Concello de Coristanco

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Coristanco Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Coristanco, Organización gubernamental, Avenida Fisterra 112, San Roque/Traba, Coristanco.

🌰 🍂Coristanco celebra o outono co seu tradicional magosto! 🔥 Castañas asadas, chocolate quente e unha tarde para compart...
09/10/2026

🌰 🍂Coristanco celebra o outono co seu tradicional magosto!

🔥 Castañas asadas, chocolate quente e unha tarde para compartir en familia e coa veciñanza.

🎈 Para a rapazada tamén haberá inchables nunha xornada chea de diversión para todas as idades

📅 Venres, 30 de outubro
🕕 A partir das 18:00 h
📍 Pavillón polideportivo de Coristanco

🤎 Unha cita para manter vivas as nosas tradicións, compartir bos momentos e celebrar xuntos a chegada do outono

Habrá degustación de castañas, chocolate caliente y juegos para los más pequeños

🩺 O alumnado de Atención Sociosanitaria do Obradoiro Lubiáns II achegouse este pasado mércores a Coristanco para poñer e...
08/10/2026

🩺 O alumnado de Atención Sociosanitaria do Obradoiro Lubiáns II achegouse este pasado mércores a Coristanco para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a súa formación.

💙 Ao longo da xornada realizaron controis de tensión arterial e de glicemia, unha actividade que lles permitiu aplicar os seus coñecementos nun contexto real e, ao mesmo tempo, achegar unha atención de utilidade á veciñanza.

🗓️ Lembramos que o vindeiro 21 de outubro, de 10.00 a 12:00 horas, fronte á Casa da Cultura e ao carón do Centro de Saúde terá lugar unha segunda sesión no que a veciñanza poderá recibir información orientada á prevención e á importancia de incorporar hábitos saudables e controis periódicos á vida cotiá.

Han aprendido de varias visitas y este miércoles desembarcaron en Coristanco con los controles de tensión y azúcar

BAILASÁBADOS | AVISO IMPORTANTEO Concello de Coristanco informa de que a sesión de BailaSábados prevista para o sábado 2...
08/10/2026

BAILASÁBADOS | AVISO IMPORTANTE

O Concello de Coristanco informa de que a sesión de BailaSábados prevista para o sábado 28 de novembro queda suspendida con motivo da celebración das eleccións xerais.

A suspensión débese á necesidade de acondicionar o Local Social de Oca para a instalación das mesas electorais e o correcto desenvolvemento da xornada electoral.

💃🕺 A actividade retomarase o sábado 5 de decembro, no seu horario habitual, de 17.30 a 20.30 horas, coa actuación de Blanca Doble.

Agradecemos a comprensión de todas as persoas participantes e lamentamos as posibles molestias ocasionadas.

MAGOSTO 2026 | CASTAÑAS, CHOCOLATE E MOITA DIVERSIÓN! O outono chega a Coristanco cunha das celebracións máis tradiciona...
08/10/2026

MAGOSTO 2026 | CASTAÑAS, CHOCOLATE E MOITA DIVERSIÓN!

O outono chega a Coristanco cunha das celebracións máis tradicionais e saborosas do ano!

O vindeiro venres 30 de outubro, convidámosvos a compartir unha tarde de festa, convivencia e diversión no noso Magosto Popular.

📅 Venres, 30 de outubro
🕕 18.00 horas
📍 Polideportivo Municipal de Coristanco

🌰 Castañas asadas, como manda a tradición.
☕ Chocolate quente, para endulzar a tarde.
🎈 Inchables, para que os máis pequenos gocen ao grande.
🎉 E, sobre todo, moita diversión e bo ambiente para toda a familia!

Unha oportunidade perfecta para reunirnos, manter vivas as nosas tradicións e g***r dunha tarde de outono en boa compañía.

Agardámosvos para celebrar xuntos o Magosto en Coristanco!

ORGULLO DE CORISTANCO | PARABÉNS, ADRIANA! Desde o Concello de Coristanco queremos trasladarlle os nosos máis sinceros p...
08/10/2026

ORGULLO DE CORISTANCO | PARABÉNS, ADRIANA!

Desde o Concello de Coristanco queremos trasladarlle os nosos máis sinceros parabéns á nosa veciña Adriana polos seus extraordinarios éxitos deportivos na Copa do Mundo de taekwondo ITF.

Un exemplo de esforzo, constancia, disciplina e superación que nos enche de orgullo e que demostra que, con traballo e ilusión, os soños poden chegar moi lonxe.

💙 Parabéns, Adriana! Desexámosche moitos máis éxitos e que sigas gozando deste deporte e levando o nome de Coristanco polo mundo.

👏🥋 Todo un orgullo para a nosa terra!

Manuel Carracedo y Adriana Lista brillaron en Benidorm

06/10/2026
🏫 O edificio da Escola Infantil Municipal ‘Galiña Azul’ estrea melloras para facer máis confortable e seguro o día a día...
05/10/2026

🏫 O edificio da Escola Infantil Municipal ‘Galiña Azul’ estrea melloras para facer máis confortable e seguro o día a día dos máis pequenos.

✅ Os traballos inclúen novas zonas de sombra para controlar a temperatura, melloras na seguridade do acceso e o pintado de zonas interiores.

Los trabajos supusieron una inversión de 29.234 euros a cargo del Consorcio Galego de Igualdade e Servizos de Benestar

AVISO AMARELO POR TORMENTAS | MARTES 6 DE OUTUBROA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun aviso de nivel ...
05/10/2026

AVISO AMARELO POR TORMENTAS | MARTES 6 DE OUTUBRO

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun aviso de nivel AMARELO por tormentas que afectará a toda Galicia durante a xornada de mañá, martes 6 de outubro.

⛈️ Na nosa zona, o episodio está previsto a partir do mediodía e poderá prolongarse ata última hora do día.

O nivel amarelo indica a previsión de tormentas fortes, coa posibilidade de que puntualmente poidan acadar unha intensidade superior.

Recoméndase á veciñanza extremar as precaucións, especialmente nos desprazamentos e nas actividades ao aire libre, e manterse atenta á evolución da situación meteorolóxica e ás indicacións dos servizos de emerxencias.

📞 Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

Fonte: Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

BIBLIOTECA| CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS EN CORISTANCOO Concello de Coristanco acollerá un curso de...
05/10/2026

BIBLIOTECA| CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS EN CORISTANCO

O Concello de Coristanco acollerá un curso de introdución á lingua e á cultura galegas, unha formación especialmente pensada para persoas que non teñen coñecementos previos de galego ou que desexan adquirir nocións básicas para desenvolverse con maior facilidade en situacións habituais da vida cotiá.

Ao longo do curso traballaranse, dun xeito práctico, comunicativo e participativo, aspectos básicos da lingua galega: vocabulario, expresións de uso habitual, comprensión oral e escrita, ortografía e recursos para comunicarse en situacións cotiás.

A formación permitirá tamén achegarse á cultura e á historia de Galicia, ás súas festas, tradicións, gastronomía e música, favorecendo o coñecemento da nosa realidade social e cultural.

📅 DATAS
26, 27, 28, 29 e 30 de outubro
2, 3, 4, 5 e 6 de novembro

🕙 HORARIO
De 10.00 a 12.00 horas

⏱️ DURACIÓN
20 horas

DIRIXIDO A:
Persoas maiores de 16 anos, especialmente aquelas que se achegan por primeira vez á lingua galega ou queren adquirir coñecementos básicos.

INSCRICIÓNS:
Na Biblioteca Municipal de Coristanco.

🎓 As persoas que superen o curso recibirán un diploma expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, acreditativo da participación con aproveitamento na formación.

⚠️ A realización do curso estará condicionada á inscrición dun número mínimo de participantes.

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da Rede de Dinamización Lingüística.

Achégate ao galego. Aprende, participa e fala!

🩺 O Concello de Coristanco acollerá este mes dúas xornadas de divulgación, prevención e concienciación sobre a hipertens...
05/10/2026

🩺 O Concello de Coristanco acollerá este mes dúas xornadas de divulgación, prevención e concienciación sobre a hipertensión arterial e a diabetes.

📅 Serán os mércores 7 e 21 de outubro, de 10.00 a 12.00 horas, nun punto habilitado fronte á Casa da Cultura.

💙 A actividade é gratuíta e está aberta a toda a veciñanza, sen necesidade de inscrición previa.

🏠 No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan realizar a actividade no exterior, trasladarase ao interior da Casa da Cultura.

Serán los días 7 y 21 de octubre en la Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 12.00

Dirección

Avenida Fisterra 112, San Roque/Traba
Coristanco
15147

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981733001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Coristanco publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir