Concello de Culleredo

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Culleredo Información de servizo e institucional relativa ao Concello de Culleredo. Información de servizo e institucional do Concello de Culleredo

❤️ A V Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson contou con centos de participantes no paseo marítimo do Burgo.👟 A Aso...
18/10/2026

❤️ A V Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson contou con centos de participantes no paseo marítimo do Burgo.

👟 A Asociación Parkinson Galicia-Coruña organizou esta cita, coa colaboración do Concello e a asociación Castelo Deporte, para visibilizar a doenza.

👉 O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, asistiu para amosar o seu apoio.

🙏 Grazas a todas as persoas que vos puxestes en marcha nesta cita benéfica!

🌳 Audasa comezará o luns, 19 de outubro, a retirada dos eucaliptos da Costa da Lonxa, no Burgo, unha actuación solicitad...
17/10/2026

🌳 Audasa comezará o luns, 19 de outubro, a retirada dos eucaliptos da Costa da Lonxa, no Burgo, unha actuación solicitada polo Concello para mellorar a seguridade xunto ao viaduto da AP-9.

🚧 Ata polo menos o mércores 21 restrinxirase o paso peatonal e o aparcamento, e o tráfico poderá verse afectado en momentos puntuais.

🚓 A Policía Local seguirá de preto os traballos para garantir que se executen en condicións óptimas.

🎶 O Día da Muller Rural encheu o parque da Torre de Celas de música, artesanía e celebración!🌾 A xornada, organizada pol...
17/10/2026

🎶 O Día da Muller Rural encheu o parque da Torre de Celas de música, artesanía e celebración!

🌾 A xornada, organizada polo Concello de Culleredo en colaboración coa asociación As Berenguelas, festexa e reivindica o papel da muller no noso agro, nas nosas parroquias, no noso rural.

👏 Ata Celas achegouse o alcalde, José Ramón Rioboo Castro, quen agradeceu o incansable traballo e o compromiso coa cultura e as tradicións das mulleres rurais.

🎭 A comedia "Bio Construción", de Ibuprofeno Teatro, arrincou risas no numeroso público que acudiu ao espectáculo.🏛️ A o...
17/10/2026

🎭 A comedia "Bio Construción", de Ibuprofeno Teatro, arrincou risas no numeroso público que acudiu ao espectáculo.

🏛️ A obra chegou ao Burgo dentro da Rede Cultural de Cultura da Deputación da Coruña.

🎭 A compañía Elefante Elegante foi galardoada nos Premios Cultura Galega 2026 na categoría de Artes Escénicas.👏 O xurado...
16/10/2026

🎭 A compañía Elefante Elegante foi galardoada nos Premios Cultura Galega 2026 na categoría de Artes Escénicas.

👏 O xurado puxo en valor a súa sólida e innovadora traxectoria.

🏆 Parabéns por este merecido premio!

El jurado reconoce la trayectoria sólida e innovadora de la compañía de teatro y recalca que Seivane es el taller 'más relevante' de instrumentos de Galicia

❤️ Este domingo camiñamos para visibilizar o párkinson!👟 O Concello de Culleredo colabora coa carreira e andaina solidar...
16/10/2026

❤️ Este domingo camiñamos para visibilizar o párkinson!

👟 O Concello de Culleredo colabora coa carreira e andaina solidaria da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, que contará con máis de 550 participantes.

🗞️ Nova en La Opinion A Coruña - laopinioncoruna.es.

La carrera juntará a 150 corredores en un circuito de 10 kilómetros

🐲📖 Hoxe toca contacontos coa Dragona Ramona. Agardámosvos esta tarde ás 17:30!
16/10/2026

🐲📖 Hoxe toca contacontos coa Dragona Ramona. Agardámosvos esta tarde ás 17:30!

🐲✨ Volven os contacontos coa Dragona Ramona con "Os libros non son para os osos" este venres 16!

📖 Mergúllate cos teus nenos e nenas nesta historia a partir das 17:30 horas na biblioteca Xosé Cardeso Liñares (Vila Melania). A entrada é libre!

🏗️ O Concello de Culleredo licita por 1,3 millóns de euros a reforma e modernización do polideportivo municipal de Tarrí...
15/10/2026

🏗️ O Concello de Culleredo licita por 1,3 millóns de euros a reforma e modernización do polideportivo municipal de Tarrío.

🏀 A pista estreará un pavimento deportivo de madeira con sistema de amortecemento. Será apto para o adestramento e a alta competición en balonmano, baloncesto ou fútbol sala, e tamén para deportes de rodas como a patinaxe.

🔨 O proxecto contempla a substitución completa da cuberta, que incorporará franxas de policarbonato para gañar luz natural, e o novo revestimento de todas as fachadas para modernizar a súa estética.

🪑 As bancadas contarán con asentos de madeira para maior comodidade do público e o pavillón incorporará un novo videomarcador.

♿ Ademais, instalarase un ascensor e reformaranse os accesos con novas escaleiras, ramplas e beirarrúas, en coordinación coa mellora da seguridade viaria na contorna do CEIP de Tarrío.

✨ A actuación inclúe tamén a renovación de acabados, instalacións e equipamentos, así como a urbanización exterior de toda a parcela.

👩‍🌾 Hoxe, 15 de outubro, conmemoramos o Día Internacional da Muller Rural.🌱 Recoñecemos o traballo das mulleres que coid...
15/10/2026

👩‍🌾 Hoxe, 15 de outubro, conmemoramos o Día Internacional da Muller Rural.

🌱 Recoñecemos o traballo das mulleres que coidan a terra, sosteñen as nosas parroquias e manteñen vivo o noso rural.

💜 O seu esforzo, moitas veces invisible, é fundamental para o presente e o futuro.

📅 Este sábado 17 celebraremos esta efeméride no parque da Torre de Celas, en colaboración coa asociación As Berenguelas. Agardámosvos!

Dirección

Rúa Do Concello, 12
Culleredo
15189

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981677777

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Culleredo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir