Concello de Carnota

Cómo llegar Página web

Concello de Carnota Perfil oficial do Concello de Carnota

Lembramos que chega primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA".  Li...
19/10/2026

Lembramos que chega primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA". Libre e de balde!!!!! Será no Auditorio Municipal ás 21.00h para todos os públicos.

Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza. Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía… A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.

Esta actuación está enmarcada no Programa da OUTONO DAS ARTES coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Carnota

Un anaquiño de Carnota desde o aire. Estes días de sol e sombra deixáronnos estampas tan fermosas coma estas, con varios...
16/10/2026

Un anaquiño de Carnota desde o aire.

Estes días de sol e sombra deixáronnos estampas tan fermosas coma estas, con varios arcos da vella pintando o ceo e enchendo de maxia a nosa paisaxe.

🍂 Hoxe abrimos a programación de outono do Apego con 🍋"Limón, contos e cantos", un espectáculo de Bea Campos con contos,...
16/10/2026

🍂 Hoxe abrimos a programación de outono do Apego con 🍋"Limón, contos e cantos", un espectáculo de Bea Campos con contos, monicreques e cancións, que nos atrapou de comezo a fin.

💙 👶 As son unha oportunidade marabillosa para g***r do tempo de lecer en familia, fortalecer vínculos e compartir agarimos. Un espazo de encontro onde tecer redes de apoio, facer comunidade e socializar en galego dende os primeiros meses de vida.

Este espectáculo está financiado pola Xunta de Galicia a través do programa Ler Conta Moito.

📣 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐆𝐎𝐓𝐀𝐃𝐀𝐒❗
16/10/2026

📣 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐆𝐎𝐓𝐀𝐃𝐀𝐒❗

Este venres volven as !

Lembrade que para esta sesión as prazas son limitadas e hai que inscribirse por correo electrónico ( 📧 [email protected]) ou por teléfono ( ☎️ 981 106 331) proporcionando os seguintes datos:

✅ Nome das crianzas
✅ Nome das persoas adultas acompañantes (máximo 2 por familia)
✅ Teléfono de contacto

✨ "Limón, contos e cantos" é un espectáculo de Bea Campos que mestura contos, cancións e arrolos e xogos para bebés. Unha proposta divertida e cálida, para g***r en familia e alimentar o pola lingua e o gusto polos libros dende o berce.

🗓 Venres, 16 de outubro
⏰ 18:00 h
🏣 Salón de actos do Concello de Carnota
👨‍👧 Recomendado para familias con crianzas de 0 a 4 anos
⏳ Duración: 35 minutos

Actividade organizada polo Axencia de Lectura Municipal de Carnota e financiada pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa .

Recorda —> II Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”Atrévete a capturar a esencia de Carnota coa túa mirada! Premios:...
14/10/2026

Recorda —> II Concurso de Fotografía “Carnota nun clic”

Atrévete a capturar a esencia de Carnota coa túa mirada!

Premios:
🥇 1º premio: 150 €
🥈 2º premio: 100 €
🥉 3º premio: 50 €

Vales para gastar en establecementos do termo municipal de Carnota.

👉 Consulta as bases e toda a información aquí:

https://www.carnotaturismo.com/post/ii-concurso-de-fotograf%C3%ADa-carnota-nun-clic

Participa do 1 ao 31 de outubro.

Homenaxe á Garda Civil no día da súa patroaCon motivo da festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, celebrous...
13/10/2026

Homenaxe á Garda Civil no día da súa patroa

Con motivo da festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, celebrouse en Muros un acto conmemorativo no que participaron representantes e autoridades dos concellos de Muros e Carnota.

Desde o Concello de Carnota queremos trasladar os nosos parabéns a todos os homes e mulleres que forman parte da Garda Civil, así como expresar o noso recoñecemento ao seu labor diario, á súa vocación de servizo público e ao seu compromiso coa seguridade e o benestar da cidadanía.

Este venres volven as  !Lembrade que para esta sesión as prazas son limitadas e hai que inscribirse por correo electróni...
12/10/2026

Este venres volven as !

Lembrade que para esta sesión as prazas son limitadas e hai que inscribirse por correo electrónico ( 📧 [email protected]) ou por teléfono ( ☎️ 981 106 331) proporcionando os seguintes datos:

✅ Nome das crianzas
✅ Nome das persoas adultas acompañantes (máximo 2 por familia)
✅ Teléfono de contacto

✨ "Limón, contos e cantos" é un espectáculo de Bea Campos que mestura contos, cancións e arrolos e xogos para bebés. Unha proposta divertida e cálida, para g***r en familia e alimentar o pola lingua e o gusto polos libros dende o berce.

🗓 Venres, 16 de outubro
⏰ 18:00 h
🏣 Salón de actos do Concello de Carnota
👨‍👧 Recomendado para familias con crianzas de 0 a 4 anos
⏳ Duración: 35 minutos

Actividade organizada polo Axencia de Lectura Municipal de Carnota e financiada pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa .

A primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA". Libre e de balde!!!!!...
12/10/2026

A primeira NOITE ESPECTACULAR deste ano, é unha PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AO SON DA NOVA REGUEIFA". Libre e de balde!!!!!
Será no Auditorio Municipal ás 21.00h para todos os públicos.

Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza. Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía… A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento

Adela, sempre na nosa memoria.O Concello de Carnota lamenta profundamente o falecemento de Adela, traballadora do Serviz...
10/10/2026

Adela, sempre na nosa memoria.

O Concello de Carnota lamenta profundamente o falecemento de Adela, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do noso concello.

Adela era unha persoa moi querida, que deixa unha fonda pegada entre as persoas coas que compartiu o seu labor diario.

Desde o Concello queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia e achegados nestes momentos tan difíciles.

Descanse en paz.

Dirección

Praza De San Gregorio, 19
Carnota
15293

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30
Sábado 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Carnota publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir