Ceip de Corvillón

Cómo llegar Contactar con la organización

Ceip de Corvillón Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Ceip de Corvillón, Escuela pública, Corbillón.

15/05/2026

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o alumnado de 5º de Primaria realizou unha fermosa actividade creativa na que elaboraron un poema sobre o colexio de Corvillón ✍️📚.

A partir dese texto, transformaron as súas palabras en orixinais caligramas, dando forma aos versos e combinando literatura e arte nun mesmo traballo 🎨✨.

Grazas ao uso de ferramentas de intelixencia artificial, tamén puidemos poñerlle música á nosa creación, dándolle unha nova dimensión sonora ao poema e enriquecendo a experiencia 💻🎶.

Unha proposta chea de sensibilidade, imaxinación e orgullo pola nosa lingua! 💙💛

O alumnado de 1º e 2º participou o luns no obradoiro “Rastros e Pegadas”, unha actividade chea de curiosidade e descubri...
15/05/2026

O alumnado de 1º e 2º participou o luns no obradoiro “Rastros e Pegadas”, unha actividade chea de curiosidade e descubrimento da man de Corticata 🐾🌿. Unha xornada para aprender a observar a natureza e os seus sinais dun xeito divertido e práctico.

Hoxe, o alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo participou nun obradoiro de cociña saudable no que elaboraron unhas delicios...
15/05/2026

Hoxe, o alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo participou nun obradoiro de cociña saudable no que elaboraron unhas deliciosas hamburguesas de freixóns 🥗🍔. Unha actividade chea de aprendizaxe, sabor e diversión da man de .es

Comer saudable tamén pode ser creativo e divertido! 🌱

📚💜 Achegámonos á escola para compartir, convivir e celebrar en familia.Este venres 15 de maio ás 09:50 teremos unha xorn...
14/05/2026

📚💜 Achegámonos á escola para compartir, convivir e celebrar en familia.

Este venres 15 de maio ás 09:50 teremos unha xornada moi especial para as familias do alumnado de Educación Infantil. Un momento para desfrutar xuntos, crear recordos e fortalecer os lazos entre familia e escola. 🐙✨

Agardámosvos para pasar un rato divertido connosco!

✨ Hoxe compartimos algunhas imaxes que resumen a fermosa xornada que vivimos coa visita do ilustrador   no noso colexio....
12/05/2026

✨ Hoxe compartimos algunhas imaxes que resumen a fermosa xornada que vivimos coa visita do ilustrador no noso colexio.

Durante o seu obradoiro de debuxo aprendemos, creamos e desfrutamos moitísimo da súa maneira de entender a ilustración e a creatividade 🎨✏️

Queremos agradecerlle de corazón que viñese compartir o seu tempo, a súa experiencia e o seu talento con nós. Foi unha experiencia moi especial e unha mañá inesquecible para todo o alumnado. Grazas por facernos pasar un momento tan bonito! 💛

🎒🌿 Hoxe tocou cambiar as aulas pola aventura!Pasámolo en grande na nosa excursión ao EcoParque Atalaia 💥🏹 Tiro con arco🪢...
12/05/2026

🎒🌿 Hoxe tocou cambiar as aulas pola aventura!
Pasámolo en grande na nosa excursión ao EcoParque Atalaia 💥

🏹 Tiro con arco
🪢 Tirolina
🎨 Paintball
🧗E un Grand Prix cheo de risas, traballo en equipo e moita emoción!

Un día para lembrar, compartir e seguir creando momentos inesquecibles xuntos 💚

📢 Xa está aberta a convocatoria das Bolsas NEAE 2026/2027!Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026 poderanse solicitar as...
12/05/2026

📢 Xa está aberta a convocatoria das Bolsas NEAE 2026/2027!

Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026 poderanse solicitar as axudas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

✨ Axudas para:
🔹 Discapacidade
🔹 Trastornos graves da conduta ou da comunicación e da linguaxe
🔹 TEA
🔹 Altas capacidades

💶 Contías de ata 913€ e subsidio adicional de ata 400€.

📍Para máis información e axuda coa solicitude, podedes contactar co centro.

Hoxe comezamos a recoller a nosa colleita e o sobrante entregámosllo ás familias para que gocen dos productos naturais!
08/05/2026

Hoxe comezamos a recoller a nosa colleita e o sobrante entregámosllo ás familias para que gocen dos productos naturais!

O alumnado de 1º ciclo asistiu hoxe a carreira solidaria do colexio Abrente!
08/05/2026

O alumnado de 1º ciclo asistiu hoxe a carreira solidaria do colexio Abrente!

🏃‍♀️💙 CARREIRA SOLIDARIA 💙🏃‍♂️A nosa comunidade educativa volveu demostrar que, cando camiñamos xuntos/as, chegamos moi ...
28/04/2026

🏃‍♀️💙 CARREIRA SOLIDARIA 💙🏃‍♂️

A nosa comunidade educativa volveu demostrar que, cando camiñamos xuntos/as, chegamos moi lonxe 🌍✨

Grazas á vosa participación e solidariedade, conseguimos recadar 482,14 € que xa foron destinados a para apoiar o seu labor a favor dos dereitos da infancia.

Queremos dar as GRAZAS a todo o alumnado, familias e profesorado que fixestes posible esta iniciativa 🙌

Pequenos xestos, grandes cambios 💫

Dirección

Corbillón

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ceip de Corvillón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Ceip de Corvillón:

Atajos

Compartir

Categoría