Concello de Cuntis

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Cuntis Páxina Oficial do Concello de Cuntis

23/10/2026

Cuntis únese por unha ! 🏥✊

Hoxe, toda a corporación municipal (PSdeG-PSOE, BNGe PP) xunto a moitísimos de vós, unimos as nosas voces ás portas do Centro de Saúde. Non podemos consentir a situación dos últimos meses, chegando a estar días sen médicos ou cun só profesional para atender a máis de 40 pacientes diarios.

Queremos poñer en valor o traballo excelente e o gran esforzo que fan os nosos profesionais sanitarios día a día, soportando unha presión insostible. A nosa veciñanza —homes, mulleres, nenos e nenas— merece unha atención de calidade e non ter que desprazarse de urxencia a outras vilas. Tamén mandamos toda a nosa forza e solidariedade á veciñanza de Moraña, que mañá protestará por esta mesma situación.

Grazas a todas e todos por vir e facer forza xuntos. Se isto non se soluciona, vémonos de novo o próximo venres. Cuntis non se rende! 💪

📍 Centro de Saúde de Cuntis

23/10/2026

O alcalde Manuel Campos e a concelleira Conchy Campos representan a Cuntis nun encontro nacional de promoción da saúde

📢 ¡É HOXE, CUNTIS! ÁS 13:00 HORAS! 🩺✊Veciños e veciñas, chegou o momento. Non hai desculpas: hoxe é o día de saír á rúa ...
23/10/2026

📢 ¡É HOXE, CUNTIS! ÁS 13:00 HORAS! 🩺✊

Veciños e veciñas, chegou o momento. Non hai desculpas: hoxe é o día de saír á rúa e facernos oír.

A saúde non pode esperar, e o noso centro de saúde tampouco!
Por unha atención médica digna, polo noso persoal sanitario que está ao límite, sen recortes e coa calidade que o noso concello merece. ¡Esta loita é de todos e todas!

📌 HOXE NON PODES FALTAR:

⚠️ CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DUNHA ATENCIÓN SANITARIA DIGNA

📅 HOXE, VENRES 23 DE OUTUBRO

🕐 Ás 13:00 horas

📍 Diante do Centro de Saúde de Cuntis

Saca un oco, avisa á familia, ao compañeiro, á veciña... ¡Non faltes! Se non nos defendemos nós, ninguén o vai facer. ¡Que se note a forza de Cuntis! 🗣️💙

¡Vémonos en nada diante do Centro de Saúde! 🤝💪

📢 ¡MAÑÁ É O DÍA, CUNTIS! Non faltes! 🩺✊Veciños e veciñas, chegou o momento de demostrar que nos importa a nosa saúde e a...
22/10/2026

📢 ¡MAÑÁ É O DÍA, CUNTIS! Non faltes! 🩺✊

Veciños e veciñas, chegou o momento de demostrar que nos importa a nosa saúde e a dos nosos. Mañá saímos á rúa para esixir unha atención sanitaria digna e de calidade no noso centro de saúde.

Non podemos permitir máis recortes nin a falta de persoal que prexudica a todos, desde os máis novos ata os nosos maiores. ¡Se non defendemos a nosa sanidade pública hoxe, mañá será tarde!

📌 RECORDATORIO DA CONVOCATORIA MAÑÁ:

⚠️ CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DUNHA ATENCIÓN SANITARIA DIGNA

📅 Venres, 23 de outubro

🕐 Ás 13:00 horas

📍 Diante do Centro de Saúde de Cuntis

Trae a túa voz, a túa pancarta e toda a túa forza. Que se escoite ben alto en todo o concello: Cuntis non se cala! 🗣️💬

¡Comparte e vémonos mañá! 🙌💙

🩸 Unidades móbiles de doazón de sangue en Cuntis!A unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ...
22/10/2026

🩸 Unidades móbiles de doazón de sangue en Cuntis!

A unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará o noso concello para facilitar a doazón a todas as persoas que queiran colaborar. Cada doazón salva vidas os 365 días do ano nos hospitais galegos.

📍 Lugar: Praza da Constitución

📅 Data: Luns, 26 de outubro

⏰ Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Un pequeno xesto pode facer unha gran diferenza.

Anímate a doar! ❤️

📢 𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗜𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘! 🩺✊Veciños e veciñas, a situación do noso centro de saúde é crítica e non podemos q...
21/10/2026

📢 𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗜𝗧𝗔 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘! 🩺✊

Veciños e veciñas, a situación do noso centro de saúde é crítica e non podemos quedar de brazos cruzados. A saúde non é un negocio, é un dereito fundamental de todos e cada un de nós!

Por unha atención médica digna, sen recortes, con persoal suficiente e coa calidade que Cuntis merece, unímonos nunha soa voz.

⚠️ 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗘𝗡 𝗗𝗘𝗙𝗘𝗡𝗦𝗔 𝗗𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗔𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗔 𝗗𝗜𝗚𝗡𝗔

📅 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀, 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼

🕐 𝗔́𝘀 𝟭𝟯:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀

📍 𝗗𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝗻𝘁𝗶𝘀

📖 NOVA PRESENTACIÓN EDITORIAL EN CUNTISTemos o pracer de convidarvos a un novo encontro literario arredor do libro "Hist...
21/10/2026

📖 NOVA PRESENTACIÓN EDITORIAL EN CUNTIS

Temos o pracer de convidarvos a un novo encontro literario arredor do libro "Historia de un aventurero", a obra de Saturnino Vara Zanca.

Nesta ocasión, o autor ofrecerá unha charla sobre o contido dunha publicación que nace con vocación de axuda e concienciación social. A través das súas propias vivencias, Saturnino aborda realidades complexas como a prevención do acoso e da violencia, destacando a importancia da colaboración cidadá para protexer e salvar vidas.

🗓 CANDO: Sábado, 24 de outubro.

🕥 HORA: Ás 11:30 h.

📍 ONDE: Biblioteca / Casa da Cultura de Cuntis.

🎟 ENTRADA: Libre e de balde ata completar aforo.

Ao rematar a charla, as persoas asistentes que o desexen terán a oportunidade de conversar co autor e adquirir un exemplar do libro.

Agardámosvos!

20/10/2026

🚨 𝗔 𝗦𝗜𝗧𝗨𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗡𝗢𝗡 𝗠𝗘𝗟𝗟𝗢𝗥𝗔: 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔́𝗠𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘! 🚨

Semanas despois de denunciar a situación límite do noso Centro de Saúde, seguimos exactamente igual. A falta de médicos, as axendas colapsadas e a sobrecarga extrema do persoal seguen a ser a realidade diaria en Cuntis, mentres o SERGAS continúa sen achegar as substitucións necesarias.

Non podemos seguir calados ante este abandono. Por iso, o alcalde Manuel Campos e a concelleira Ana Loureiro fan un chamamento urxente a toda a veciñanza para saír á rúa e esixir os nosos dereitos. Non imos permitir o desmantelamento da nosa Atención Primaria!

Convocamos unha 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗮𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗶𝗴𝗻𝗮:

📅 𝗖𝗮𝗻𝗱𝗼: Venres 23 de outubro.

🕐 𝗛𝗼𝗿𝗮: Ás 13:00 h.

📍 𝗢𝗻𝗱𝗲: Diante do Centro de Saúde de Cuntis.

A nosa saúde non é un xogo e os nosos profesionais non poden traballar nestas condicións. Cuntis merece unha sanidade pública e de calidade! Acude e difunde! 🏥🩺🗣️

DefendeASanidade

🚶‍♂️🚴‍♀️ 𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗜𝗠𝗣𝗨𝗟𝗦𝗔 𝗨𝗡 𝗚𝗥𝗔𝗡 𝗖𝗢𝗥𝗥𝗘𝗗𝗢𝗥 𝗗𝗘 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗣𝗘𝗢𝗡𝗜𝗟 𝗘 𝗥𝗨𝗥𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟴 𝗞𝗠 𝗔 𝗧𝗥𝗔𝗩𝗘́𝗦 𝗗𝗢 𝗣𝗟𝗔𝗡 𝗘𝗫𝗧𝗥𝗔 🚧🌿O alcal...
20/10/2026

🚶‍♂️🚴‍♀️ 𝗖𝗨𝗡𝗧𝗜𝗦 𝗜𝗠𝗣𝗨𝗟𝗦𝗔 𝗨𝗡 𝗚𝗥𝗔𝗡 𝗖𝗢𝗥𝗥𝗘𝗗𝗢𝗥 𝗗𝗘 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗣𝗘𝗢𝗡𝗜𝗟 𝗘 𝗥𝗨𝗥𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗠𝗔́𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝟴 𝗞𝗠 𝗔 𝗧𝗥𝗔𝗩𝗘́𝗦 𝗗𝗢 𝗣𝗟𝗔𝗡 𝗘𝗫𝗧𝗥𝗔 🚧🌿

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, asinou esta mañá na Deputación de Pontevedra o convenio para facer realidade un dos proxectos máis ambiciosos para o noso rural: a 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗴𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗺𝗼𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲 𝗮 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝘃𝗶𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗼 𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗾𝘂𝗲 𝘂𝗻𝗲 𝗼 𝗰𝘂𝗮𝗿𝘁𝗲𝗹 𝗱𝗮 𝗚𝗮𝗿𝗱𝗮 𝗖𝗶𝘃𝗶𝗹 𝗰𝗼 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗙𝗲𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀, no límite co concello da Estrada.

🏆 𝗨𝗻 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗲𝗹𝗶𝘅𝗶𝗱𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮 𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝗻𝗰𝗶𝗮
Esta actuación foi seleccionada en réxime de concorrencia competitiva entre numerosas propostas de toda a provincia de Pontevedra dentro do 𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗘𝘅𝘁𝗿𝗮, acadando un orzamento total de licitación de 𝟲𝟬𝟱.𝟴𝟮𝟯,𝟱𝟯 €.

📍 𝗡𝘂́𝗰𝗹𝗲𝗼𝘀 𝗯𝗲𝗻𝗲𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝗽𝗲𝗿𝗰𝗼𝗿𝗿𝗶𝗱𝗼
A intervención abrangue unha lonxitude de preto de 𝟴,𝟱 𝗾𝘂𝗶𝗹𝗼́𝗺𝗲𝘁𝗿𝗼𝘀 (8.147 metros), mellorando a conexión do casco urbano cos núcleos de:

🔹 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗹𝗮𝗻𝗱𝗶́𝗻, 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿, 𝗢 𝗖𝗮𝗲𝗶𝗿𝗼, 𝗔𝗿𝗰𝗼𝘀, 𝗖𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗼, 𝗗𝘂𝗰𝗶𝗼 𝗲 𝗙𝗲𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 (ademais da contorna do Campo).

🛠️ 𝗣𝗿𝗶𝗻𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼:

• 𝗙𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗺𝗼𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗼𝗻𝗶𝗹 𝗲 𝗰𝗶𝗰𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮: Creación dun espazo de circulación compartida con prioridade para peóns e bicicletas, sinalización específica e velocidade limitada a 30 km/h.
• 𝗥𝗲𝗻𝗼𝘃𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗳𝗶𝗿𝗺𝗲: Aplicación dunha nova capa de rodaxe de aglomerado en máis de 31.000 m² para garantir unha circulación cómoda e segura, xunto co acondicionamento en formigón e lastra na contorna da praza da igrexa de Arcos.
• 𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗱𝗿𝗲𝗻𝗮𝘅𝗲 𝗲 𝗰𝘂𝗻𝗲𝘁𝗮𝘀: Limpeza integral de marxes, instalación de novas canalizacións e imbornais para augas pluviais e construción de máis de 𝟰,𝟱 𝗸𝗺 𝗱𝗲 𝗰𝘂𝗻𝗲𝘁𝗮𝘀 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗶𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲𝘀 de pendente suave que amplían o espazo seguro para camiñar.
• 𝗦𝗲𝗴𝘂𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: Colocación de varandas de protección no paso fluvial e instalación de novas áreas de descanso con bancos, papeleiras e aparcabicis na fonte de Arcos e na praza da Igrexa.

Unha aposta estratéxica pola cohesión territorial, a seguridade viaria da nosa veciñanza e a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural, conectando ademais rotas de grande interese turístico.

Seguimos traballando por un Cuntis máis seguro, accesible e sostible! 💚

Dirección

Praza Da Constitucion N°4
Cuntis
36670

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986548005

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cuntis publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir