Concello de Coles

Cómo llegar Página web

Concello de Coles Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Coles, Organización gubernamental, Coles.

🏘️ En Coles precisamos vivenda protexida 🏠🌳Queremos que a nosa xente teña a oportunidade de quedar en Coles, acceder a u...
08/10/2026

🏘️ En Coles precisamos vivenda protexida 🏠🌳

Queremos que a nosa xente teña a oportunidade de quedar en Coles, acceder a unha vivenda e iniciar aquí o seu proxecto de vida.

📍 Por iso, desde o Concello de Coles puxemos á disposición da Xunta de Galicia unha parcela municipal situada entre Vilarchao e Albán, na zona da Finca do Diestro, co obxectivo de favorecer a posible promoción de vivenda protexida no noso concello.

📋 A Xunta, como administración competente en materia de vivenda, ten en conta, entre outros factores, a demanda existente e o número de persoas inscritas como demandantes de vivenda protexida á hora de planificar novas actuacións.

👉 Se che interesa acceder a unha vivenda protexida en Coles, inscríbete como demandante e indica COLES como concello preferente. Podes facelo en calquera momento do ano.

📲 A inscrición faise na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, no procedemento VI428C – Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Galicia (RUDEVI). Tamén podes presentala de xeito presencial con cita previa.

💡 Neste carrusel explicámosche paso a paso como facelo, que documentación podes necesitar e como presentar a solicitude.

❤️ Se queremos vivenda protexida en Coles, temos que facer visible que existe demanda. Inscríbete e compárteo!

📢 A Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda convoca 3 prazas para o Centro de Información á Muller (CIM)As prazas son...
07/10/2026

📢 A Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda convoca 3 prazas para o Centro de Información á Muller (CIM)
As prazas son estas:
🔹 Asesor/a xurídico/a (grupo A1)
🔹 Psicólogo/a (grupo A1)
🔹 Axente dinamizador/a en materia de igualdade
O sistema de selección é o concurso-oposición.
📅 Prazo de solicitudes: 20 días hábiles desde o 6 de outubro de 2026, ao día seguinte da publicación do extracto no BOE do 5 de outubro.
📄 As bases completas están publicadas no BOP de Ourense nº 149, do 7 de agosto de 2026, e pódense consultar na sede electrónica e no taboleiro de anuncios da Mancomunidade.
🔗 mancomunidadesantaagueda.sedelectronica.es
O CIM é un servizo fundamental para a igualdade e a atención ás mulleres dos nosos concellos: Coles, Amoeiro, A Peroxa e Vilamarín. Se coñeces a alguén con este perfil, compárteo! 💜

Imaxes que nos deixa a XVII ANDAINA do CONCELLO DE COLES 🌳Esta vez os pasiños solidarios foron en favor da asociación BI...
07/10/2026

Imaxes que nos deixa a XVII ANDAINA do CONCELLO DE COLES 🌳

Esta vez os pasiños solidarios foron en favor da asociación BICOS DE PAPEL 💋

Foi unha xornada de camiñar, compartir e sumar ✨

🎉 CHEGA A 7ª VERBENA CHARAMUSGAS! 🎶📅 10 de outubro📍 Cambeo – ColesEste 10 de outubro, Cambeo vístese de festa e viaxamos...
05/10/2026

🎉 CHEGA A 7ª VERBENA CHARAMUSGAS! 🎶

📅 10 de outubro
📍 Cambeo – Coles

Este 10 de outubro, Cambeo vístese de festa e viaxamos aos anos 50 para g***r dunha xornada chea de música, baile, tradición e moito ambiente.

🍷 13:00 h – Sesión vermú
🎵 Banda de música Santa...dega
🥁 Pandeireteiras Charamusgas
🍽️ Xantar no campo
📞 Reservas: 660 574 336
💃 17:30 h – Obradoiro de baile con Luis Prego
🎶 20:30 h – Concerto

E para rematar... foliada aberta e grupos convidados! 🪗🎻

Unha xornada para compartir, bailar, cantar e desfrutar da nosa cultura e das nosas tradicións en boa compañía.

👉 Agardámosvos en Cambeo!

💃 CLASES DE BAILE EN COLES! 🕺A música e o baile tamén teñen o seu espazo no noso concello! 🎶Se che gusta bailar ou simpl...
04/10/2026

💃 CLASES DE BAILE EN COLES! 🕺

A música e o baile tamén teñen o seu espazo no noso concello! 🎶

Se che gusta bailar ou simplemente queres pasar un bo rato, anímate a participar nas nosas clases de baile:

💛 BAILE LATINO
📅 Todos os venres
📍 Sala Polideportiva Albán

🤍 BAILE TRADICIONAL
📅 Todos os luns
📍 Sala Polideportiva Albán

Unha oportunidade para aprender, divertirse, compartir e manter vivas as nosas tradicións 🌿🎵

Imaxes que nos deixa a andaina do pasado domingo, MERGÚLLATE 🌳🙌🏼Unha camiñata maravillosa, en comunidade e cunha contorn...
02/10/2026

Imaxes que nos deixa a andaina do pasado domingo, MERGÚLLATE 🌳🙌🏼

Unha camiñata maravillosa, en comunidade e cunha contorna fermosa, visitando parte do noso patrimonio no Concello de Coles ✨

🌳 COLES AVANZA NA XESTIÓN CONXUNTA E SOSTIBLE DO MONTEDespois de meses de traballo, con varias xuntanzas cos propietario...
01/10/2026

🌳 COLES AVANZA NA XESTIÓN CONXUNTA E SOSTIBLE DO MONTE

Despois de meses de traballo, con varias xuntanzas cos propietarios e encontros sobre o terreo, a creación de dúas Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta no Concello de Coles xa é unha realidade.

As iniciativas localízanse en:
📍 Costa da Eirexe -Ribela (parroquia de San Xillao de Ribela): a agrupación xa está dada de alta e conta cun perímetro definitivo.
📍 Ribeira do Miño (parroquia de San Miguel de Melia ): a agrupación conta cunha zona de actuación definida, e neste momento estase a concretar o perímetro definitivo das parcelas que formarán parte da xestión conxunta.

Estas agrupacións permiten:
✅ Unir esforzos entre propietarios nunha xestión conxunta, profesional e sostible das parcelas forestais.
✅ Favorecer a mobilización de terreos.
✅ Recuperar a produción da terra.
✅ Manter as fincas limpas.
✅ Mellorar o aproveitamento dos recursos forestais.
✅ Avanzar cara a unha xestión máis ordenada e activa do territorio.

Recentemente mantivemos unha reunión cos presidentes de ambas as agrupacións para coñecer de primeira man a evolución dos traballos e os próximos pasos.

Desde o Concello queremos agradecer especialmente o traballo e a implicación dos presidentes e das xuntas directivas, así como de todas as persoas propietarias que participaron no proceso e fixeron posible chegar ata aquí.

O proceso conta coa colaboración e asistencia técnica de Ametlam S.L. e desenvólvese no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

👉 As persoas propietarias con parcelas nestas zonas que desexen máis información ou estudar a súa posible incorporación poden contactar coa técnica responsable:
📧 [email protected]
📞 680 38 81 62

🌱 Seguimos traballando por un monte máis xestionado, sostible e con futuro en Coles.

📢 PRÓXIMA OFERTA DE EMPREGO | CONCELLO DE COLES🌿 O Concello vai contratar 1 peón/peoa forestal📅 9 meses⏰ Xornada complet...
30/09/2026

📢 PRÓXIMA OFERTA DE EMPREGO | CONCELLO DE COLES

🌿 O Concello vai contratar 1 peón/peoa forestal

📅 9 meses
⏰ Xornada completa

A contratación farase a través do programa TR350E da Xunta de Galicia, dirixido a persoas mozas inscritas en Garantía Xuvenil.

Requisitos principais:
✅ Ter entre 18 e 29 anos
✅ Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia
✅ Constar como beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia

⚠️ Importante: non abonda con ter solicitada a inscrición. No momento da selección terás que figurar xa como beneficiario/a.

👉 Se che interesa, comproba agora a túa situación e, se aínda non estás inscrito/a, fai o trámite canto antes.

🌐 Web do SEPE – Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
📞 060 (indica «Apoio para inscribirme en Garantía Xuvenil»)
📧 [email protected]

ℹ️ Este é un aviso previo e informativo. Non é a convocatoria nin abre aínda o proceso de selección, que se tramitará a través do Servizo Público de Emprego de Galicia.

🌳Barra de Miño acolleu a XI Regata Pub Gaddafi nunha xornada espectacular de piragüismo🚣‍♀️Esta fin de semana, o marabil...
30/09/2026

🌳Barra de Miño acolleu a XI Regata Pub Gaddafi nunha xornada espectacular de piragüismo🚣‍♀️

Esta fin de semana, o marabilloso entorno de Barra de Miño foi escenario da XI Regata Pub Gaddafi, unha cita que reuniu deportistas, familias e afeccionados nunha xornada marcada polo deporte, o compañeirismo e o gran ambiente🛶

Un resultado que é froito do traballo, do esforzo e da constancia de todos os deportistas, especialmente dos máis pequenos e mozos, que seguen demostrando o gran futuro do noso piragüismo 🙌🏼

Desde o Concello de Coles queremos felicitar a todos os participantes polos seus resultados e agradecer á organización, ás familias, aos colaboradores e a todas as persoas que fixeron posible unha xornada tan especial ✨

👏 Parabéns a todos e todas!

🌿 Transmitir o saber das mulleres é tamén coidar o noso futuro.Dentro do Programa Emilia, un novo obradoiro dirixido a m...
29/09/2026

🌿 Transmitir o saber das mulleres é tamén coidar o noso futuro.

Dentro do Programa Emilia, un novo obradoiro dirixido a mulleres para recuperar, compartir e poñer en valor os coñecementos e técnicas tradicionais que forman parte da nosa historia.

🥫 “Transmisión do saber das mulleres: técnicas tradicionais de conservación de alimentos”

Un espazo para aprender, compartir e conservar aqueles saberes que pasaron de xeración en xeración e que forman parte da nosa identidade e do noso territorio.

📅 1 de outubro
🕕 18:00 h
📍 Local social de A Barra, Coles

👩‍🌾 Conservar as nosas tradicións tamén é coidar o que somos e fortalecer a comunidade.

📲 Inscricións no Concello:
988 205 134

❤️ Mulleres que gardan saberes, cultivan futuro.

Dirección

Coles
32152

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Coles publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir