Alternativa Dos Veciños Culleredo

Cómo llegar Página web

Alternativa Dos Veciños Culleredo Queremos atender ó chamado social e as prioridades da xente por enriba de calquera outra política

Alternativa clarificou no pasado pleno o seu posicionamiento co aparcadoiro e a báscula “supostamente municipais” situad...
06/11/2026

Alternativa clarificou no pasado pleno o seu posicionamiento co aparcadoiro e a báscula “supostamente municipais” situados Centro Loxístico de Ledoño.

O grupo considera que para saber si se está facendo un bo uso das infraestructuras é imprescindible facer unha precisión xurídica previa para determinar se a día de hoxe constan como titularidade municipal ou non.

Este paso previo non é un mero trámite burocrático: é a premisa indispensable. Se os bens xa culminaron a súa reversión formal mediante esa execución forzosa e son propiedade efectiva deste Concello, é inadmisible que terceiros sigan obtendo lucro privado sen relación contractual algunha; pero se existise algunha eiva, pendencia xudicial ou rexistral sobre a súa titularidade, o Pleno ten que coñecelo con exactitude para esixir o que corresponda.

Alternativa abstívose na moción presentada dende o BNG discrepando en que o informe decisivo deba partir da intervención municipal, xa que non está claro que sexa o departamento con competencia absoluta para avaliar a situación a fondo.

O grupo de goberno novamente volveu a incumprir o deber de respostar ás cuestións que plantexan os grupos da oposición.A...
05/11/2026

O grupo de goberno novamente volveu a incumprir o deber de respostar ás cuestións que plantexan os grupos da oposición.

Alternativa volveu a reclamar os asuntos levados a pleno en setembro subliñandoa falta de rigor co Regulamento Orgánico Municipal.

Concretamente o goberno local non puxo á disposición a documentación que acredite que a empresa concesionaria dos desbroces está a acometer os protocolos para evitar a proliferación dos plumachos.

E tampouco se permitiu o acceso ao expediente sobre o procedemento que permitiu a retirada de dúas prazas de estacionamento público na Avenida de Vilaboa para a instalación de dous puntos de carga de vehículos eléctricos.

“Seguiremos insistindo porque non pode tratarse como unha normalidade que o goberno municipal incumpra impunemente as “normas do xogo” cando non interesa.” sinalan dende Alternativa

As asociacións da provincia deberán poñer atención nos vindeiros días para concorrer ás subvencións que lanza a Deputaci...
04/11/2026

As asociacións da provincia deberán poñer atención nos vindeiros días para concorrer ás subvencións que lanza a Deputación da Coruña para o vindeiro 2027.

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe a publicación dalgunhas das bases de participación para optar ás axudas.

Podes consultar as bases reguladoras picando nos seguintes enlaces:

Entidades PROTECTORAS DE ANIMAIS domésticos

ACTIVIDADES (DP0035/2027)

INVESTIMENTOS (DP0037/2027)

Entidades VECIÑAIS e asociacións de MULLERES

– INVESTIMENTOS (DP0042B/2027)

Asociacións DE VECIÑOS de Concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de MULLERES da Provincia

ACTIVIDADES(DP0042A/2027)

Entidades asociativas, federacións e agrupacións de entidades AGRARIAS, LABREGAS, GANDEIRAS e FORESTAIS

INVESTIMENTOS (FO028B/2027)

ACTIVIDADES (FO028A/2027)

Asociacións , federacións e e agrupacións de asociacións de de CAZADORES

ACTIVIDADES (FO028ABIS/2027)

DEPORTE

Para a realización de actividades de fomento da actividade física e o deporte (FO103A/2027)

Clubs deportivos , con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ÁMBITO LOCAL, PROVINCIAL OU AUTONÓMICO (FO103B/2027)

Clubs deportivos con equipos ou deportistas que participen en COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL OU INTERNACIONAL DURANTE O ANO 2027 (FO103C/2027 )

Entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de GRANDES EVENTOS DEPORTIVOS SINGULARES DE ESPECIAL INTERESE (
FO103D/2027)

Entidades deportivas para INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO (FO104/2027)

ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS (ANPAS)

ACTIVIDADES (FO202/2027)

Para entidades que desenvolvan ACTIVIDADES CULTURAIS

INVESTIMENTOS CULTURAIS FO204/2027

ACTIVIDADES CULTURAIS FO203/2027

Para CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS E ENTIDADES MUSICAIS, BAILE TRADICIONAL:

ACTIVIDADES FO213/2027

INVESTIMENTOS CULTURAIS FO214/2027

Para entidades revalorización da CULTURA GALLEGA:

ACTIVIDADES FO215/2017

Alternativa dos Veciños votou favorablemente á moción do BNG que instou a demandar da Dirección Xeral de Administración ...
04/11/2026

Alternativa dos Veciños votou favorablemente á moción do BNG que instou a demandar da Dirección Xeral de Administración Local a colaboración para que a titularidade da Secretaría Municipal sexa provista.

Resulta unha prioridade inmediata cubrir o posto mentres non se incorpore a persoa titular do posto que é o piar do asesoramento xurídico dunha administración local.

A administración de Culleredo require estabilidade, rigor e garantías xurídicas inmediatas. Porque a figura da Secretaría municipal é a base que permite avanzar na maioría dos procedementos da administración local. E por iso existen mecanismos de cobertura temporal legalmente previstos.

O goberno municipal votou en contra aseverando que o trámite xa está feito dende a alcaldía, sen ningunha persoa candidata para o posto e sen apoitar que o acordo da moción permitirá reiterar a petición novamente.

“Non é de recibo que Culleredo leve anos instalado nunha inestabilidade permanente en postos chave como a Secretaría e a Intervención. Dende o goberno están a normalizar a precariedade administrativa escudándose sempre nas mesmas escusas.” sinalaba Miguel Fraga, voceiro accidental de Alternativa.

As asociacións da provincia deberán poñer atención nos vindeiros días para concorrer ás subvencións que lanza a Deputaci...
03/11/2026

As asociacións da provincia deberán poñer atención nos vindeiros días para concorrer ás subvencións que lanza a Deputación da Coruña para o vindeiro 2027.

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe a publicación dalgunhas das bases de participación para optar ás axudas.

Nos vindeiros días serán publicadas as bases de mási programas de subvencións, así como as correspondentes convocatorias.

Podes consultar as bases reguladoras picando nos seguintes enlaces:

Para entidades que desenvolvan ACTIVIDADES CULTURAIS

INVESTIMENTOS CULTURAIS FO204/2027

ACTIVIDADES CULTURAIS FO203/2027

Para CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS E ENTIDADES MUSICAIS, BAILE TRADICIONAL:

ACTIVIDADES FO213/2027

INVESTIMENTOS CULTURAIS FO214/2027

Para entidades revalorización da CULTURA GALLEGA:

ACTIVIDADES FO215/2017

Alternativa dos Veciños no mes de xuño solicitou ao goberno municipal a cesión formal ante a Deputación da Coruña, para ...
02/11/2026

Alternativa dos Veciños no mes de xuño solicitou ao goberno municipal a cesión formal ante a Deputación da Coruña, para deixar sen efecto calquera solicitude de reversión do Monte Costa e Garrocha. Demanda que reiterou no pleno de onte o PP cunha moción.

O voto favorable de Alternativa que recalcou a opacidade e o incumprimento dos compromisos acadados en xuño polo goberno municipal .

O grupo foi crítico coa inacción e falta de claridade do executivo local. Posto que en catro meses non facilitaron os informes de Secretaría aos grupos da oposición, nin autorizaron o acceso ao expediente íntegro nin a ningún estudo de viabilidade.

O executivo local non fixo intervencións no debate, pero, sorpresivamente, tamén se posicionou a favor da proposta.

“É importante este consenso, pero abre moitas dúbidas sobre a situación e xestión que se está a facer do expediente. Hai unha incoherencia entre a votación de onte e as últimas novas en prensa. É preciso que se axilicen os informes pertinentes antes de tomar decisións que poidan ir en contra do beneficio de Culleredo” sinalan dende Alternativa.

Preparados!
02/11/2026

Preparados!

🖤🖤🖤
29/10/2026

🖤🖤🖤

27/10/2026

BREGUA

Dirección

Casa Do Concello De Concello
Culleredo
15189

Horario de apertura

Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Alternativa Dos Veciños Culleredo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos