PSdeG-PSOE Chantada

Cómo llegar Contactar con la organización

PSdeG-PSOE Chantada O foro dos socialistas chantadinos. Infórmate, pregunta, opina e participa!!!

Celebramos que os semáforos da Avenida de Monforte volvan funcionar tras varias semanas inhabilitados. Por desgraza, est...
17/10/2026

Celebramos que os semáforos da Avenida de Monforte volvan funcionar tras varias semanas inhabilitados.

Por desgraza, este atraso non é un feito illado, senón o reflexo da xestión do goberno de Manuel Lorenzo Varela: lenta, sen planificación e sen interese por sacar o traballo adiante.

Un exemplo claro desta desidia (que tamén levamos ao pleno do 1 de outubro) é o que ocorre na contorna das piscinas municipais e do paseo do río Asma. Esta zona sufriu graves danos e derrumbamentos polos temporais, pero mentres a Confederación Hidrográfica cumpriu cos seus compromisos e rematou as súas obras a comezos de setembro, o Concello mantén o paso bloqueado.

Os arredores das piscinas seguen pechados ao público unicamente por mor duns traballos de competencia municipal que levan meses paralizados e sen ningún tipo de avance.

Exemplo tras exemplo, o goberno local amosa un desinterese absoluto por mellorar Chantada. Preguntámonos se haberá que agardar a que se acheguen as vindeiras eleccións municipais para que ao alcalde lle entren as présas e execute a ritmo electoral o traballo que non fai durante o resto da lexislatura.

05/10/2026
Este sábado, o noso Secretario Xeral Jaime Losada Sobrado e os concelleiros Mariano López Nieves e Matías Zelarayán esti...
27/09/2026

Este sábado, o noso Secretario Xeral Jaime Losada Sobrado e os concelleiros Mariano López Nieves e Matías Zelarayán estiveron na primeira edición do MercaSacra, un evento organizado pola CCA Ribeira Sacra que tivo unha gran acollida na vila e serviu para visibilizar e potenciar o noso comercio local. 🛒✨

Artesanía, produtos alimentarios, música, xogos infantís… Unha xornada chea de vida e convivencia! 🥳

Tamén nos acompañou Iván Castro, deputado provincial, en representación da Deputación de Lugo , entidade que financiou este proxecto e que segue a apostar forte polas asociacións e o tecido comercial da provincia. 👏

Despois de varias xuntanzas coa Asociación de Empresarios de Chantada e coa Deputación de Lugo, alégranos moito ver o éxito final do evento.

Esperemos que isto sexa só o comezo do moito que está por vir nos vindeiros anos! 💪

[📸 Fotos extraídas das redes de Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra]

Mañá, sábado 26 de setembro terá lugar a primeira edición do Merca Sacra.Este evento supón unha oportunidade para reforz...
25/09/2026

Mañá, sábado 26 de setembro terá lugar a primeira edición do Merca Sacra.

Este evento supón unha oportunidade para reforzar o papel de Chantada como núcleo dinamizador da comarca e como punto de atracción turística dentro da Ribeira Sacra.

Dende o Psdg-Psoe de Chantada queremos agradecer unha vez máis á Deputación de Lugo e á súa presidenta Carmela López o compromiso co noso Concello aportando preto de 17.000 € que a bó seguro terá unha gran repercusión no noso tecido comercial e hostaleiro da vila.

Este evento organizado polo CCA Ribeira Sacra incluirá feira de artesanía, feira de alimentación, programación cultural coa agrupación tradicional – Casa da Música de Chantada, as Searas, Tirapralá, Daquídoasma, os Barrios e Son de Lume, así como contacontos ou inchables para os máis cativos.
Esta feira conta, ademáis con unha actividade previa e unida a esta campaña na cal todos os clientes que merquen nos establecementos asociados poderán canxear os seus tickets por agasallos. Ademáis, ao presentar os seus tickets na oficina da Asociación recibirán unha rifa numerada para o sorteo de 2 vales de 500€ para gastar nos establecementos asociados.

MERCASACRA chega a Chantada grazas a Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra e co apoio da Deputación de Lugo para potenci...
11/08/2026

MERCASACRA chega a Chantada grazas a Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra e co apoio da Deputación de Lugo para potenciar e fomentar o comercio local da vila!!!

Pola nosa banda, intentamos botar unha man para que este proxecto saíra adiante.

Anota a data: 26 de setembro de 2026

🔴 RESUMO DO PLENO 23/07/2026
26/07/2026

🔴 RESUMO DO PLENO 23/07/2026

🔴 RESUMO DO PLENO 28/05/2026
26/07/2026

🔴 RESUMO DO PLENO 28/05/2026

🔵 O PP aprobou en solitario un endebedamento bancario de de 4,2 MILLÓNS de euros para Chantada.🔴 Dende o PSdG-PSOE Chant...
14/07/2026

🔵 O PP aprobou en solitario un endebedamento bancario de de 4,2 MILLÓNS de euros para Chantada.

🔴 Dende o PSdG-PSOE Chantada votamos rotundamente EN CONTRA. ❌

ℹ️ Explicámosvos por que esta operación é unha temeridade para o noso municipio.

‼️ Máis planificación e menos chapuzas: Presentamos unha moción para un Plan de Mantemento das instalacións deportivas d...
20/05/2026

‼️ Máis planificación e menos chapuzas: Presentamos unha moción para un Plan de Mantemento das instalacións deportivas de Chantada.

Parquéts que se arranxan baixo tellados con goteiras de hai 20 anos, desinfeccións con cloro con usuarios dentro, arranxos incompletos e outros que tardan anos en chegar.

A xestión deportiva non pode depender do márketing político nin da improvisación. Hai que ter un plan (baseado en normativa vixente) que estipula a orde de prioridades e a forma de proceder. Todo o demais é improvisación e preferencias persoais da Concelleira… e iso acabase traducindo en menor calidade e maior gasto público.

Por outro lado, antes de construír cousas novas, hai que coidar e garantir a seguridade do que xa temos! No próximo pleno pediremos ao resto de partidos que se sumen a esta proposta rigorosa e organizada que garantirá melloras nas instalacións deportivas e na súa práctica.

🗣️ Sabedes de máis instalacións que deban ser acondicionadas?? Facédenolo saber e o comentaremos no próximo pleno!

Hoxe desprazámonos ata Belesar para desfrutar da XX Feira do Viño e da Cereixa. Unha festa, por certo, cunha participaci...
16/05/2026

Hoxe desprazámonos ata Belesar para desfrutar da XX Feira do Viño e da Cereixa. Unha festa, por certo, cunha participación record.

Sempre é bo momento para agradecer aos ribeiráns e ás ribeirás, pero hoxe particularmente, co pregón de Anxo González Guerra, foi especial! 🍒🍷

Dirección

Rúa Fontearcada, 2 Entrechán
Chantada
27500

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Chantada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PSdeG-PSOE Chantada:

Atajos

Compartir

Categoría