CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO CONCELLO DE CERVO AYUNTAMIENTO DE CERVO
Praza s/n. 27891 Cervo
Tlf:982 55 77 77 // Fax: 982 55 77 29
www.concellodecervo.com

🤝O CONCELLO DE CERVO CEDE Á ASOCIACIÓN AMIGOS DO CAMIÑO DO MAR UN ESPAZO NAS CARBOEIRAS, EN SARGADELOS, PARA IMPULSAR A ...
22/10/2026

🤝O CONCELLO DE CERVO CEDE Á ASOCIACIÓN AMIGOS DO CAMIÑO DO MAR UN ESPAZO NAS CARBOEIRAS, EN SARGADELOS, PARA IMPULSAR A PROMOCIÓN DA RUTA E DO TERRITORIO

📌O novo espazo, situado na Sala Cultural Xosé Vizoso de Sargadelos, será o punto de partida este domingo 25 de outubro da terceira etapa do Camiño do Mar, que unirá Cervo e Xove.

✅️O Concello concede ademais á entidade unha axuda de 5.000 euros para apoiar o seu labor de promoción e dinamización do Camiño do Mar

O Concello de Cervo dá un novo paso na súa colaboración coa Asociación Amigos do Camiño do Mar coa cesión dun espazo no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, e cunha achega económica de 5.000 euros para apoiar o labor que desenvolve a entidade na promoción e difusión desta ruta xacobea.

A actividade da asociación convivirá neste espazo coa programación cultural habitual, que inclúe exposicións, charlas e outras iniciativas, así como co proxecto de coworking Azul Cobalto, que tamén se desenvolverá na Sala de Cultura Xosé Vizoso, favorecendo así un uso compartido e dinámico destas instalacións como punto de encontro para a cultura, o emprendemento e a promoción do territorio.

🤝Esta colaboración dá continuidade ao traballo conxunto que o Concello e a asociación veñen mantendo ao longo dos últimos anos, durante os que a entidade traballou para dar a coñecer o Camiño do Mar, impulsar o seu percorrido e poñer en valor os recursos patrimoniais, naturais e culturais dos lugares polos que discorre, neste caso de Cervo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que visitou o espazo xunto ao presidente da asociación, Manuel Vicente, destacou a importancia de seguir acompañando este labor e de reforzar o apoio municipal cun novo compromiso que permitirá á asociación contar cun espazo de referencia desde o que desenvolver a súa actividade.
🗣“Desde o Concello de Cervo levamos anos colaborando coa Asociación Amigos do Camiño do Mar, acompañando e apoiando o seu labor de promoción desta ruta. Agora queremos dar un paso máis, facilitándolles un espazo propio desde o que desenvolver a súa actividade e reforzando ese apoio cunha achega económica de 5.000 euros. É unha maneira de recoñecer o enorme traballo que se fixo ata o de agora e o que se segue facendo para que o Camiño do Mar continúe medrando”, sinalou a rexedora.

🚶‍♀️🚶‍♂️García Caramés puxo tamén o foco no crecente interese que esperta esta ruta entre as persoas peregrinas e nas oportunidades que ofrece para o desenvolvemento turístico e económico de Cervo e de toda a comarca.
🗣“Cada vez son máis as persoas que se animan a percorrer o Camiño do Mar, unha ruta que nos permite dar a coñecer a nosa paisaxe, o noso patrimonio, a nosa cultura e a nosa forma de vivir. É importante para Cervo e para toda a comarca, porque pode atraer visitantes, favorecer a actividade económica e contribuír a que se coñeza mellor todo o que temos que ofrecer”, afirmou.

A alcaldesa quixo recoñecer expresamente o compromiso e a constancia das persoas que forman parte da asociación, que levan anos traballando para impulsar e dar visibilidade ao Camiño do Mar.

🙌“Detrás de cada etapa, de cada actividade e de cada avance hai moito esforzo, dedicación e ilusión. Ese traballo merece ser recoñecido e apoiado. Desde o Concello queremos seguir camiñando da súa man, colaborando en novas iniciativas e contribuíndo a que esta ruta siga consolidándose como un recurso patrimonial, cultural e turístico de primeira orde”, engadiu.

TERCEIRA ETAPA DO CAMIÑO DO MAR, ESTE DOMINGO
A colaboración entre o Concello e a asociación terá tamén unha nova expresión este domingo, 25 de outubro, coa celebración da terceira etapa do Camiño do Mar, que unirá os municipios de Cervo e Xove. A saída terá lugar na Sala Cultural Xosé Vizoso, en Sargadelos, que será a nova sede da asociación e que se converterá así nun punto de referencia para esta nova xornada da ruta.
Ademais, o Concello e a asociación colaborarán na organización de diferentes actividades relacionadas co Camiño do Mar, co obxectivo de achegar esta ruta á veciñanza, favorecer a participación e continuar divulgando o seu valor e as súas posibilidades.

Con esta iniciativa, o Concello de Cervo reafirma o seu compromiso coa promoción do Camiño do Mar, o apoio ao asociacionismo e a creación de novos espazos de colaboración que contribúan á dinamización cultural, turística e económica do municipio.

Camino del Mar

🎶🌰O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NO II MAGOSTO MUSICAL DE FOL DO RAXAL ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁNO Con...
22/10/2026

🎶🌰O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NO II MAGOSTO MUSICAL DE FOL DO RAXAL ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁN

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no II Magosto Musical, unha cita festiva que combina música tradicional, gastronomía e convivencia veciñal e que terá lugar este mesmo sábado, 24 de outubro, a partir das 18:00 horas, no pavillón de San Román.

A cita está organizada pola asociación Fol do Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes Veciñais de San Román de Vilaestrofe.

A xornada contará coas actuacións de Caxoto Contacontos, Pandeireteiras da Sementeira, O Arco da Vella e Fol do Raxal. Ademais, as persoas asistentes poderán g***r de comida, bebida e castañas de balde.

Ao rematar as actuacións, a festa continuará cunha foliada libre, aberta á participación de todas as persoas que queiran sumarse e compartir a música e a tradición.

Desde o Concello de Cervo anímase a toda a veciñanza a achegarse a San Román e g***r desta proposta, que contribúe a manter vivas as tradicións e a fortalecer a convivencia e a participación comunitaria.
📸 Na presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, e membros da asociación Fol do Raxal.

Hoxe é  xoves de Sanci Tapeando!!! 🍽 Aquí tedes o menú que nos teñen preparado os locais participantesNon o perdas!
22/10/2026

Hoxe é xoves de Sanci Tapeando!!!
🍽 Aquí tedes o menú que nos teñen preparado os locais participantes
Non o perdas!

♻️O CONCELLO DE CERVO REVALIDA A BANDEIRA VERDE DE GALICIA POLO SEU COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE E A CONSERVACIÓN DO ...
21/10/2026

♻️O CONCELLO DE CERVO REVALIDA A BANDEIRA VERDE DE GALICIA POLO SEU COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

✅️As melloras na accesibilidade, a eficiencia enerxética, a protección da biodiversidade e as iniciativas de sensibilización ambiental forman parte das actuacións presentadas nesta convocatoria.

O Concello de Cervo vén de recibir a Bandeira Verde de Galicia, un distintivo co que a Xunta de Galicia recoñece o labor dos municipios que destacan polo desenvolvemento de iniciativas orientadas á protección ambiental, á sustentabilidade e á conservación da paisaxe e do patrimonio natural.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse este mércores ata Ribadulla, no municipio de Vedra, para recoller este recoñecemento, da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que pon en valor o traballo que se está a desenvolver desde a Administración local en diferentes ámbitos relacionados coa mellora da contorna e a calidade de vida da veciñanza.

🙌A rexedora agradeceu a concesión da Bandeira Verde e destacou que “este recoñecemento anímanos a seguir avanzando nun modelo de concello máis sostible, no que a protección do medio ambiente estea presente nas decisións e nas actuacións que desenvolvemos no día a día”.
García Caramés incidiu tamén na importancia de combinar as melloras nos servizos e nos espazos públicos coa conservación dos recursos naturais.

🗣“En Cervo traballamos para que a sustentabilidade se traduza en accións concretas: desde reducir o consumo enerxético e mellorar a xestión dos residuos ata recuperar espazos naturais, protexer a biodiversidade e facer máis accesibles os nosos núcleos e itinerarios”, sinalou.

Entre as actuacións presentadas nesta convocatoria figuran as melloras de accesibilidade en espazos urbanos e patrimoniais, como o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, a creación e recuperación de itinerarios peonís e a posta en valor de sendeiros na contorna costeira de San Ciprián e nos núcleos rurais.

No ámbito da protección ambiental, destacan as medidas para reducir os residuos no litoral, coa instalación de contedores elaborados con materiais reciclados para a recollida de residuos mariños e dispositivos específicos para cabichas nas praias, así como accións destinadas a favorecer a biodiversidade, entre elas a colocación de caixas niño, a plantación de especies autóctonas e o control e eliminación de flora exótica invasora.

A estas iniciativas súmanse as actuacións de eficiencia enerxética, como a renovación progresiva do alumeado público, as melloras enerxéticas en edificios municipais e a instalación de caldeiras de pellets en equipamentos públicos, ademais da adhesión do municipio ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía.

A xestión responsable dos residuos e da auga constitúe outro dos eixes de traballo, co fomento da compostaxe doméstica, a recollida de biorresiduos, o funcionamento dos puntos limpos fixo e móbil e as melloras nas redes de abastecemento e saneamento.

A alcaldesa puxo igualmente o foco na sensibilización e na implicación social, con iniciativas como o programa Coida Cervo e as actuacións de restauración ecolóxica e reforestación.
🗣🤝“O coidado da contorna é unha responsabilidade compartida. A colaboración da veciñanza resulta fundamental para consolidar os avances e deixar ás vindeiras xeracións un Cervo máis verde, saudable e respectuoso co seu patrimonio natural”, concluíu.

🤝🏫 O CONCELLO DE CERVO DÁ CONTINUIDADE Á REFLEXIÓN SOBRE A MASCULINIDADE NA ADOLESCENCIA A TRAVÉS DO PLAN CORRESPONSABLE...
21/10/2026

🤝🏫 O CONCELLO DE CERVO DÁ CONTINUIDADE Á REFLEXIÓN SOBRE A MASCULINIDADE NA ADOLESCENCIA A TRAVÉS DO PLAN CORRESPONSABLES

O Ies Marqués de Sargadelos acolleu esta semana a segunda das charlas baixo o título Repensar a masculinidade na adolescencia: identidade, presión social e modelos funcionais, unha iniciativa enmarcada no Plan Corresponsables en Cervo 2026 e impartida por UniSer Coaching.

A sesión, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, deu continuidade a este espazo de reflexión arredor dos modelos de masculinidade na adolescencia, abordando a influencia dos mandatos sociais, a presión do grupo e os referentes dixitais, así como a importancia de cuestionar os estereotipos tradicionais e promover relacións máis igualitarias, saudables e respectuosas.

👏 Desde o Concello queremos agradecer ao IES Marqués de Sargadelos a súa colaboración e implicación nesta iniciativa, así como a Luz, formadora de UniSer Coaching, o seu traballo e a súa achega para fomentar o pensamento crítico, a igualdade e o respecto entre a mocidade.

🗣🤝O CONCELLO DE CERVO VOLVE RECLAMAR Á DEPUTACIÓN UNHA XESTIÓN UNIFICADA DO MUSEO DO MAR E QUE ASUMA A SÚA AMPLIACIÓN🏠O ...
20/10/2026

🗣🤝O CONCELLO DE CERVO VOLVE RECLAMAR Á DEPUTACIÓN UNHA XESTIÓN UNIFICADA DO MUSEO DO MAR E QUE ASUMA A SÚA AMPLIACIÓN

🏠O Concello cedería á institución provincial a edificación contigua que foi adquirida para ampliar o museo e facilitar así o desenvolvemento do proxecto

O equipo de goberno de Cervo levou ao pleno municipal unha proposta para solicitar á Deputación Provincial de Lugo que asuma a ampliación do Museo do Mar e a súa xestión, co obxectivo de garantir un modelo de funcionamento unificado, coherente e eficiente para todo o complexo museístico.

A iniciativa foi ratificada por unanimidade de toda a Corporación municipal, amosando o consenso existente sobre a necesidade de avanzar nesta liña.

🛥️O Museo do Mar é un espazo fundamental para a conservación e difusión do patrimonio cultural, histórico e identitario de Cervo, estreitamente vinculado ao mar e á tradición mariñeira de San Ciprián. Por iso, o Concello considera prioritario garantir o seu futuro cun proxecto global que permita integrar adecuadamente as instalacións actuais e a futura ampliación.

Nos últimos anos, o Concello de Cervo vén traballando para facer posible este proxecto, impulsando diferentes actuacións, entre elas a adquisición de terreos anexos ao equipamento actual. Neste sentido, a disposición municipal é clara: o Concello está disposto a ceder á Deputación a edificación contigua situada nestes terreos para facer posible o proxecto, co fin de que a institución provincial poida asumir a súa execución e garantir unha xestión integrada do conxunto.

✅Ademais, o Concello vai acometer con fondos propios a humanización da contorna do Museo do Mar, unha actuación destinada a mellorar este espazo e a súa integración no ámbito urbano de San Ciprián.

A proposta aprobada polo pleno reclama que a Deputación avance na definición do modelo de xestión e asuma tamén a futura ampliación, establecendo co Concello a fórmula xurídica e administrativa máis axeitada para facer efectiva esta colaboración entre ambas as administracións.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, pide á institución provincial que dea cumprimento ao acordo plenario e abra unha vía de diálogo efectiva para concretar os seguintes pasos.
🗣“A Corporación municipal ao completo comparte a necesidade de que o Museo do Mar teña unha xestión unificada e un proxecto de futuro. Desde o Concello estamos poñendo os medios ao noso alcance, adquirindo os terreos necesarios e mellorando a contorna, e estamos dispostos a ceder á Deputación a vivenda contigua ao actual museo para que poida asumir a ampliación e garantir un funcionamento coordinado de todo o complexo”, sinala.

🙌A rexedora subliña que o obxectivo é evitar duplicidades e aproveitar os recursos públicos da maneira máis eficiente posible. “O que queremos é que a ampliación se faga realidade e que o museo funcione como un único equipamento, cunha planificación coherente e cunha xestión que estea á altura da importancia do noso patrimonio marítimo. Agora cómpre que a Deputación se sente co Concello e concretemos como avanzar”, engade.

🤝Desde o Concello de Cervo agardan que o respaldo unánime da Corporación municipal sirva para avanzar con determinación nesta demanda e que a Deputación Provincial de Lugo dea os pasos necesarios para acordar unha solución que permita desenvolver a ampliación e garantir o futuro do Museo do Mar de San Ciprián como referente cultural e patrimonial do municipio.

⚠️ PEDIMOS A COLABORACIÓN E A RESPONSABILIDADE DE TODOS NO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DOS CAMPOSO parque infantil da Praza...
20/10/2026

⚠️ PEDIMOS A COLABORACIÓN E A RESPONSABILIDADE DE TODOS NO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DOS CAMPOS

O parque infantil da Praza dos Campos está actualmente en obras e, nestes días, estase a executar unha das fases máis delicadas dos traballos: a instalación do pavimento de caucho.

A empresa encargada da actuación detectou que se saltou o valado de protección para acceder ao recinto, unha situación que nos preocupa especialmente polo risco que supón entrar nunha zona de obras e pola posibilidade de danar uns traballos que necesitan tempo e unhas condicións adecuadas para a súa correcta execución.

🙏 Desde o Concello de Cervo pedimos a colaboración e a responsabilidade de todos para respectar o peche e non acceder ao recinto ata que as obras estean rematadas e o parque poida abrirse con todas as garantías de seguridade.

🚧 Non é só unha cuestión de respectar as obras, senón tamén de seguridade. Acceder a unha zona acoutada pode provocar accidentes e comprometer o resultado dunha actuación que está pensada para o desfrute de toda a veciñanza.

🙌O parque é de todos e para todos. Coidalo, respectar os traballos e cumprir as medidas de seguridade é responsabilidade de todos nós.

🤝Grazas pola vosa colaboración e por axudarnos a que este novo espazo infantil estea listo canto antes e nas mellores condicións para que os máis pequenos poidan desfrutalo con seguridade.

🫶🙌O CONCELLO DE CERVO LEVA O PROGRAMA ARRUGUIÑAS AO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA PARA PROMOVER O BENESTAR, A AUTONOMÍA E A C...
20/10/2026

🫶🙌O CONCELLO DE CERVO LEVA O PROGRAMA ARRUGUIÑAS AO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA PARA PROMOVER O BENESTAR, A AUTONOMÍA E A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS MAIORES

➡️🦮O programa xa arrancou con obradoiros de manualidades e estimulación cognitiva, acompañamento diario polas tardes e sesións de intervención asistida con cans

O Concello puxo en marcha o programa municipal Arruguiñas tamén nas instalación do Centro de Día Residencia, co obxectivo de achegar ás persoas maiores novas oportunidades de participación, socialización e benestar, adaptadas ás súas necesidades e ao seu día a día no centro.

A iniciativa xa está en marcha con diferentes propostas, entre as que destacan os obradoiros de manualidades «Coas túas mans», pensados para estimular a creatividade e favorecer a participación a través de actividades prácticas, e os talleres de habilidades cognitivas, centrados no traballo da atención, a concentración e a psicomotricidade.

Ademais, o programa conta cunha monitora todas as tardes, que acompaña as persoas residentes e dinamiza as actividades, favorecendo a interacción, o entretemento e o mantemento das capacidades a través dunha atención próxima e adaptada.

Outra das propostas máis especiais son as sesións de intervención asistida con cans, que se desenvolven da man de Veterinaria a Domicilio. EMotivaVet coa cadela Tila. Estas actividades buscan favorecer a expresión emocional, a comunicación e a interacción social, creando momentos de conexión e benestar para as persoas participantes.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitou tamén hai uns días a residencia para coñecer de primeira man a evolución do centro e as melloras realizadas nas súas instalacións.

✅️Entre as novidades destaca a reorganización dos espazos impulsada pola nova xerencia, que decidiu trasladar o ximnasio á planta 0, facilitando o acceso e o uso desta instalación, e destinar a sala da planta -1 a actividades para as persoas residentes.
🤗Esta redistribución permite dispoñer dun espazo específico para propostas colectivas, mentres que a sala de ximnasio se orienta ao traballo físico e á rehabilitación funcional, contribuíndo a manter a mobilidade, a autonomía e as capacidades das persoas maiores.

A alcaldesa puxo en valor tanto a posta en marcha de Arruguiñas na residencia como as melloras realizadas, destacando a importancia de sumar esforzos para ofrecer unha atención integral ás persoas maiores.

🗣“Para nós é fundamental que Arruguiñas chegue tamén ás persoas usuarias do CDR. Queremos que poidan desfrutar de actividades que lles resulten estimulantes, que lles permitan compartir momentos, manter as súas capacidades e sentirse acompañadas. O benestar das persoas maiores debe estar sempre no centro das nosas políticas”, sinalou García Caramés.

🥎A rexedora engadiu que “é moi positivo ver como se van mellorando os espazos e adaptando as instalacións ás necesidades das persoas residentes. A combinación de actividades de estimulación, acompañamento e intervención asistida con animais, xunto cunha contorna axeitada, contribúe a mellorar o seu día a día e a súa calidade de vida”.

Con esta iniciativa, o Concello de Cervo reafirma o seu compromiso co envellecemento activo, a atención ás persoas maiores e o desenvolvemento de propostas que favorezan a súa autonomía, participación e benestar en todas as etapas da vida.

Residencia y Centro de Día San Ciprián

🌷🚶‍♀️🚶‍♂️Camiñando unidos/as na loita contra o cancro de mama🫶
20/10/2026

🌷🚶‍♀️🚶‍♂️Camiñando unidos/as na loita contra o cancro de mama

🫶

💗 O CONCELLO DE CERVO CAMIÑA UNIDO NA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA 🌸Esta tarde celebramos en Cervo unha andaina moi esp...
19/10/2026

💗 O CONCELLO DE CERVO CAMIÑA UNIDO NA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA 🌸

Esta tarde celebramos en Cervo unha andaina moi especial, compartindo pasos, ilusión e esperanza nunha xornada de apoio á loita contra o cancro de mama

👏 Desde o Concello de Cervo, queremos agradecer de corazón a todas as persoas que participastes nesta andaina, pola vosa presenza, implicación e solidariedade. Grazas por sumarvos a esta causa e por demostrar que, camiñando xuntos, podemos dar visibilidade a unha loita que nos une a todos e todas.

🌷 A actividade rematou coa creación dun pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, unha fermosa maneira de simbolizar esta xornada, a loita e a esperanza.

💗 Queremos facer tamén un agradecemento moi especial a Mulleres de San Ciprián polo cariño e a dedicación que puxeron na decoración da cafetaría da Casa do Mar, creando un ambiente moi especial, en tons rosas, no que compartimos unha merenda ao remate da andaina. Grazas por contribuír a que esta tarde fose aínda máis bonita e significativa.

📸 Iremos subindo máis fotografías desta tarde tan especial para compartir con todos e todas os momentos vividos.

🌸 Grazas por camiñar con nós, por colaborar e por formar parte desta iniciativa.

En Cervo, seguimos camiñando xuntos na loita contra o cancro de mama 💗

Dirección

Praza Do Concello
Cervo
27891

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO:

Atajos

Compartir