Concello de Crecente

Cómo llegar Página web

Concello de Crecente Administración Local.

15/10/2026

💧 AVISO IMPORTANTE | CORTE DE AUGA

O Concello de Crecente informa de que, debido á escaseza de auga, será necesario interromper a subministración na parroquia de Crecente a partir desta noite, entre as 22:00 e as 08:00 horas.

Esta medida manterase durante as noites necesarias ata que se recuperen os niveis de auga do depósito.

⚠️ Solicítase á veciñanza que limite o consumo de auga exclusivamente aos usos indispensables, evitando calquera gasto innecesario.

🙏 Agradecemos a comprensión e colaboración de toda a veciñanza. O uso responsable da auga é fundamental para recuperar a normalidade canto antes.

Grazas pola vosa colaboración!

🏃 IX RAID DO CONDADO – MARQUÉS DE VIZHOJAEsta mañá tivo lugar a presentación da IX edición do Raid do Condado – Marqués ...
06/10/2026

🏃 IX RAID DO CONDADO – MARQUÉS DE VIZHOJA

Esta mañá tivo lugar a presentación da IX edición do Raid do Condado – Marqués de Vizhoja, unha proba que se celebrará os próximos 10 e 11 de outubro e que volverá percorrer os concellos das Neves, Mondariz, Covelo, Crecente e Arbo.

O Concello de Crecente participou na presentación desta nova edición dunha cita xa consolidada, que combina deporte, natureza e aventura, ao tempo que permite descubrir e poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do noso territorio.

Desde o Concello queremos agradecer o traballo da organización, das entidades colaboradoras e de todas as persoas que fan posible unha proba destas características.

📅 10 e 11 de outubro de 2026
📍 O Condado – Paradanta

Crecente volve formar parte da aventura. Agardámosvos!

🏸 CRECENTE, SEDE DO MÁSTER TERRITORIAL DE BÁDMINTON!O vindeiro 12 de setembro, o Pavillón Municipal de Deportes de Crece...
07/09/2026

🏸 CRECENTE, SEDE DO MÁSTER TERRITORIAL DE BÁDMINTON!

O vindeiro 12 de setembro, o Pavillón Municipal de Deportes de Crecente acollerá o Máster Territorial Galicia N6, nas categorías Sub-13 e Sub-17.

Unha nova cita deportiva que trae ata o noso concello a mozos e mozas deportistas de toda Galicia e que nos permite seguir apostando polo deporte base e por facer de Crecente un lugar no que tamén se celebran grandes competicións. 💪

📅 12 de setembro de 2026
📍 Pavillón Municipal de Deportes de Crecente
🏸 Categorías Sub-13 e Sub-17 – N6 Territorial

Desde o Concello de Crecente animamos a toda a veciñanza a achegarse ao pavillón, desfrutar da competición e animar ás futuras promesas do bádminton galego!

O 12 de setembro, vémonos nas pistas! 🏸

💧 UN INVESTIMENTO HISTÓRICO PARA CRECENTEMáis dun millón de euros para facer realidade a nova EDAR de Rebordechán e unha...
05/09/2026

💧 UN INVESTIMENTO HISTÓRICO PARA CRECENTE

Máis dun millón de euros para facer realidade a nova EDAR de Rebordechán e unha nova rede de colectores que permitirá mellorar de maneira decisiva o saneamento da parroquia.

A actuación será financiada nun 80 % pola Xunta de Galicia e inclúe máis de 3 quilómetros de colectores, un novo bombeo e a propia estación depuradora.

Detrás dunha obra destas características hai moito traballo, moitos trámites e, sobre todo, cooperación entre administracións. Pero o resultado é o que importa: servizos públicos, infraestruturas e calidade de vida para o rural.

Seguimos avanzando para que vivir nunha parroquia rural non signifique ter menos servizos nin menos oportunidades. Porque investir no saneamento tamén é coidar os nosos ríos, o noso territorio e o futuro de Crecente. 🌿💧

Grazas á Xunta de Galicia polo compromiso e polo investimento no noso concello.

⏰ Último día para anotarse!Hoxe, 1 de setembro, remata o prazo de inscrición para a visita ao Santuario dos Milagres.🚌 A...
01/09/2026

⏰ Último día para anotarse!

Hoxe, 1 de setembro, remata o prazo de inscrición para a visita ao Santuario dos Milagres.

🚌 A excursión será o sábado 5 de setembro.
⚠️ Prazas limitadas!

30/08/2026

GRAZAS, CRECENTE!

Remata o Mes Cultural 2026, pero quedan os recordos dun agosto cheo de vida, cultura, encontros e sorrisos.

Grazas ás asociacións, aos artistas, aos colaboradores, aos traballadores municipais e, sobre todo, á veciñanza, por facer posible un verán inesquecible.

Seguiremos traballando para que cada ano sexa aínda mellor.

💙 Ata o vindeiro verán!

Temos unha cita! 🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!📅 HOXE! 27 de agosto!!!🕙 22:00 horas📍 Auditorio Munici...
27/08/2026

Temos unha cita!

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!

📅 HOXE! 27 de agosto!!!
🕙 22:00 horas
📍 Auditorio Municipal de Crecente

Agardámosvos para vivir unha noite verdadeiramente máxica! 🌟

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!Este xoves, 27 de agosto, gozaremos do novo espectáculo de Antonio Barr...
25/08/2026

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!

Este xoves, 27 de agosto, gozaremos do novo espectáculo de Antonio Barros e Ialma, sucesor de Juan Pardo.

Unha aventura musical na que a tradición do Camiño de Santiago se mestura coa maxia do Mago de Oz: música, luz, emoción e moito corazón. 🐚💛

📅 27 de agosto
🕙 22:00 horas
📍 Auditorio Municipal de Crecente

Entrada de balde ata completar aforo!

Agardámosvos para vivir unha noite verdadeiramente máxica! 🌟

🎬 Esta noite temos cita co cinema de rúa.🍿 La familia Benetón🕙 22.00 h📍 AUDITORIO!!!
23/08/2026

🎬 Esta noite temos cita co cinema de rúa.

🍿 La familia Benetón

🕙 22.00 h

📍 AUDITORIO!!!

22/08/2026

📢 Lembrade! Mañá, domingo 23 de agosto, temos unha xornada completa dentro do Mes Cultural de Crecente:

🥾 Ás 9.30 h — Andaina de 14 km
📍 Saída desde a Capela de Fátima
🏊 Inclúe acceso á piscina e pinchos e refrescos á chegada
📞 Inscricións: 722 134 353

Agardámosvos! 💙

Dirección

Rúa Solis Ruis 5
Crecente
36420

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Crecente publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir