Partido Popular de Cervantes

Cómo llegar

Partido Popular de Cervantes Facebook oficial do Partido Popular de Cervantes

16/10/2026
📢 O PP DE CERVANTES PRESENTA ALEGACIÓNS POLA DESAPARICIÓN DA MESA ELECTORAL DE DONÍS E O TRASLADO DOS SEUS ELECTORES A S...
16/10/2026

📢 O PP DE CERVANTES PRESENTA ALEGACIÓNS POLA DESAPARICIÓN DA MESA ELECTORAL DE DONÍS E O TRASLADO DOS SEUS ELECTORES A SAN ROMÁN

🗳️ A Oficina do Censo Electoral comunicounos que a mesa electoral de Donís desaparece ao baixar dos 200 electores.

❗ Pero hai algo importante que queremos aclarar:

Segundo nos informou a propia Oficina do Censo Electoral, foi o Concello de Cervantes quen propuxo que estes veciños e veciñas teñan que desprazarse ata San Román para votar, cando a mesa electoral de Quindous está considerablemente máis preto.

🚗 Por poñer un exemplo:

📍 CASTELO
🔴 A San Román: 74,9 km (ida e volta).
🟢 A Quindous: 37,2 km (ida e volta).

➡️ Practicamente o dobre de distancia para exercer o dereito ao voto.

❌ Desde o Partido Popular de Cervantes manifestamos o noso total desacordo con esta proposta.

📝 Por este motivo, xa presentamos alegacións ante a Xunta Electoral Provincial de Lugo e o Concello de Cervantes, solicitando:

✅ PRIMEIRO: Que se estuden todas as posibilidades legais para manter a mesa electoral de Donís.

✅ SEGUNDO: Se non é posible mantela, que os electores sexan asignados á mesa de Quindous, moito máis próxima ás súas aldeas.

🏘️ O despoboamento xa nos fai perder demasiados servizos. Non podemos engadir máis dificultades á xente que segue vivindo nas nosas aldeas.

🤝 Desde o Grupo Municipal Popular de Cervantes seguiremos defendendo os intereses da nosa veciñanza.

15 DE OUTUBRO | DÍA DAS MULLERES RURAIS 💙 Hoxe queremos recoñecer e agradecer o esforzo, a dedicación e o traballo de to...
15/10/2026

15 DE OUTUBRO | DÍA DAS MULLERES RURAIS

💙 Hoxe queremos recoñecer e agradecer o esforzo, a dedicación e o traballo de todas as mulleres que manteñen vivo o noso rural.

🏡 As mulleres son pasado, presente e futuro de Cervantes e dos Ancares.

Dende o PP de Cervantes, grazas por tanto! 💐

🏥 AS NUMEROSAS XESTIÓNS DO GRUPO POPULAR DE CERVANTES DAN OS SEUS FROITOS COA INCORPORACIÓN DUN NOVO MÉDICO DE FAMILIA E...
14/10/2026

🏥 AS NUMEROSAS XESTIÓNS DO GRUPO POPULAR DE CERVANTES DAN OS SEUS FROITOS COA INCORPORACIÓN DUN NOVO MÉDICO DE FAMILIA EN SAN ROMÁN

🤝 Despois de meses de esforzo, insistencia e numerosas xestións realizadas polo Grupo Municipal Popular de Cervantes, celebramos a incorporación de Yansel Fernández como médico de familia no Centro de Saúde de San Román.

📢 Cómpre lembrar que foi o Grupo Popular de Cervantes quen levou a situación do Centro de Saúde a un pleno extraordinario, trasladando a preocupación existente pola falta de cobertura diaria dunha das dúas prazas médicas e reclamando unha solución.

A esta iniciativa sumáronse numerosas xestións ante a Consellería de Sanidade e a Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, co obxectivo de recuperar a presenza diaria dos dous facultativos.

👨‍⚕️ Hoxe esa demanda é unha realidade: o Centro de Saúde de San Román recupera a atención dos dous médicos de familia de luns a venres.

🏥 O noso portavoz, Óscar Fernández, achegouse persoalmente ao centro de saúde para darlle a benvida a Yansel Fernández, agradecerlle a súa incorporación e trasladarlle todo o seu apoio nesta nova etapa profesional.

👏 Queremos deixar claro que o Centro de Saúde de San Román sempre prestou un bo servizo sanitario, grazas á profesionalidade, dedicación e compromiso do seu persoal. A recuperación da presenza diaria dos dous facultativos supón un reforzo importante para continuar ofrecendo unha atención de calidade.

🙏 Agradecemos á Xunta de Galicia, á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo a súa disposición e atención ás demandas trasladadas.

💙 Desde o Grupo Popular de Cervantes seguiremos traballando, insistindo e realizando todas as xestións necesarias para defender os servizos públicos do noso concello.

OS FEITOS DEMOSTRAN A IMPORTANCIA DE ESCOITAR, RECLAMAR E TRABALLAR POLOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

12/10/2026

España no abandona a los suyos.
España se defiende.
España se protege.

🇪🇸 ¡Feliz Día de la Hispanidad! 🇪🇸

🤝 ALFONSO VILLARES, DELEGADO DA XUNTA EN LUGO, VISITA CERVANTES PARA INTERESARSE POLA ACTIVIDADE LOCAL E AS NECESIDADES ...
08/10/2026

🤝 ALFONSO VILLARES, DELEGADO DA XUNTA EN LUGO, VISITA CERVANTES PARA INTERESARSE POLA ACTIVIDADE LOCAL E AS NECESIDADES QUE TEN O MUNICIPIO

🐂 Durante a xornada, o delegado visitou o centro de elaboración da Cooperativa A Carqueixa "O Sabor dos Ancares" para coñecer de primeira man o seu traballo e as súas instalacións. Hai que destacar que, nos últimos tres anos, esta recibiu preto de 120.000 € en axudas da Xunta de Galicia.

🏘️ A visita continuou co encontro con membros da Asociación San Felipe de Balgos, apoiada tamén pola Xunta en actuacións como a rehabilitación dunha fonte entre outras actuacións.

🤝 O noso voceiro, Óscar Fernández, acompañado por membros do PP Local, aproveitou a ocasión para trasladarlle ó delegado diversas necesidades e demandas de varias aldeas de Cervantes.

🙏 O noso agradecemento a ambas entidades polo importante labor que desenvolven e a Alfonso Villares pola súa proximidade, interese e disposición para coñecer sobre o terreo o que acontece en Cervantes e que precisa para seguir avanzando.

08/10/2026
A INSISTENCIA DO GRUPO POPULAR DE CERVANTES, XUNTO COS VECIÑOS E VECIÑAS DE SAN MARTÍN DA RIBEIRA, CONSEGUE A MELLORA DO...
07/10/2026

A INSISTENCIA DO GRUPO POPULAR DE CERVANTES, XUNTO COS VECIÑOS E VECIÑAS DE SAN MARTÍN DA RIBEIRA, CONSEGUE A MELLORA DO ACCESO Á IGREXA⛪

Despois das reclamacións realizadas polo Grupo Municipal Popular de Cervantes, xunto coa insistencia e presión veciñal, por fin puido levarse a cabo a mellora dos aproximadamente 30 metros de acceso á igrexa parroquial de San Martín da Ribeira.

Unha actuación pequena en extensión, pero básica e fundamental para a parroquia.

🏘️ Desde o Grupo Popular seguimos visitando as aldeas do noso concello, escoitando de primeira man as demandas dos nosos veciños e veciñas e traballando para que sexan atendidas.

Seguiremos escoitando, reclamando e buscando solucións. 🤝

NOVOS NEGOCIOS QUE DAN VIDA A CERVANTESDende o PP de Cervantes queremos dar a noraboa a Campa da Braña Pensión e Taberna...
05/10/2026

NOVOS NEGOCIOS QUE DAN VIDA A CERVANTES

Dende o PP de Cervantes queremos dar a noraboa a Campa da Braña Pensión e Taberna nesta nova etapa. 👏

É unha gran satisfacción ver como novos negocios e iniciativas apostan por Cervantes, crean actividade e manteñen vivo o noso rural.

🍀 Moita sorte e moitos éxitos nesta nova andaina!

05/10/2026

Dirección

Cervantes

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Partido Popular de Cervantes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir