BNG Cerceda

Cómo llegar

BNG Cerceda Conta oficial de Facebook do BNG de Cerceda

27/09/2026

Hoxe o BNG de Cerceda está na Coruña, na concentración polo dereito á vivenda. Porque a vivenda non pode ser un negocio.

En Galiza hai casas baleiras e xente sen casa. Hai mozos e mozas que traballan e non poden emanciparse. Hai familias que deixan boa parte do salario no aluguer ou na hipoteca. Mentres tanto, fondos de investimento, grandes propietarios e operacións especulativas fan caixa cun dereito básico.

Isto non é casualidade. É o resultado de décadas de políticas que deixaron a vivenda en mans do mercado e abandonaron a vivenda pública.

En Cerceda tamén temos ese problema. Segundo o último Censo do INE, no noso concello hai 832 vivendas baleiras, máis dunha de cada catro. Ao mesmo tempo, hai mocidade que marcha porque non atopa onde vivir. Moitas desas casas están nas parroquias, pechadas e caendo. E o Concello segue sen plan municipal de vivenda.

Desde o BNG de Cerceda esiximos:

Un programa de aluguer asequible para a mocidade e as familias traballadoras.

Axudas para rehabilitar vivendas nas parroquias e recuperar o que hoxe está abandonado.

Que o Concello mobilice todos os fondos dispoñibles da Xunta e do Estado, e que a Xunta aplique as ferramentas legais para frear a subida dos prezos.

A vivenda é para vivir, non para especular. Cerceda necesita políticas reais, non boas palabras.

Hoxe participamos no encontro “O biogás na Galiza: un debate necesario”, para falar dun asunto que tamén nos afecta dire...
26/09/2026

Hoxe participamos no encontro “O biogás na Galiza: un debate necesario”, para falar dun asunto que tamén nos afecta directamente en Cerceda.

Desde o BNG témolo claro. O problema non é o biogás, senón o modelo que se desenvolva.

O biogás pode ser unha oportunidade para aproveitar os excedentes de xurros, producir enerxía e contribuír á sustentabilidade das explotacións. Pero non queremos macroplantas industriais que utilicen os recursos do rural como materia prima barata, concentren os beneficios en grandes empresas e deixen no territorio o tráfico, os cheiros e os impactos ambientais.

Defendemos un modelo descentralizado e de proximidade, preferentemente con plantas de escala comarcal, próximas ás explotacións e adaptadas á realidade de cada territorio. Plantas que poidan ser promovidas por cooperativas, agrupacións de gandeiros ou iniciativas con participación local, para que o sector gandeiro e as comunidades locais tamén participen e se beneficien do valor xerado.

Non queremos plantas sobredimensionadas que necesiten buscar residuos cada vez máis lonxe para manter a súa actividade. O territorio non pode converterse nun simple fornecedor de materia prima mentres os beneficios marchan fóra.

Por iso somos críticos coa planta proxectada na Laracha. Non estamos en contra do biogás, pero ese non é o modelo que podemos defender. En Carballo, onde goberna o BNG, o Concello presentou alegacións contra este proxecto.

E en Cerceda tamén queremos deixar clara a nosa posición. O alcalde manifestou que aceptaría unha planta de biogás se está situada en solo industrial. Para nós iso non é suficiente. Estar nun polígono industrial non pode ser un cheque en branco.

Antes de apoiar unha planta queremos saber que dimensión terá, que residuos tratará, de onde procederán, que tráfico xerará, onde irá o dixestato, que garantías ambientais existen, quen promove o proxecto e, sobre todo, que beneficio real deixa no sector gandeiro, na veciñanza e no territorio.

Biogás si, pero non de calquera xeito. Proximidade, escala axeitada, participación local, control público, garantías ambientais e valor para o territorio.

23/09/2026

💨 O BIOGÁS NA GALIZA: UN DEBATE NECESARIO.

XORNADA:
- Sábado 26 de setembro.
- 10 horas.
- Casa da Cultura da Laracha.

Inscríbete e participa: https://f.mtr.cool/3svzvp6d65

Máis persoal para garantir unha atención digna no Centro de Día de CercedaO comité de empresa advirte de que a falta de ...
19/09/2026

Máis persoal para garantir unha atención digna no Centro de Día de Cerceda

O comité de empresa advirte de que a falta de profesionais ten graves consecuencias para o funcionamento do centro e para a calidade da atención.

Desde o BNG de Cerceda apoiamos as reivindicacións das traballadoras e traballadores. Levaremos este problema ao Pleno municipal e tamén ao Parlamento galego, porque coidar das persoas maiores esixe medios suficientes e condicións laborais dignas.

Os servizos públicos non poden sosterse a costa do esforzo permanente do persoal. A Xunta debe actuar e reforzar inmediatamente o cadro de profesionais.

El BNG se ha hecho eco de esta protesta, y llevará el asunto a pleno municipal

Hoxe, mentres unha obra de teatro lembra a histórica resistencia veciñal fronte a expropiación das terras, cómpre lembra...
20/06/2026

Hoxe, mentres unha obra de teatro lembra a histórica resistencia veciñal fronte a expropiación das terras, cómpre lembrar que as ameazas sobre este territorio non desapareceron. Os proxectos eólicos e a central hidroeléctrica reversible prevista para o Xalo e o lago das Encrobas volven poñer enriba da mesa o debate sobre o modelo de desenvolvemento que queremos para a nosa terra.

As Encrobas ensináronnos que a defensa do territorio, da dignidade e da xustiza social require compromiso e perseveranza. Aquel espírito de loita segue vivo.

Porque a loita das Encrobas aínda non rematou.







18/06/2026

06/06/2026

CERCEDA VAI TER POR FIN UN ESTUDO DE VIVENDA SOCIAL

No mesmo Pleno do pasado xoves aprobouse, por unanimidade dos tres grupos (PSOE, PP e BNG), unha transferencia de crédito para contratar un estudo de viabilidade dunha estratexia municipal de vivenda pública.

É unha boa noticia. Mais temos que decir que é unha demanda que o BNG vén defendendo desde o programa electoral do 1995. Sempre pedimos crear unha oficina municipal de rehabilitación, programas de promoción de aluguer e concertos coa Xunta e co Estado. 30 anos despois, o goberno municipal asume esa demanda.

Celebrámolo. E reivindicamos a paternidade política da medida: o BNG empuxou desde a oposición e desde a sociedade civil, lexislatura tras lexislatura, ata que esta corporación se decidiu a dar o primeiro paso.

Pero un estudo non chega. Cerceda ten un problema real de vivenda: a mocidade non pode emanciparse, as familias traballadoras teñen dificultades, as parroquias seguen a perder poboación. Iso non se resolve cun papel. Resólvese con un Plan Municipal de Vivenda con medidas, prazos e orzamento.

O BNG anunciou no Pleno que vai facer seguimento real. Pediremos información do contrato menor. Esixiremos coñecer os resultados do estudo cando estea rematado. E presionaremos para que do estudo se pase a accións concretas.

A vivenda non admite máis dilación. Cerceda non é unha excepción: é parte do mesmo problema que sufre Galiza enteira. Pero aquí, na nosa casa, é onde temos a obriga de actuar.

04/06/2026

O PP DE CERCEDA, EN SOLITARIO CONTRA A VECIÑANZA

Imaxinade que vos digan que un partido vota a favor de regalarlle 180.000 euros a unha empresa, e vinte minutos despois vota en contra de que a veciñanza do seu propio concello non pague pola piscina municipal.

Pois pasou. Foi o PP de Cerceda. No Pleno do pasado xoves.

Primeiro voto: a favor de regalarlle 180.000 euros a SOGAMA.

Segundo voto: en contra de que a veciñanza de Cerceda non teña que pagar para usar a piscina da Silva.

Que llelo expliquen á veciñanza. Que llelo expliquen ás familias da Silva, aos rapaces que van á piscina no verán, aos avós que pasean pola zona, ás nenas que aprenden a nadar. Por que para SOGAMA si, e para a veciñanza non.
O BNG vai seguir defendendo que a veciñanza de Cerceda non pague nas instalacións municipais. É unha posición que mantemos desde sempre, e que aínda vai máis aló desta votación: defendemos o mesmo principio para o parque acuático, para os centros sociais, para todas as instalacións que sostén o Concello cos cartos da veciñanza.

Dende o BNG votamos a favor da bonificación para a veciñanza.

Para o PP, parece que SOGAMA importa máis que a veciñanza. Para o BNG, é xustamente ao revés.

02/06/2026

O ALCALDE ABRE A PORTA A UNHA PLANTA DE BIOGÁS EN CERCEDA

No Pleno do pasado xoves, o BNG preguntoulle ao alcalde, ante o cargo de que a empresa Naturgy aposta polo biogás e ten terreos no noso concello, se hai algún proxecto para Cerceda e cal sería a súa posición.

A resposta do alcalde, literal: non se oporía se a planta se instala en solo industrial.

É unha declaración con consecuencias. O polígono do Acevedo é solo industrial. Está xunto ao casco urbano. E Naturgy é o único candidato realista a presentar un proxecto, porque ten os terreos e a estratexia confirmada pola propia conselleira de Industria.

Polo tanto: a porta está aberta. A veciñanza de Cerceda ten dereito a sabelo.

Cerceda non pode seguir sendo a balsa para todo tipo de proxectos que afecten ao territorio, á saúde e ao patrimonio natural. Toca agora unha planta de biogás?

O BNG vai vixiar. E vai contárvolo se algo se move.

Foise un magnífico alcalde e mellor persoa. Que a terra che sexa leve Paco, as túas ensinanzas serán guía!
31/01/2026

Foise un magnífico alcalde e mellor persoa. Que a terra che sexa leve Paco, as túas ensinanzas serán guía!

Despedimos con fonda tristeza a PACO GARCÍA, referente do BNG, ex-alcalde de Allariz e exemplo de compromiso, coherencia e amor por Galiza.

Paco foi un home e un militante profundamente comprometido coa xustiza social, coa defensa de Galiza e cunha maneira digna e valente de facer política, sempre pensando no ben común.

Deixa unha pegada fonda no nacionalismo galego e no corazón de quen compartimos con el loitas, soños e camiño. O seu legado seguirá vivo no traballo colectivo e nos valores que nos transmitiu.

Que a terra che sexa leve, compañeiro. 💙

Dirección

Cerceda
15185

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Cerceda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir