27/09/2026
Hoxe o BNG de Cerceda está na Coruña, na concentración polo dereito á vivenda. Porque a vivenda non pode ser un negocio.
En Galiza hai casas baleiras e xente sen casa. Hai mozos e mozas que traballan e non poden emanciparse. Hai familias que deixan boa parte do salario no aluguer ou na hipoteca. Mentres tanto, fondos de investimento, grandes propietarios e operacións especulativas fan caixa cun dereito básico.
Isto non é casualidade. É o resultado de décadas de políticas que deixaron a vivenda en mans do mercado e abandonaron a vivenda pública.
En Cerceda tamén temos ese problema. Segundo o último Censo do INE, no noso concello hai 832 vivendas baleiras, máis dunha de cada catro. Ao mesmo tempo, hai mocidade que marcha porque non atopa onde vivir. Moitas desas casas están nas parroquias, pechadas e caendo. E o Concello segue sen plan municipal de vivenda.
Desde o BNG de Cerceda esiximos:
Un programa de aluguer asequible para a mocidade e as familias traballadoras.
Axudas para rehabilitar vivendas nas parroquias e recuperar o que hoxe está abandonado.
Que o Concello mobilice todos os fondos dispoñibles da Xunta e do Estado, e que a Xunta aplique as ferramentas legais para frear a subida dos prezos.
A vivenda é para vivir, non para especular. Cerceda necesita políticas reais, non boas palabras.