buli:

Atajos

Compartir

Categoría