Concello de Cee

Cómo llegar Página web

Concello de Cee Páxina de facebook oficial do Concello de Cee Tradicionalmente, Cee fué una villa vinculada a la industria conservera, ballenera y pesquera.

Cee es un municipio de A Coruña, ubicado en la conocida Costa da Morte, puerta al mar del Camino de Santiago en su paso hacia Finisterre y Muxía. Pero, hoy en día, es el centro comarcal de negocios y servicios, punto de encuentro de los habitantes de la Costa da Morte y referente para turistas y visitantes que encuentran en Cee el lugar ideal para establecer su base y visitar la zona. Cee es, sin duda, la combinación perfecta entre el carácter urbano de sus servicios y el carácter rural y sosegado de sus espacios naturales.

***
Cee é un concello de A Coruña, ubicado na conocida Costa da Morte, porta ao mar do Camiño de Santiago no seu paso a Fisterra e Muxía. Tradicionalmente, Cee foi unha vila vinculada á industria conserveira, baleeira e pesqueira. Pero, hoxe en día, é o centro comarcal de negocios e servizos, punto de encontro dos habitantes da Costa da Morte e referente para turistas e visitantes que atopan no noso pobo o lugar ideal para establecer a súa base e visitar a zona. Cee é, sen dúbida, a combinación perfecta entre o carácter urbano dos seus servicios e o carácter rural e sosegado dos seus espazos naturais.

💚 CEE FAI MATCH COA SAÚDE MENTALCon motivo do Día Mundial da Saúde Mental, APEM Cee organizou na Praza 8 de Marzo unha x...
10/10/2026

💚 CEE FAI MATCH COA SAÚDE MENTAL

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, APEM Cee organizou na Praza 8 de Marzo unha xornada de sensibilización baixo o lema «Haz match con tu salud mental», centrada especialmente na mocidade.

O acto contou coa intervención da alcaldesa de Cee, Margot Lamela, quen destacou a importancia da empatía, da comprensión e de poñernos no lugar dos demais. Tamén estivo presente Carmen Otero, directora do Distrito Sanitario de Cee.

A través de testemuños, mensaxes e un mural colectivo, a xornada puxo de manifesto a importancia de falar abertamente sobre a saúde mental e romper estigmas.

💚 Desde o Concello de Cee agradecemos a APEM o seu imprescindible labor diario e o seu compromiso coa saúde mental.

💚 10 DE OUTUBRO | DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL🧠 Coidar a saúde mental é tan importante como coidar a saúde física. Porque...
10/10/2026

💚 10 DE OUTUBRO | DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

🧠 Coidar a saúde mental é tan importante como coidar a saúde física. Porque detrás de cada persoa hai emocións, preocupacións, medos e situacións que, ás veces, resultan difíciles de afrontar en soidade.

🫂 Falar do que sentimos, escoitar sen xulgar e pedir axuda cando a necesitamos son pasos fundamentais para o noso benestar emocional. Por iso, é esencial seguir rompendo estigmas, eliminar prexuízos e construír unha sociedade máis comprensiva, na que ninguén teña medo de expresar como se sente.

💚 Pero tamén é fundamental contar con servizos profesionais, apoio e atención especializada que permitan previr, detectar e tratar os problemas de saúde mental, garantindo que todas as persoas poidan acceder á axuda que precisan.

💚 Dende o Concello de Cee, sumámonos a esta xornada lembrando que a saúde mental é unha parte esencial da nosa saúde e que coidala é unha responsabilidade compartida.

Porque pedir axuda é un acto de valentía, escoitar tamén é coidar e ninguén debería ter que afrontar o seu sufrimento en soidade. 💚 🫂

👮‍♀️ Cee, presente no Encontro Nacional de Mulleres Policía en Talavera de la Reina.A axente da Policía Local de Cee Eva...
10/10/2026

👮‍♀️ Cee, presente no Encontro Nacional de Mulleres Policía en Talavera de la Reina.

A axente da Policía Local de Cee Eva Senlle participou neste encontro, que reuniu a profesionais de distintos puntos de España.

📸 Imaxe de grupo coa que se clausurou o encontro, diante das dependencias da Policía Local de Talavera de la Reina.

🎭 «OS DOUS DE SEMPRE», CON MOFA & BEFA, NO MES DA FUNDACIÓN 2026A XIII edición de «O Mes da Fundación», organizada pola ...
09/10/2026

🎭 «OS DOUS DE SEMPRE», CON MOFA & BEFA, NO MES DA FUNDACIÓN 2026

A XIII edición de «O Mes da Fundación», organizada pola Fundación Fernando Blanco de Lema, continúa mañá sábado cunha nova cita co teatro galego.

Mofa & Befa, con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto, presentan «Os dous de sempre», un espectáculo inspirado na obra de Castelao.

📅 Sábado, 10 de outubro
🕣 20:30 horas
📍 Casa da Cultura de Cee
🎟️ Entrada gratuíta

👏 Animámosvos a desfrutar desta nova proposta cultural!

⚽ ESTE SÁBADO, O FISOBER XOGA NA CASA!📅 Sábado, 10 de outubro🕠 17:30 h📍 Polideportivo Municipal de Cee⚽ F.S.F. FISOBER 🆚...
09/10/2026

⚽ ESTE SÁBADO, O FISOBER XOGA NA CASA!

📅 Sábado, 10 de outubro
🕠 17:30 h
📍 Polideportivo Municipal de Cee

⚽ F.S.F. FISOBER 🆚 JOGABAN ORDES
🏆 Sénior masculino

🙌 Achégate ao pavillón e anima ao Fisober!

📲 NON PODES ASISTIR? SÍGUEO EN DIRECTO!

O encontro tamén poderá seguirse en liña a través da plataforma Tiivii:

🔗 https://tiivii.tv/

✅ Para acceder á retransmisión é necesario rexistrarse na plataforma, pero o rexistro é totalmente gratuíto.

❤️ Apoia o noso deporte, tamén desde a casa!

💃🕺 MAÑÁ, SÁBADO 10 DE OUTUBRO, VOLVEMOS BAILAR EN CEE! 🎶Os Sábados de Baile continúan mañá cunha nova tarde de música, b...
09/10/2026

💃🕺 MAÑÁ, SÁBADO 10 DE OUTUBRO, VOLVEMOS BAILAR EN CEE! 🎶

Os Sábados de Baile continúan mañá cunha nova tarde de música, baile e boa compañía, nesta ocasión coa actuación do DÚO BLANCA DOBLE. 🎤🎵

Unha nova oportunidade para compartir, desfrutar da música en directo e pasar unha tarde agradable en compañía.

📅 Sábado, 10 de outubro
🕖 De 19:00 a 22:00 horas
📍 Salón de Actos do Concello de Cee
🎟️ Entrada libre

❤️ Porque os sábados son para encontrarnos, desfrutar e bailar!

Os sábados, bailamos en Cee! 💃🕺

👮‍♀️ CEE, PRESENTE NO IV ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES POLICÍASA axente da Policía Local de Cee, Eva Senlle, participa e...
07/10/2026

👮‍♀️ CEE, PRESENTE NO IV ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES POLICÍAS

A axente da Policía Local de Cee, Eva Senlle, participa estes días no IV Encontro Nacional de Mulleres Policías, que se celebra en Talavera de la Reina (Toledo) do 6 ao 9 de outubro.

Baixo o lema «La mujer en los cuerpos de seguridad. Trayectoria, liderazgo y futuro», o encontro reúne profesionais de distintos puntos de España para compartir experiencias e poñer en valor o papel das mulleres nos corpos e forzas de seguridade.

💙 Cee está tamén presente neste encontro, no que Eva participou portando as bandeiras do Concello de Cee e de Galicia.

🤝 En nome da alcaldesa, Margot Lamela, a axente fixo entrega á concelleira de Seguridade Cidadá de Talavera, en representación do alcalde, dun exemplar de La huella ballenera en el norte de la península Ibérica, obra que recolle o importante legado da factoría baleeira de Caneliñas, e dun pin institucional do Concello de Cee.

Unha oportunidade para compartir experiencias, crear redes e seguir facendo visible o papel das mulleres na seguridade pública. 👮‍♀️

📢OFERTA DE EMPREGO | ASESOR/A COMERCIAL DE SEGUROSO Concello de Cee dá difusión a unha nova oferta de emprego para aseso...
07/10/2026

📢OFERTA DE EMPREGO | ASESOR/A COMERCIAL DE SEGUROS

O Concello de Cee dá difusión a unha nova oferta de emprego para asesor/a comercial de seguros, con zona de traballo na Costa da Morte.

🔹 Entre as principais funcións están a xestión e atención de clientes, o asesoramento personalizado e o desenvolvemento de campañas comerciais.

🔹 Requisitos: interese polas relacións interpersoais e vocación de servizo, experiencia no trato co cliente e estudos mínimos de ESO. Valorarase formación adicional.

🔹 A empresa ofrece formación inicial e continua, acompañamento e mentorización, ferramentas dixitais de xestión, flexibilidade horaria e un plan de desenvolvemento profesional a longo prazo.

📍 Zona de traballo: Costa da Morte

📅 Recepción de CV ata o 31 de decembro de 2026

📩 Envío de candidaturas: [email protected]

👉 Toda a información sobre a oferta pode consultarse no cartel que acompaña esta publicación.

ℹ️ Oferta de emprego externa.

⚽🏀 AXENDA DEPORTIVA | 10 E 11 DE OUTUBROXa temos por diante unha nova fin de semana chea de deporte en Cee! 🔴🔵Fútbol sal...
07/10/2026

⚽🏀 AXENDA DEPORTIVA | 10 E 11 DE OUTUBRO

Xa temos por diante unha nova fin de semana chea de deporte en Cee! 🔴🔵

Fútbol sala, fútbol e baloncesto completan a axenda deportiva deste sábado 10 e domingo 11 de outubro, con encontros no Polideportivo Municipal de Cee e no Estadio Municipal San Paio de Refoxos.

📅 Consulta no cartel todos os partidos, horarios e categorías e vai organizando a túa axenda para esta fin de semana.

👏 Achégate, anima aos nosos equipos e goza do deporte local!

O deporte tamén se vive en Cee! ❤️💙

⚠️ ALERTA AMARELA POR CHOIVAS E TORMENTASA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos m...
05/10/2026

⚠️ ALERTA AMARELA POR CHOIVAS E TORMENTAS
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por choiva e tormentas para mañá, martes 6 de outubro, que afectará a toda Galicia. 🌧️⛈️

🌧️ CHOIVAS
Prevese unha precipitación acumulada de ata 15 mm nunha hora, prolongándose o episodio ao longo da xornada.

⛈️ TORMENTAS
Prevese a posibilidade de tormentas fortes. Na nosa zona, o aviso estará activo a partir do mediodía e ata última hora do día, podendo producirse puntualmente episodios de maior intensidade.

⚠️ Recoméndase extremar as precaucións e adoptar as medidas preventivas necesarias.

☎️ Ante calquera emerxencia, chame ao 112.

Dirección

Domingo Antonio De Andrade, S/n
Cee
15270

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
Martes 09:00 - 13:30
Miércoles 09:00 - 13:30
Jueves 09:00 - 13:30
Viernes 09:00 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cee publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir