Xuventude Dodro

Cómo llegar Página web

Xuventude Dodro Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Xuventude Dodro, Servicio social, Tallós, 28, Dodro.

Esta semana celebramos o Samaín cun espectáculo do Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Publicas de Galicia!
26/10/2026

Esta semana celebramos o Samaín cun espectáculo do Programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Publicas de Galicia!

Ven celebrar o Día das Bibliotecas na BPM de Dodro!
23/10/2026

Ven celebrar o Día das Bibliotecas na BPM de Dodro!

22/10/2026

Esta semana co programa de «Outono das Artes» da Deputación da Coruña chega ao CPI de Dodro:
🎥 Documental e coloquio sobre SALVAXE, SALVAXE. Traballo dirixido por Emilio Fonseca e producido por Xiana do Teixeiro. Trátase dun filme-ensaio que percorre “terras de lobo”, onde humanos e lobos aínda conviven, en Galicia e Portugal. É un exercicio de cinema emocionado e comprometido coa natureza que somos, co territorio que habitamos e coas relacións con todas as outras criaturas coas que convivimos e das que dependemos.
🏅 Biznaga de Plata á mellor longametraxe documental na 27ª edición do Festival de Málaga.
Mellor Filme Galego no Play-Doc.
📅 Venres, 23 de outubro
🕗 10.50 h
📍 CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
🎟️ Actividade dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO
Iniciativa promovida pola Deputación da Coruña (Cultura da Deputación da Coruña) na que colaboran o Concello De Dodro e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

22/10/2026
"Conservas O Noso" é un obradoiro creativo de arte urbana. Nel abordaremos a conservación do patrimonio cultural galego ...
19/10/2026

"Conservas O Noso" é un obradoiro creativo de arte urbana. Nel abordaremos a conservación do patrimonio cultural galego envasando tradicións e costumes, as persoas participantes crearán e etiquetarán latas de conserva, fusionando creatividade e herdanza cultural nunha actividade que combina diversión e a preservación da nosa identidade galega.

Público ao que vai dirixido: adulto, xuvenil e infantil (maiores de 5 anos)

Anímate, inscríbete e participa!

16/10/2026

O programa de «Outono das Artes» da Deputación da Coruña chega a Dodro:
🎥 Documental AO SON DA NOVA REGUEIFA
🗣️ Testemuñas, música e versos improvisados para mostrar como as novas xeracións están a revitalizar esta tradición oral e adaptándoa aos novos tempos.
📅 Sábado, 17 de outubro
🕗 19.00 h
📍 Local social do Montiño (Imo)
🎟️ Entrada libre ata completar aforo
Animádevos a participar!
Actividade promovida polaDeputación da Coruña (área de Cultura da Deputación da Coruña) na que colaboran o Concello De Dodro e a Foliada do Montiño

🌿🔥 DODRO FRONTE AOS INCENDIOSO Proxecto Batefogo, en colaboración con Concello de Dodro, organiza unha xuntanza aberta á...
14/10/2026

🌿🔥 DODRO FRONTE AOS INCENDIOS
O Proxecto Batefogo, en colaboración con Concello de Dodro, organiza unha xuntanza aberta á veciñanza para falar sobre a prevención dos incendios forestais e a autoprotección das aldeas.
🤝 A túa experiencia e coñecementos son fundamentais. Ven compartir as túas preocupacións e propostas.
🍪 Ao remate haberá uns petiscos para compartir.
Inscricións:
📞 698 161 760
📩 [email protected]

Dirección

Tallós, 28
Dodro
15981

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Xuventude Dodro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría