PSdeG PSOE Corcubión

Cómo llegar Contactar con la organización

PSdeG PSOE Corcubión Páxina oficial do PSdeG-PSOE de Corcubión

08/10/2026
SETE DÍAS DESPOIS, POR FIN COBRARONHoxe, sete días despois da data habitual, o persoal municipal recibiu finalmente as s...
07/10/2026

SETE DÍAS DESPOIS, POR FIN COBRARON
Hoxe, sete días despois da data habitual, o persoal municipal recibiu finalmente as súas nóminas.

Durante estes días escoitamos explicacións diferentes: primeiro, a baixa da secretaria; despois, un problema cunha partida orzamentaria; máis tarde, o horario para determinados trámites en ABANCA. Mesmo se asegurou que os salarios chegarían o luns ou, como moi tarde, o martes. Finalmente, non se cobraron ata o mércores.

O problema xa non é só o atraso. É tamén a sucesión de versións e informacións contraditorias sobre algo tan serio como o salario de arredor de corenta traballadores e traballadoras municipais.

Mañá, no Pleno, o alcalde terá que dar explicacións claras. As familias merecen saber que pasou realmente e, sobre todo, que medidas se van adoptar para garantir que unha situación así non volva repetirse.

O PSdeG pide investigar os reiterados episodios de contaminación en QuenxeO PSdeG-PSOE de Corcubión pide actuacións ante...
15/08/2026

O PSdeG pide investigar os reiterados episodios de contaminación en Quenxe

O PSdeG-PSOE de Corcubión pide actuacións ante un novo resultado positivo por E. coli na praia de Quenxe, cun valor de 1.652 NMP/100 ml na mostra do 12 de agosto.

Non é un feito illado: en xullo xa houbo outro episodio de E. coli, relacionado cun fallo nunha estación de bombeo próxima, e o 20 de xullo detectáronse enterococos intestinais.

Por iso, reclamamos que o Concello, xunto con Augas de Corcubión e Cee, investigue a orixe destes episodios, revise a rede de saneamento e adopte medidas para evitar que se repitan.

“Tres episodios en poucas semanas esixen explicacións e solucións. Quenxe non pode quedar á espera da seguinte analítica.”

14/08/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama que se investiguen os episodios de contaminación detectados na praia de Quenxe, despois de que unha nova analítica dese

08/08/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión aclara: «Nunca estivemos en contra do centro de día, senón desta forma de gobernar»

O PSdeG-PSOE de Corcubión quere deixar claro que nunca estivo en contra da apertura do centro de día. Pretender trasladar esa idea á veciñanza é desviar o verdadeiro motivo do noso voto: a forma na que o goberno do BNG levou este asunto e a súa maneira de entender un goberno no que non ten maioría absoluta.

Este foi o primeiro POS ao que o PSdeG-PSOE votou en contra. Durante todo este tempo facilitamos a aprobación das propostas que consideramos positivas para Corcubión, pero colaborar non significa dar un cheque en branco. Se o BNG necesita os votos da oposición, o lóxico é informar, falar e negociar antes de chegar ao pleno, e non actuar como se contase cunha maioría que os veciños e veciñas non lle deron.

Precisamente, boa parte das explicacións sobre o centro de día chegaron despois de manifestarmos as nosas dúbidas e o noso voto contrario. E ese é un dos puntos fundamentais: se esas explicacións e ese diálogo se producisen antes, probablemente a situación sería moi diferente. Non se pode pedir á oposición responsabilidade á hora de votar e, ao mesmo tempo, negarlle a información e o diálogo previo necesarios para tomar unha decisión.

Por iso sorprenden as posteriores notas de prensa do BNG intentando presentar ao PSdeG-PSOE como contrario ao centro de día, en lugar de facer algo moito máis sinxelo: recoñecer que a forma de levar o asunto podía ter sido mellor. Mesmo dentro do propio BNG houbo quen, no diálogo posterior, mostrou unha actitude máis construtiva e pareceu entender os erros cometidos. Porén, despois aparece outra liña moito máis combativa nas comunicacións públicas, empeñada en transformar unha discrepancia política nunha confrontación.

O PSdeG-PSOE non quere entrar nesa dinámica. Queremos o centro de día aberto e funcionando canto antes. Pero tamén queremos que un goberno en minoría entenda que gobernar significa dialogar, informar, negociar e buscar acordos.

O problema nunca foi o centro de día. O problema é querer gobernar en minoría como se se tivese maioría absoluta.

01/08/2026

Benvidos a III Feira do Saber e Sabor da Aldea!!!
Vinde a disfrutar do día con nós.
🌾🍋🥬🌽

🔴 NON AO VANDALISMO EN CORCUBIÓNDesde o PSdeG-PSOE de Corcubión condenamos os actos vandálicos sufridos nas últimas sema...
19/07/2026

🔴 NON AO VANDALISMO EN CORCUBIÓN

Desde o PSdeG-PSOE de Corcubión condenamos os actos vandálicos sufridos nas últimas semanas na nosa vila. As pintadas en muros, fachadas, portas, beirarrúas, colectores e outros elementos da vía pública deterioran os espazos comúns, danan propiedades públicas e privadas e prexudican a imaxe de Corcubión.

Tamén lamentamos que, por segunda vez, fose retirada a pancarta coa que reclamamos unha ambulancia medicalizada para a comarca. A pancarta xa está reposta, porque non imos renunciar a unha reivindicación necesaria que pode salvar vidas.

A liberdade de pensamento e de expresión debe respectarse, mesmo cando non se compartan as mesmas ideas. As pintadas, os danos e a retirada de pancartas non son unha forma aceptable de expresar unha opinión.

Unha ambulancia medicalizada non é unha cuestión partidista: é unha mellora sanitaria para toda a comarca.

Máis respecto polo noso pobo. Máis democracia. Mellores servizos.

🌹 PSdeG-PSOE de Corcubión

O grupo municipal socialista de Corcubión lamenta o proceder do actual equipo de goberno do BNG cos e coas traballadoras...
10/07/2026

O grupo municipal socialista de Corcubión lamenta o proceder do actual equipo de goberno do BNG cos e coas traballadoras do Concello.

Unha traballadora tivo que recurrir a instancias xudiciais para que se lle recoñecesen o dereito, recollido na lexislación actual, de conciliar a vida laboral e familiar.

Parece mentira que o actual alcalde non teña sensibilidade cos dereitos laborais, tendo en conta que é empregado municipal e foi delegado sindical da CIG ata acceder ao seu actual cargo.

¿Ou será que só defenden os dereitos laborais dos que consideran afíns ao seu sindicato/ partido (CIG/BNG)?

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama máis información á veciñanza sobre o Plan Especial do Casco HistóricoCon motivo da apr...
23/06/2026

O PSdeG-PSOE de Corcubión reclama máis información á veciñanza sobre o Plan Especial do Casco Histórico

Con motivo da aprobación inicial da modificación do Plan Especial do Casco Histórico, moitos veciños e veciñas están a recibir notificacións con pouca ou nula información.

Por iso, instamos ao equipo de goberno a crear unha oficina informativa, atendida pola empresa redactora do plan, para resolver dúbidas de maneira presencial e telemática.

A veciñanza ten dereito a información clara e accesible, e esta medida evitaría ademais o colapso da oficina técnica municipal.

Dirección

Corcubión
15130

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG PSOE Corcubión publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PSdeG PSOE Corcubión:

Atajos

Compartir

Categoría