Concello de Catoira

Cómo llegar Página web

Concello de Catoira Facebook oficial do Concello de Catoira.

🎃💀 Catoira prepárase para a XXVI Procesión de Caveiras!📅 O sábado 31 de outubro, gozaremos dunha tarde chea de misterio ...
20/10/2026

🎃💀 Catoira prepárase para a XXVI Procesión de Caveiras!

📅 O sábado 31 de outubro, gozaremos dunha tarde chea de misterio con contacontos de trasnos e meigallos, a tradicional procesión acompañada pola Banda de Música de Catoira e a Escola Municipal de Teatro, e o magosto na Alameda do Concello.

👻 E o domingo 1 de novembro, espectáculo familiar no Auditorio Municipal con Quen dixo medo?, de Barafunda.

ℹ️ Máis información en catoira.gal

🛝 O Concello de Catoira estuda as mellores datas para iniciar as obras de acondicionamento do parque infantil de Tarrío,...
19/10/2026

🛝 O Concello de Catoira estuda as mellores datas para iniciar as obras de acondicionamento do parque infantil de Tarrío, en Dimo.
A actuación, que prevé incorporar unha cuberta para darlle máis vida ás instalacións, xa está adxudicada á empresa COCIGAL 2013, S.L. O goberno local está a valorar a planificación dos traballos co obxectivo de causar a menor afectación posible ás escolas infantís autonómica e municipal, situadas a carón do parque.
Tamén está previsto renovar o pavimento, instalando unha capa de 30 centímetros de area. Aproveitaranse os xogos actuais, restaurándoos nos casos necesarios, e vanse instalar dous novos: unha randeeira dobre e un multixogo.
O orzamento das obras ascende a 52.465 euros, financiados a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

🐟 Saberes con Sabor enche Catoira de gastronomía e memoria dos oficios tradicionais.A Sala Celso Emilio Ferreiro do Edif...
19/10/2026

🐟 Saberes con Sabor enche Catoira de gastronomía e memoria dos oficios tradicionais.
A Sala Celso Emilio Ferreiro do Edificio Multiusos de Catoira acolleu o pasado venres o segundo showcooking do proxecto Saberes con Sabor, que unha vez máis colgou o cartel de completo. O cociñeiro Miguel Mosteiro elaborou en directo, como homenaxe ao produto local, unha «ensalada rusa amostazada con encurtidos e salmón curado en remolacha» e unha «solla con grelos e cachelos», que o público puido degustar. En ambos os pratos combinouse produto de río e de mar con produto da horta, ofrecendo unha mostra de cociña que lembrou a tradición da pesca do salmón e a solla.
A iniciativa, enmarcada no programa O Teu Xacobeo e cofinanciada pola Xunta de Galicia, puxo o foco na sustentabilidade.

✅ A empresa pública Seaga comezou os traballos de limpeza das fixas secundarias na parroquia de Oeste, nas inmediacións ...
16/10/2026

✅ A empresa pública Seaga comezou os traballos de limpeza das fixas secundarias na parroquia de Oeste, nas inmediacións das pistas de tenis da Balastrera.
Nos vindeiros días continuarán cos labores de roza para a prevención de incendios nas propiedades que se adheriron ao convenio.

A Trastenda dos Contos chega á Biblioteca Pública Municipal de Catoira cunha proposta chea de contos, cantigas e humor p...
15/10/2026

A Trastenda dos Contos chega á Biblioteca Pública Municipal de Catoira cunha proposta chea de contos, cantigas e humor para as/os máis pequena/os da casa. 🎶🐰
📅 Domingo, 25 de outubro
🕛 Ás 12:00 h
📍 Biblioteca Pública Municipal de Catoira
👶 Idade recomendada: bebés
⏳ Duración: 35 minutos
🎟️ Entrada libre ata completar aforo.

🙌 O GOBERNO DE CATOIRA DECLARARÁ FILLOS PREDILECTOS AOS TRES INTEGRANTES FUNDACIONAIS DE MILLADOIRO.A proposta levarase ...
08/10/2026

🙌 O GOBERNO DE CATOIRA DECLARARÁ FILLOS PREDILECTOS AOS TRES INTEGRANTES FUNDACIONAIS DE MILLADOIRO.
A proposta levarase ao Pleno deste mes de outubro para nomear como Fillos Predilectos de Catoira a Xosé V. Ferreirós, Ramón (Moncho) García Rei e Fernando (Nando) Casal.
O Goberno municipal quere recoñecer así de forma institucional a traxectoria destes tres veciños que constitúen o núcleo de Milladoiro, unha das formacións máis sobranceiras da historia da música galega. 🎼
O alcalde, Xoán Castaño, considera que “falar de Milladoiro en calquera parte do planeta é falar de Catoira. Xosé, Moncho e Nando levan o nome do noso pobo por todo o mundo con orgullo dende hai case cincuenta anos. Esta declaración como Fillos Predilectos é unha forma de devolverlles unha pequena parte de todo o que a nosa vila recibe grazas á súa música”.

🚜 INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (ITV) O Concello de Catoira informa de que a vindeira semana estará no noso ...
07/10/2026

🚜 INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (ITV)
O Concello de Catoira informa de que a vindeira semana estará no noso municipio unha Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas para realizar as inspeccións periódicas obrigatorias.
📅 Datas e horarios:
Xoves 15 de outubro: de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 h
Venres, 16 de outubro: de 9:00 a 13:30 h.
Luns, 19 de outubro: de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 h
📍 Lugar: Explanada da Igrexa de Dimo (Catoira)
ℹ️ Recoméndase solicitar cita previa para evitar esperas:
Por teléfono: 981 92 80 80
A través da web: www.sycitv.com

📈  O Concello de Catoira ten no infrafinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e da Escola Infantil Municipal por...
07/10/2026

📈 O Concello de Catoira ten no infrafinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e da Escola Infantil Municipal por parte da Xunta de Galicia a principal causa estrutural do seu desequilibrio económico. Así o acredita un informe económico da Alcaldía, que cuantifica en 203.049,48 euros anuais os recursos propios que o Concello ten que destinar a cubrir o custo destes dous servizos que son competencia autonómica.
Os datos sitúan o custo anual dos dous servizos en 459.150,37 euros, fronte a uns ingresos de 256.100,89 euros, polo que o Concello ten que asumir con fondos propios 203.049,48 euros, o 44,2% do custo total. O alcalde, Xoán Castaño, considera que este é o factor determinante que impide que o Concello poida sanear a súa situación con recursos propios.

🎬  Este venres o Cineclube de Catoira retoma a súa actividade coa proxección de "Escrito sobre o vento".📍 Auditorio Muni...
07/10/2026

🎬 Este venres o Cineclube de Catoira retoma a súa actividade coa proxección de "Escrito sobre o vento".
📍 Auditorio Municipal | 📅 Venres 9 de outubro | ⏰ 20:00 h
Non faltes!

💥 Que ganas tiñamos de retomar a programación!💥
Volve o cineclube por todo o alto coa proxección dunha das obras clave do Hollywood dos 50: 'Escrito sobre o vento'.

Kyle Hadley é o fillo dun poderoso magnate do petróleo, un home rico e autodestrutivo que vive atrapado entre o alcohol, os celos e as súas propias inseguridades. Cando casa con Lucy, unha muller da que o seu mellor amigo Mitch tamén está namorado, a súa relación convértese nunha espiral de desexo, frustración e violencia emocional. Ao seu redor, a familia Hadley vai revelando pouco a pouco as súas miserias ocultas baixo unha aparencia de riqueza e felicidade.

🎥 Written on the Wind (Escrito sobre o vento), Douglas Sirk | 1956 | 99' | VOSE
📆 Venres, 9 de outubro
🕐 20:00
📌 Auditorio Municipal de Catoira
🎟️ 4€ xeral / 2€ socias

🍴 Catoira acolle a actividade Saberes con SaborO vindeiro 16 de outubro, ás 19:00 h, a sala Celso Emilio Ferreiro (Edifi...
05/10/2026

🍴 Catoira acolle a actividade Saberes con Sabor
O vindeiro 16 de outubro, ás 19:00 h, a sala Celso Emilio Ferreiro (Edificio Multiusos) acollerá unha xornada con showcooking, degustacións e exposición. Unha actividade para descubrir e poñer en valor os produtos obtidos tradicionalmente na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

🎟️ Inscricións gratuítas no 619 669 788 (WhatsApp ou teléfono).

📍 Sala Celso Emilio Ferreiro | 📅 Venres 16 de outubro | ⏰ 19:00 h

Dirección

Catoira

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Catoira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir