Bibliotecas de Carballo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Bibliotecas de Carballo A Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa é o novo espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Carballo.

A biblioteca pretende ser un referente na Comarca de Bergantiños, en canto a oferta de novas tecnoloxías, cultura e lecer. Un punto de encontro para as súas xentes e unha alternativa de ocio para tod@s, pero sobre todo para os máis xoves. Queremos transformar o xeito en que a cultura chega ás persoas. Queremos que a xente atope na biblioteca un espazo físico e virtual onde divertirse, formarse e informarse, pero tamén que teñan acceso a produtos informativos de calidade sobre a cultura e a produción creativa e literaria, local e universal. Un lugar onde as persoas podan desenvolver a súa creatividade.

Outubro tráenos historias que medran coma árbores: con raíces fondas, ramas cheas de voces e segredos que viaxan de xera...
01/10/2026

Outubro tráenos historias que medran coma árbores: con raíces fondas, ramas cheas de voces e segredos que viaxan de xeración en xeración 🌳📚✨
Este mes, no reto literario, mergullámonos nas sagas familiares, eses relatos onde os clans se enfrontan a conflitos antigos, misterios que nunca se contaron e dinámicas que se repiten ao longo do tempo.

👥 Familias marcadas por lealdades, silencios e rivalidades
🕰️ Pasados que regresan para explicar o presente
🔍 Misterios familiares que agardan ser descubertos
📚 Lecturas en galego e castelán para completar o 10º selo do pasaporte lector

Se che gustan as historias que se herdan, que se transmiten e que revelan máis do que parece… outubro é o teu mes.

📚✨ Entramos na recta final do reto literario! ✨📚Durante estes meses puxemos en valor diferentes temáticas sociais a trav...
24/09/2026

📚✨ Entramos na recta final do reto literario! ✨📚

Durante estes meses puxemos en valor diferentes temáticas sociais a través da lectura e agardamos que descubrírades novos libros, historias e algunha temática que vos gustase especialmente. 💚📖

Xa só quedan 3 meses para rematalo reto! Mais, se tedes algún mes pendente, aínda estades a tempo de recuperar esas lecturas!

E lembrade estas datas importantes:
📅 30 de decembro: último día para levar libros do reto en préstamo.
📅 8 de xaneiro: último día para entregar as tarxetas cos 12 selos.
🎉 11 de xaneiro: sorteo e chamada ás gañadoras.

Que desfrutedes moito das últimas propostas! 📚✨

Setembro chega con esa mestura de morriña do verán e ganas de volver a empezar… e nós temos o antídoto perfecto contra o...
01/09/2026

Setembro chega con esa mestura de morriña do verán e ganas de volver a empezar… e nós temos o antídoto perfecto contra o síndrome post‑vacacional: aventuras e viaxes que nos levan moi lonxe sen saír da biblioteca.

Este mes, no reto literario da Biblioteca Agra de Campos, propoñémosche historias que cruzan desertos, selvas, océanos e cidades descoñecidas; viaxes interiores que transforman; rutas que comezan cun libro aberto.

🧭 Novelas de aventuras para recuperar a enerxía
🌍 Viaxes reais e imaxinarios que nos sacan da rutina
📚 Lecturas en galego e castelán para completar o selo número 9 do pasaporte lector

Se setembro se che fai costa arriba, deixa que un bo libro te leve de viaxe!

31/08/2026
29/08/2026

🕰️ Carballo mira ao pasado para seguir avanzando

Presentamos unha nova edición das Xornadas Carballo na Memoria, que este ano teñen como fío condutor os 190 anos da constitución do Concello de Carballo, en 1836.

📚 Arqueoloxía
📍 Microtoponimia
🏛️ Patrimonio invisible
💧 A historia da auga
🔎 Investigación histórica

A concelleira Ángeles Pacoret destacou que esta edición permitirá percorrer distintos capítulos da nosa historia, desde os 50 anos da Carta arqueolóxica de Bergantiños ata unha xornada especialmente dedicada a Fernando Cabeza Quiles, sempre tan vinculado a Carballo na Memoria.

Entre as novidades deste ano están as rutas polo patrimonio invisible, que nos permitirán descubrir espazos e historias que forman parte de Carballo e que moitas veces pasan desapercibidos.

A programación pecharase cun encontro de historiadores e historiadoras integrado na Noite Europea das Persoas Investigadoras, unha colaboración entre distintas áreas municipais que, como destacou Iván Andrade, permitirá conectar historia, ciencia e divulgación.

💬 “Un pobo, para poder avanzar, precisa coñecer o seu pasado”, sinalou o alcalde, Daniel Pérez. Porque Carballo na Memoria pon en valor todo o que nos trouxo ata aquí e nos axuda a entender quen somos hoxe.

📅 Do 3 ao 24 de setembro
🎟️ Charlas libres e de balde
📝 + información e inscrición para as rutas en carballo.gal: https://carballo.gal/as-xornadas-carballo-na-memoria-fan-un-percorrido-polos-190-anos-de-historia-do-concello-de-carballo/

190 anos de historia. E moita memoria por seguir recuperando.

Non perdas a última actividade da Praia dos Libros, na Biblioteca Rego da Balsa!A vindeira semana teremos na Biblioteca ...
21/08/2026

Non perdas a última actividade da Praia dos Libros, na Biblioteca Rego da Balsa!

A vindeira semana teremos na Biblioteca Rego da Balsa a David Merelas Figueroa co espectáculo Mere-cidamente.

Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a peor cando o seu axudante non aparece. Erros, trunfos frustrados, unha vasoira vivente, un “monstro“ con chapuzón na auga incluído… e ao final resulta que o espectáculo non era nesa vila! Clown, malabares, equilibrios, lume e moita participación e interacción co público para lograr que o devandito personaxe saia victorioso.

📅 Venres, 28 de agosto
🕕 Ás 18:00 h
📍 Biblioteca Rego da Balsa
👥 Recomendado para maiores de 5 anos
Duración: 50 minutos

Acceso libre e de balde

Organiza: Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística

19/08/2026

A iniciativa inclúe actividades presenciais nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 10 de setembro

18/08/2026

📚 Pon a punto o teu galego!

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo abre unha nova edición da súa formación en lingua galega, con propostas para distintos niveis e necesidades.

🟢 Curso de introdución á lingua e á cultura galegas
Para persoas maiores de 16 anos que comezan desde cero ou teñen coñecementos básicos, especialmente as procedentes de fóra de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia
📅 Do 10 de setembro ao 7 de outubro
🕥 10.30-11.30 h

🟢 Obradoiro de acollemento lingüístico
Dous grupos, de iniciación e perfeccionamento, para mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita
📅 Do 10 de setembro ao 17 de decembro
🕔 17.00-19.00 h

🟢 Clases de lingua galega para aspirantes a Celga
Preparación práctica para as probas oficiais da Xunta de Galicia.
📅 Do 10 de setembro ao 26 de novembro
🕖 19.00-21.00 h

🟢 Falarmos... nós
Un espazo seguro e distendido para conversar en galego, perder o medo e gañar soltura, coa colaboración da Deputación da Coruña
📅 Do 10 de setembro ao 17 de decembro
🕦 11.30-12.30 h

📍 Todas as actividades celébranse nas Escolas do Xardín Agra de Caldas
💚 De balde.

Aprender, practicar, falar… Hai moitas maneiras de poñer a punto o teu galego!

Xa queda pouco agosto pero nas Bibliotecas de Carballo aínda temos moito que ofrecervos durante este mes: retos literari...
18/08/2026

Xa queda pouco agosto pero nas Bibliotecas de Carballo aínda temos moito que ofrecervos durante este mes: retos literarios, mostras itinerantes, novidades literarias, lecturas a carón do mar...

Aproveita e ven a g***r connosco do pracer da lectura, tamén na tempada estival!

Dirección

Rúa Bos Aires S/n CP Carballo
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 20:00
Martes 09:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bibliotecas de Carballo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Bibliotecas de Carballo:

Atajos

Compartir

Categoría