Concello de Cariño

Cómo llegar Página web

Concello de Cariño Páxina oficial do Concello de Cariño.

🥋 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐃𝐄𝐅𝐄𝐍𝐒𝐀 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐋 𝐅𝐄𝐌𝐈𝐍𝐈𝐍𝐀📢 𝐋𝐄𝐌𝐁𝐑𝐀𝐃𝐄❗ 𝐌𝐀𝐍̃𝐀́, 𝐒𝐀́𝐁𝐀𝐃𝐎 𝟏𝟎 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎, 𝐀́𝐒 𝟏𝟎:𝟎𝟎 𝐇, 𝐢𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐧𝐨 𝐏𝐨𝐥𝐢𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐨 ...
09/10/2026

🥋 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐃𝐄𝐅𝐄𝐍𝐒𝐀 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐋 𝐅𝐄𝐌𝐈𝐍𝐈𝐍𝐀

📢 𝐋𝐄𝐌𝐁𝐑𝐀𝐃𝐄❗ 𝐌𝐀𝐍̃𝐀́, 𝐒𝐀́𝐁𝐀𝐃𝐎 𝟏𝟎 𝐃𝐄 𝐎𝐔𝐓𝐔𝐁𝐑𝐎, 𝐀́𝐒 𝟏𝟎:𝟎𝟎 𝐇, 𝐢𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐧𝐨 𝐏𝐨𝐥𝐢𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 𝐨 𝐂𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐥 𝐅𝐞𝐦𝐢𝐧𝐢𝐧𝐚. 💶 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐆𝐑𝐀𝐓𝐔𝐈́𝐓𝐀

Ademais das mulleres xa inscritas, pode participar calquera persoa interesada en asistir ao curso! 💜

📅 Sábado, 10 de outubro
🕙 De 10:00 a 14:00 h
📍 Polideportivo Municipal de Cariño

Durante o curso traballarase sobre:

🥋 Defensa física: técnicas básicas para protexerte no día a día.
🧠 Defensa persoal: autoestima, límites e seguridade.
💪 Empoderamento: gañar confianza, recuperar o control e aprender a actuar.

✨ Deféndete, empodérate, vive sen medo! 💜

📢 𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒, 𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎, 𝐀𝐐𝐔𝐀𝐆𝐘𝐌 𝐄 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐍𝐀𝐓𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍O vindeiro martes, 13 de outubro, darán comezo as ...
09/10/2026

📢 𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒, 𝐓𝐄𝐀𝐓𝐑𝐎, 𝐀𝐐𝐔𝐀𝐆𝐘𝐌 𝐄 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐍𝐀𝐓𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍
O vindeiro martes, 13 de outubro, darán comezo as escolas deportivas, as clases de teatro, o aquagym e os cursos de natación organizados polo Concello de Cariño. 💙

📞 Para calquera consulta, podedes contactar co Servizo de Deportes do Concello de Cariño.

🏊‍♀️🎭⚽ Comezamos unha nova tempada de actividades en Cariño!

📢 COMEZAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS, TEATRO, AQUAGYM E CURSOS DE NATACIÓN! 🏊‍♀️🎭⚽O vindeiro martes, 13 de outubro, darán com...
07/10/2026

📢 COMEZAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS, TEATRO, AQUAGYM E CURSOS DE NATACIÓN! 🏊‍♀️🎭⚽

O vindeiro martes, 13 de outubro, darán comezo as escolas deportivas, teatro, aquagym e os cursos de natación organizados polo Concello de Cariño. 💙

📋 Podedes consultar os horarios e as instalacións onde se desenvolverá cada actividade.

🔒 En breve colgaremos as listas de persoas admitidas coas iniciais de cada participante.

📞 Para calquera consulta, podedes contactar co Servizo de Deportes do Concello de Cariño.

❌ A escola de balonmán queda cancelada ao non acadarse o número mínimo de participantes necesario para a súa realización.

👉 Recomendamos consultar as listas e os horarios antes do inicio das actividades.

🏊‍♀️🎭⚽ Comezamos unha nova tempada de actividades en Cariño!

🛍️ 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗡𝗔𝗩𝗜𝗟𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲 | 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗣𝗢𝗜𝗔𝗥 𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición de 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗮𝗡...
07/10/2026

🛍️ 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗡𝗔𝗩𝗜𝗟𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲 | 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗣𝗢𝗜𝗔𝗥 𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟

A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición de 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗮𝗡𝗮𝗩𝗶𝗹𝗮, o programa de apoio ao comercio local dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, no que participa o Concello de Cariño.

👤 As persoas maiores de 18 anos, independentemente do seu lugar de residencia, poderán beneficiarse de ata 𝟭𝟬𝟬 € en descontos para realizar as súas compras nos establecementos de Cariño adheridos ao programa.

💶 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗻 𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀?

🔹 10 € de desconto en compras de 20 € ou máis e inferiores a 30 €.
🔹 20 € de desconto en compras de 30 € ou máis e inferiores a 50 €.
🔹 30 € de desconto en compras de 50 € ou máis.

Os descontos iranse descontando do bono ata acadar un máximo de 100 € por persoa.

📅 𝗗𝗮𝘁𝗮𝘀 𝗶𝗺𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀:

🔹 𝑫𝒐 6 𝒂𝒐 20 𝒅𝒆 𝒐𝒖𝒕𝒖𝒃𝒓𝒐 𝒂́𝒔 9:00 𝒉: 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒐 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂 𝒂𝒅𝒉𝒆𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐𝒔 𝒆𝒔𝒕𝒂𝒃𝒍𝒆𝒄𝒆𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔.
🔹 𝑫𝒐 20 𝒅𝒆 𝒐𝒖𝒕𝒖𝒃𝒓𝒐 𝒂𝒐 20 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐: 𝒅𝒆𝒔𝒄𝒂𝒓𝒈𝒂 𝒆 𝒖𝒕𝒊𝒍𝒊𝒛𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐𝒔 𝒃𝒐𝒏𝒐𝒔, 𝒐𝒖 𝒂𝒕𝒂 𝒐 𝒆𝒔𝒈𝒐𝒕𝒂𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝒅𝒐𝒔 𝒇𝒐𝒏𝒅𝒐𝒔.

🌐 Toda a información, así como a adhesión dos comercios e a descarga dos bonos, está dispoñible en:
https://mercanavila.gal

Dende o Concello de Cariño animamos á veciñanza e ás persoas que nos visitan a aproveitar esta iniciativa e apostar polo 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗶𝗺𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, contribuíndo así a dinamizar a actividade económica local.

𝐂𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐥 𝐅𝐞𝐦𝐢𝐧𝐢𝐧𝐚O Concello de Cariño organiza o Curso de Defensa Persoal Feminina, unha formación pensa...
05/10/2026

𝐂𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐥 𝐅𝐞𝐦𝐢𝐧𝐢𝐧𝐚
O Concello de Cariño organiza o Curso de Defensa Persoal Feminina, unha formación pensada para adquirir ferramentas e técnicas básicas de protección no día a día, reforzar a seguridade e fomentar o empoderamento.

📅 Sábado 10 de outubro
🕙 De 10:00 a 14:00 h
📍 Polideportivo Municipal de Cariño

Durante o curso traballarase sobre:
🥋 Defensa física — técnicas básicas para protexerte no día a día.
🧠 Defensa persoal — autoestima, límites e seguridade.
💪 Empoderamento — recuperar o control, confiar en ti e actuar.

✨ Deféndete, empodérate, vive sen medo!

📞 Inscricións e máis información: 981 405 064 — Oficinas do Concello

𝐀 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, 𝐍𝐚𝐭𝐚𝐥𝐢𝐚 𝐁𝐨𝐭𝐚𝐧𝐚, 𝐞 𝐚 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨, 𝐀𝐧𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐋𝐨́𝐩𝐞𝐳, mantiveron esta mañá unh...
30/09/2026

𝐀 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, 𝐍𝐚𝐭𝐚𝐥𝐢𝐚 𝐁𝐨𝐭𝐚𝐧𝐚, 𝐞 𝐚 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨, 𝐀𝐧𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐋𝐨́𝐩𝐞𝐳, mantiveron esta mañá unha reunión na sede do ente público, na que amosaron a disposición de ambas as administracións a colaborar para definir as posibles vías de cooperación destinadas a impulsar un museo da conserva nunha das naves das antigas conserveiras, actualmente en desuso.

A presidenta de Portos ratificou a vontade do ente público de colaborar, no marco das súas competencias, para recuperar un uso funcional para estes inmobles, que se atopan sen actividade no porto de Cariño. Así mesmo, Botana destacou a importancia de iniciativas como o museo proposto pola 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐇𝐢𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐫𝐯𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨, 𝐝𝐚 𝐦𝐚𝐧 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨,para recuperar e manter o patrimonio inmaterial das vilas mariñeiras.

Durante a reunión, ambas as partes coincidiron na necesidade de executar actuacións de conservación das instalacións que eviten novos derrubamentos, como o xa rexistrado na cuberta dunha das naves, e que permitan minimizar os riscos de cara aos temporais do próximo inverno.
𝑺𝒆𝒈𝒖𝒊𝒎𝒐𝒔 𝒕𝒓𝒂𝒃𝒂𝒍𝒍𝒂𝒏𝒅𝒐 💙🤍

🛵 INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES EN CARIÑOA Unidade Móbil 07 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao C...
28/09/2026

🛵 INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES EN CARIÑO

A Unidade Móbil 07 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de Cariño para facilitar a realización da ITV dos ciclomotores sen necesidade de desprazarse fóra do municipio.

📅 14 de outubro de 2026
📍 Casa dos Oficios – Cariño
🕘 De 9:00 a 13:30 h (horario só de mañá)

📞 Cita previa: 981 92 80 80
🌐 Tamén se pode solicitar a través de www.sycitv.com

👉 Importante: é necesario solicitar cita previa.

Un servizo que facilita aos veciños e veciñas de Cariño o cumprimento das inspeccións técnicas dos seus ciclomotores. 🛵💙

Público

📚 ℂ𝕝𝕦𝕓 𝕕𝕖 𝕃𝕖𝕔𝕥𝕦𝕣𝕒 𝕕𝕒 𝔹𝕚𝕓𝕝𝕚𝕠𝕥𝕖𝕔𝕒 𝕄𝕦𝕟𝕚𝕔𝕚𝕡𝕒𝕝Se che gusta ler e compartir impresións sobre os libros con outras persoas, aní...
25/09/2026

📚 ℂ𝕝𝕦𝕓 𝕕𝕖 𝕃𝕖𝕔𝕥𝕦𝕣𝕒 𝕕𝕒 𝔹𝕚𝕓𝕝𝕚𝕠𝕥𝕖𝕔𝕒 𝕄𝕦𝕟𝕚𝕔𝕚𝕡𝕒𝕝

Se che gusta ler e compartir impresións sobre os libros con outras persoas, anímate a participar no Club de Lectura da Biblioteca Municipal! 📖

O club está dirixido a persoas maiores de 18 anos e as reunións teñen lugar cada 15 días, os martes ás 17:30 h, na biblioteca.

As persoas interesadas poden pasar pola biblioteca para recoller o libro que se lerá na próxima sesión:

📕 «Metafísica dos tubos», de Amélie Nothomb.

🗓️ Na próxima reunión, o 6 de outubro, comentaremos a lectura e compartiremos impresións sobre a obra.

Anímate a participar! 😊📚

🖤 𝗛𝗼𝘅𝗲 𝗲́ 𝘂𝗻 𝗱𝗶́𝗮 𝗺𝗼𝗶 𝘁𝗿𝗶𝘀𝘁𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗲 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗼.O Concello de Cariño lamenta profundamente o f...
23/09/2026

🖤 𝗛𝗼𝘅𝗲 𝗲́ 𝘂𝗻 𝗱𝗶́𝗮 𝗺𝗼𝗶 𝘁𝗿𝗶𝘀𝘁𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗲 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗼.
O Concello de Cariño lamenta profundamente o falecemento de 𝗝𝗼𝘀𝗲́ 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗿𝗺𝗮𝗱𝗮 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼, quen foi o noso alcalde durante tantos anos e unha figura fundamental na historia do noso municipio.

Luis foi alcalde de Cariño desde 1988 ata 1995 e, posteriormente, desde 2003 ata 2011, dedicando moitos anos da súa vida ao servizo da nosa vila e da nosa xente.

A súa figura foi especialmente importante no proceso de segregación de Cariño de Ortigueira. Como presidente da Asociación de Veciños San Bartolo, liderou o movemento veciñal que impulsou a creación do noso Concello.
Aquel proceso culminou o 21 de xaneiro de 1988, coa aprobación da segregación de Cariño, sendo posteriormente o primeiro alcalde do novo Concello e acompañando os seus primeiros pasos como municipio independente.
Durante os seus anos á fronte do Concello, Luis contribuíu tamén á transformación e consolidación de Cariño como municipio, impulsando a posta en marcha de servizos e infraestruturas fundamentais para a nosa vila e para as súas parroquias.
O seu compromiso coa mellora da vida da nosa xente forma parte do legado que deixa no Cariño que hoxe coñecemos.

Máis alá do seu compromiso e do seu traballo por Cariño, queremos lembrar tamén a gran persoa que foi Luis, profundamente vinculada á nosa vila e á nosa xente.
A súa dedicación e o seu cariño por Cariño ao longo de tantos anos permanecerán na memoria da nosa veciñanza.

Hoxe deixounos Luis, e a súa marcha deixa unha fonda tristeza en toda a nosa veciñanza.
Cariño perde a un dos seus alcaldes, pero tamén a unha persoa que foi parte fundamental da súa historia e da súa vida colectiva.

En sinal de respecto, recoñecemento e pesar, o Concello de Cariño decreta tres días de loito oficial, durante os cales as bandeiras dos edificios municipais permanecerán a media asta.

Desde a Corporación Municipal queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias e todo o noso agarimo á súa familia, amizades e persoas achegadas, así como a toda a veciñanza de Cariño que hoxe comparte esta tristeza.

Queremos expresar tamén o noso profundo agradecemento por tantos anos de dedicación, compromiso e traballo por e para Cariño e pola nosa xente.
A súa memoria permanecerá para sempre ligada á historia da nosa vila.
🖤 𝗗𝗲𝘀𝗰𝗮𝗻𝘀𝗲 𝗲𝗻 𝗽𝗮𝘇, 𝗟𝘂𝗶𝘀. 𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝘁𝗮𝗻𝘁𝗼🩵🤍

🏊‍♀️🎭🏀𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚𝐬 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬, 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐚𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐞 𝐚𝐪𝐮𝐚𝐠𝐲𝐦 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟕 Este próximo xoves 24 de setembr...
22/09/2026

🏊‍♀️🎭🏀𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚𝐬 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬, 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐚𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐭𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐞 𝐚𝐪𝐮𝐚𝐠𝐲𝐦 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟕

Este próximo xoves 24 de setembro, ás 9:00 h, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas, cursos de natación, teatro e aquagym.

📅 𝗢 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻𝗲𝗰𝗲𝗿𝗮́ 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝗹𝘂𝗻𝘀 𝟱 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼.

A inscrición realízase online a través da seguinte ligazón: https://www.raceon.es/carino .Se algunha persoa ten dificultade para realizar a inscrición ou non conta cos medios necesarios, pode acudir o servizo de deportes (Casa do concello), onde se lle axudará a realizar a insicrición.

No curso de natación hai 2 grupos: natación infantil, para nenas e nenos nados entre 2012 e 2022 e natación adultos, para aqueles que naceron no 2011 ou antes. Os horarios e os grupos de natación elabóranse en función dos inscritos e comunícanse unha vez rematado o prazo de inscrición.

Dirección

Cariño
15360

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cariño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir