21/10/2026
‼ A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria Agacal - Experiencias de Calidade de Galicia celebrou esta tarde no Telecentro de Chantada unha xornada sobre a elaboración artesanal de pan e empanadas como ferramenta de diferenciación e creación de valor.
O programa incluíu o relatorio O pan e as empanadas galegas, retos alimentarios e valores diferenciais, impartido pola Cátedra do Pan e do Cereal da Universidade de Santiago de Compostela, así como a presentación das experiencias profesionais de Pan Artesan do Manuel, de Outeiro de Rei, e La Empanada Viajera da Coruña.
👉 Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029694/medio-rural-impulsa-chantada-elaboracion-artesanal-pan-empanadas-como-ferramenta