Concello de Dozón

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Dozón Taboleiro de anuncios e novas do Concello de Dozón Vostede mesmo poderá editar e/ou eliminar os comentarios que vostede mesmo realizara.

De acordo co establecido pola normativa de protección de datos, informámoslle ao facer uso desta páxina, vostede atense á política de protección de datos disposta por Facebook. Deberá ter en conta que, ao realizar comentarios ou pulsar “me gusta” ás publicacións desta páxina, tanto os comentarios realizados como o seu nome de usuario serán visibles e accesibles para o resto de usuarios desta páxina. Se desexa que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo ou calquera outro elemento relacionado co seu usuario, poderá comunicalo, por correo electrónico: [email protected], ou presentando unha solicitude a través do rexistro xeral do Concello de Dozón. De acuerdo con lo establecido por la normativa de protección de datos, le informamos que al hacer uso de esta página, usted se atiene a la política de protección de datos dispuesta por Facebook. Deberá tener en cuenta que, al realizar comentarios o pulsar “me gusta” a las publicaciones de esta página, tanto los comentarios realizados como su nombre de usuario serán visibles y accesibles para el resto de usuarios de esta página. Usted mismo podrá editar y/o eliminar los comentarios que usted mismo haya realizado. Si desea que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo o cualquier otro elemento relacionado con su usuario, podrá comunicarlo, por correo electrónico: [email protected], o presentando una solicitud a través del registro general del Ayuntamiento de Dozón.

⚽️ O C.D. Dozón de veteranos debuta hoxe na Curuxa, ás 17.00 horas, contra o S.D. Irmandade. Anímate! Haberá pinchos e m...
17/10/2026

⚽️ O C.D. Dozón de veteranos debuta hoxe na Curuxa, ás 17.00 horas, contra o S.D. Irmandade. Anímate! Haberá pinchos e música de DJ Smile.

🌰🌰 O Concello de Dozón celebrará o tradicional magosto o domingo 25 de outubro, a partir das 14.00 horas, na nave do pol...
16/10/2026

🌰🌰 O Concello de Dozón celebrará o tradicional magosto o domingo 25 de outubro, a partir das 14.00 horas, na nave do polígono. Coma sempre, o xantar será gratuíto para todos os veciños empadroados -sen límite de idade-, que deberán recoller a súa invitación antes do 23 de outubro no consistorio.

Con posterioridade, ás 17.30 horas, está prevista a actuación musical da orquestra Los Satélites, que será aberta a todos os públicos.

📣 Aberta a inscrición no Programa de actividades de conciliación educativas e lúdicas 2026/2027.As actividades, dirixida...
15/10/2026

📣 Aberta a inscrición no Programa de actividades de conciliación educativas e lúdicas 2026/2027.

As actividades, dirixidas a nenos/as de 3 a 12 anos, desenvolveranse no CEIP Pío Cabanillas Gallas desde o vindeiro luns ata finais de maio de 2027, en horario de 16.00 a 18.00 horas, e tamén no mes de xuño de 2027, en horario de 14.00 a 16.00 horas.

As familias interesadas en apuntar os/as cativos/as deberán recoller o sobre coa información no consistorio e presentar a documentación debidamente cuberta. Con posterioridade, o concello comunicará a adxudicación das prazas por vía telefónica.

O Concello de Dozón vén de programar para o xoves 29 de outubro no CEIP Pío Cabanillas Gallas o espectáculo de teatro "C...
07/10/2026

O Concello de Dozón vén de programar para o xoves 29 de outubro no CEIP Pío Cabanillas Gallas o espectáculo de teatro "Costureiriña bonita", de A Cova das Letras. Esta actuación, incluída no programa +Escénicas da Deputación Pontevedra, comezará ás 16.00 horas e a entrada será de balde.

Comezamos a semana lembrando que o pasado sábado o noso concello acolleu a celebración dun curso de busca de persoas des...
28/09/2026

Comezamos a semana lembrando que o pasado sábado o noso concello acolleu a celebración dun curso de busca de persoas desaparecidas, que incluíu formación teórica e tamén a realización sobre o terreo de prácticas con drones e co equipo canino de busca. Esta actividade formativa organizouna a Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) coa colaboración do Concello de Dozón e cómpre salientar que entre os asistentes atopábanse varios membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dozón.

📣 Os vindeiros días 5 e 6 de outubro o Concello de Dozón realizará unha nova recollida programada de enseres voluminosos...
25/09/2026

📣 Os vindeiros días 5 e 6 de outubro o Concello de Dozón realizará unha nova recollida programada de enseres voluminosos non perigosos (electrodomésticos, colchóns, madeira...) nos domicilios e de "big bags", mallas e cordeis nas explotacións agrarias.

As persoas interesadas en beneficiarse desta recollida gratuíta deben avisar no concello ata o día 2 de outubro por calquera destas canles:
🏫 No consistorio, de luns a venres, en horario de 8.00 a 15.00 horas
☎ 986 780 471
📧 [email protected]

Secundando a convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), máis dunha quincena de veciños e vec...
03/09/2026

Secundando a convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), máis dunha quincena de veciños e veciñas de Dozón concentráronse onte diante da Casa do Concello para amosar a súa solidariedade co pobo ceutí e para reclamar que se adopten as medidas políticas e diplomáticas que sexan necesarias para restablecer a convivencia nesa cidade e para evitar que as persoas migrantes teñan que arriscar as súas vidas na busca dun futuro mellor.

Desde o Concello de Dozón sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Municipios y ...
01/09/2026

Desde o Concello de Dozón sumámonos á concentración de apoio a Ceuta convocada pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) para este mércores, día 2 de setembro, ás 20.00 horas, diante do consistorio.

Que ben o pasaron onte os 180 veciños e veciñas que participaron na Xuntanza das Persoas Maiores celebrada na Pena de Fr...
22/08/2026

Que ben o pasaron onte os 180 veciños e veciñas que participaron na Xuntanza das Persoas Maiores celebrada na Pena de Francia! Ademais de compartir o xantar nunha magnífica compañía, tiveron a oportunidade de cantar e bailar coa música de Pili Pampin e Antonio Barros e ialma .

Na edición de onte, os participantes de máis idade que recibiron un agasallo de mans do alcalde, Adolfo Campos Vázquez, e de ambos os dous artistas, foron Manuela Daparte Carral, de 92 anos e veciña de Vilarello, e José Vázquez Blanco, de 96 anos e veciño de Piñeiro. Parabéns aos dous e a seguir así de ben!👏

👴👵 A contorna da Pena de Francia volverá acoller o venres 21 de agosto unha nova edición da Xuntanza das persoas maiores...
11/08/2026

👴👵 A contorna da Pena de Francia volverá acoller o venres 21 de agosto unha nova edición da Xuntanza das persoas maiores, organizada polo Concello de Dozón.

🎫 Os veciños e veciñas maiores de 60 anos que esteades empadroados podedes pasar polo concello ata o día 19 para recoller a invitación correspondente.

🎼 Nesta ocasión, as actuacións musicais, que comezarán ás 16.30 horas e serán abertas a todo o público que queira achegarse, correrán a cargo de Pili Pampín e Antonio Barros e ialma.

Dirección

Médico Martínez Iglesias S/n. O Castro. Dozón. (Pontevedra)
Dozón
36518

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Dozón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Dozón:

Atajos

Compartir