Concello de Carballo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Carballo Facebook oficial do Concello de Carballo (A Coruña) Benvidos pois, visita que agradezo. D.

A través dos tempos, a través da historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar do noso concello. Un solar con lindeiro pero que non só se asenta no chan da nosa xeografía, senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, nos amigos que compartimos, nos que siguen a ter o seu corazón no noso pobo, no berro co que pedimos paz e traballo. O que boga nos mares de Razo e Baldaio, o que laborea na cortiña, aquel que escribe, aquel que canta, quen pon o lombo na tarefa e quen pon o sentido no que pensa, un a un traballamos para que se consiga a mellora do noso solar, a mellora do que queremos. Fornos de pan foron cocendo o molete que nos identifica, e foron os cesteiros de Entrecruces, os albardeiros, os canteiros, os ferreiros e os comerciantes pondo pedra a pedra, día a día, construíndo todo o que nos conmove e que chamamos Carballo. Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo
Variación dun texto de Avilés de Taramancos.

🎃🌼 En Carballo, o outono vívese nos xardíns… e tamén nas casas!As cabazas xa están chegando ás zonas verdes e agora tóca...
18/10/2026

🎃🌼 En Carballo, o outono vívese nos xardíns… e tamén nas casas!

As cabazas xa están chegando ás zonas verdes e agora tócache participar a ti 👇

🎃 Desde o mércores 21 de outubro, os nenos e as nenas poderán colocar as súas cabazas decoradas nestes espazos:
📍 Parque do Chorís
📍 Rúa Eduardo Pondal
📍 Zona verde da contorna do Fórum Carballo
📍 Praza da Cruz Vermella
📍 Exterior do CEIP Nétoma-Razo

🌼 O xoves 22, a partir das 10.00 h, repartiremos no mercado municipal plantas retiradas dos xardíns que aínda poden seguir medrando nos vosos fogares. Un tícket de compra = unha planta (máximo unha por persoa)

Dúas propostas para compartir creatividade, aproveitar os recursos e coidar Carballo entre todas e todos 💚

💃🕺 Preparados para outro domingo de baile?Esta semana recibimos no mercado municipal ao Dúo Mar de Caión, que chega disp...
18/10/2026

💃🕺 Preparados para outro domingo de baile?

Esta semana recibimos no mercado municipal ao Dúo Mar de Caión, que chega disposto a poñernos a bailar durante toda a tarde 🎤🎶

📅 Domingo 18 de outubro
🕕 18.00 a 21.00 h
📍 Mercado municipal
🎟️ Entrada libre

Música en directo e unha pista na que non preguntamos a idade 😉 Porque os bailes forman parte de Remocea, pero están abertos a todas as persoas que queiran pasar unha boa tarde.

Hoxe vémonos na pista! 💚

Bo día desde Carball❤️!📍Cambrelle (Razo)
18/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
📍Cambrelle (Razo)

🎤 A regueifa tamén se aprende… e ensínase!O Enreguéifate celebra a súa décima edición cun obradoiro para docentes que qu...
17/10/2026

🎤 A regueifa tamén se aprende… e ensínase!

O Enreguéifate celebra a súa décima edición cun obradoiro para docentes que queiran descubrir o potencial da improvisación oral como ferramenta didáctica.

Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Séchu Sende compartirán recursos para traballar a expresión, a empatía e a cooperación nas aulas, promovendo a diversidade, a integración e o feminismo.

📅 Venres 23 de outubro
🕟 De 16.30 a 20.30 h
📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
👥 45 prazas
📝 Inscrición previa ata o martes 20 de outubro: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScb7cLAEtom2-6aLTVPS1eFajni2n36QP_rCYdpGT0DFLFFuQ/viewform?pli=1

🌿 Falamos de menopausa, alimentación e benestar!A nutricionista Mª Sol Pérez Iglesias impartirá a sesión «Alimentación e...
17/10/2026

🌿 Falamos de menopausa, alimentación e benestar!

A nutricionista Mª Sol Pérez Iglesias impartirá a sesión «Alimentación e hábitos saudables: nutrición práctica na menopausa», organizada pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade dentro dos actos arredor do Día da Menopausia.

📅 Luns 19 de outubro
🕖 19.00 horas
📍 Escolas do Xardín Agra de Caldas
⏳ Duración: 75 minutos
👥 ÚLTIMAS PRAZAS!
✍️ Inscricións en carballo.gal: https://carballo.gal/evento/sesion-sobre-alimentacion-e-habitos-saudables-na-menopausa/

Bo día desde Carball❤️!📍Parque infantil da Praza do Concello📷 Oti Fernández
17/10/2026

Bo día desde Carball❤️!
📍Parque infantil da Praza do Concello
📷 Oti Fernández

🐟🥗 Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorpora...
16/10/2026

🐟🥗 Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde. Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta? O GALP Costa da Morte organiza cursos prácticos no que aprenderás a organizar sesións de cociñado para toda a semana.

👨‍🍳👩‍⚕️ Aprende co cociñeiro Miguel Mosteiro, con Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde e coas Confrarías de Laxe e Caión.

🍲 Ensinarémosche receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, chaves para saber que especies se conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.

🎁 As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía de consellos e información nutricional, así como un mandil e unha bolsa da compra exclusiva feita con redes e plásticos reciclados elaborada pola Asociación de Redeiras de Cariño en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).

📍Luns 19 e 26 de outubro, de 16:30 a 20:30 h, no Fórum Carballo
🎟️ Prezo: gratuíto (prazas limitadas)
👉 Reserva a túa praza canto antes en pescasaude.gal ou no 627 570 949

💃🕺 Preparados para outro domingo de baile?Esta semana recibimos no mercado municipal ao Dúo Mar de Caión, que chega disp...
16/10/2026

💃🕺 Preparados para outro domingo de baile?

Esta semana recibimos no mercado municipal ao Dúo Mar de Caión, que chega disposto a poñernos a bailar durante toda a tarde 🎤🎶

📅 Domingo 18 de outubro
🕕 18.00 a 21.00 h
📍 Mercado municipal
🎟️ Entrada libre

Música en directo e unha pista na que non preguntamos a idade 😉 Porque os bailes forman parte de Remocea, pero están abertos a todas as persoas que queiran pasar unha boa tarde.

O domingo, vémonos na pista! 💚

🌿 Máis espazo para as persoas, máis seguridade e un Carballo máis amableSeguimos transformando pequenos puntos da vila p...
16/10/2026

🌿 Máis espazo para as persoas, máis seguridade e un Carballo máis amable

Seguimos transformando pequenos puntos da vila para mellorar a accesibilidade, a mobilidade e a calidade do espazo público.

📍 Na rúa Perú eliminouse unha isleta pintada, incorporouse losa céspede, ampliouse a zona peonil e creouse unha pequena praza cun banco.

📍 No cruce das rúas Mirtos e Orquídea creouse unha nova zona de estancia con bancos, arborado e losa céspede, ao tempo que se reorganizou o tráfico con sentidos únicos para favorecer unha circulación máis segura e reducir a velocidade. Ademais, habilitouse unha beirarrúa provisional que conecta coa marquesiña cuberta situada uns metros máis arriba.

Pequenas actuacións que cambian a forma de vivir a rúa: máis accesibilidade, máis seguridade e máis lugares para estar, camiñar e convivir.

🏄‍♀️🌊 Razo, no mapa mundial do surf!O Edommo Surf Pro Razo 2026 reúne ata este domingo 150 surfistas profesionais de tod...
16/10/2026

🏄‍♀️🌊 Razo, no mapa mundial do surf!

O Edommo Surf Pro Razo 2026 reúne ata este domingo 150 surfistas profesionais de toda Europa nunha edición que dá o salto ao calendario internacional absoluto da World Surf League, con 2.000 puntos en xogo tanto na categoría feminina coma na masculina.

Na presentación, o alcalde, Daniel Pérez, destacou a contribución do campionato á proxección de Carballo e á economía local: 💬 “Tamén axuda a desestacionalizar o turismo e a xerar riqueza. Carballo encontra no deporte a súa carta de presentación”.

📍 Praia de Razo
📅 Ata o domingo 18 de outubro

Achégate e goza do surf nun escenario único! 💙

Dirección

Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Carballo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Carballo:

Atajos

Compartir

Categoría