27/10/2026
🧙♀️🎃 SAMAIN 2026: O BOSQUE DAS BRUXAS 🌕🕯️
O vindeiro sábado, 31 de outubro, o Cárcere Vello de Corcubión transformarase nun lugar cheo de misterio, maxia e tradición para celebrar o Samaín. 🍂🦇
Unha tarde-noite para g***r do ambiente máis arrepiante, con música, lendas e actividades para todas as persoas que queiran achegarse a vivir unha noite diferente.
📅 Sábado, 31 de outubro
📍 Cárcere Vello de Corcubión
🕕 18:00 h – María da Pontragha: «Non lle teñas medo á morte»
🍫 19:00 h – Merenda con chocolatada e pan de ovo
👻 19:30 h – Procesión da Santa Compaña (se o tempo o permite)
🎶 20:00 h – Música e cantos terroríficos!
🕸️ Preparade as vosas mellores galas, acendede as vosas cabazas e deixádevos levar pola maxia do Bosque das Bruxas. Unha cita para compartir, lembrar as nosas tradicións e g***r do Samaín en Corcubión.
Atréveste a entrar no bosque? 🧙♀️🌑