15/10/2026
♟️ Nace o Club de Xadrez de Carral, un novo espazo para fomentar a práctica deste deporte, aprender, mellorar e compartir a afección polo xadrez entre persoas de todas as idades.
📅 As clases xa comezaron, pero a inscrición continúa aberta. As actividades teñen lugar todos os sábados, de 10:00 a 11:00 horas, con clases de xadrez, e de 11:00 a 13:00 horas, con partidas libres e un espazo de encontro para as persoas socias.
📍 O club está situado na rúa Alcalde Francisco Javier Alvajar, 19.
👉 Para máis información e inscricións, podes chamar ou escribir por WhatsApp ao 604 00 41 80. Animádevos!
🏆 A creación do club dá continuidade ao crecemento desta actividade no municipio, que xa está a dar grandes resultados.
👏 O xadrez escolar da ANPA fixo historia ao clasificar, por primeira vez en Carral, un equipo para participar no prestixioso torneo internacional Pequeños Gigantes, que se celebrará en León o vindeiro mes de novembro. Un logro froito do traballo conxunto do Concello de Carral e da ANPA.