Rede de Bibliotecas do Grove

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Rede de Bibliotecas do Grove Rede de Bibliotecas Públicas Municipais formado por a biblioteca municipal do Concello do Grove e a Axencia de Lectura de San Vicente

Biblioteca Pública Municipal do Grove - 986732341
Axencia de lectura de San Vicente - 986738431

Obradoiro de "Monicreques de Calcetín"📌 Venres 9 de outubro, 17.30 h.📌 Dirixido a público infantil a partir de 4 anos.👉👉...
28/09/2026

Obradoiro de "Monicreques de Calcetín"

📌 Venres 9 de outubro, 17.30 h.

📌 Dirixido a público infantil a partir de 4 anos.

👉👉👉 É necesaria inscrición previa na Biblioteca Municipal do Grove, no tfno. 986732341, no email [email protected] ou nas Redes Sociais

Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas.👉👉👉  Inscricións:Do 1 ao 15 de outubro na Biblioteca Municipal do Grov...
28/09/2026

Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas.

👉👉👉 Inscricións:
Do 1 ao 15 de outubro na Biblioteca Municipal do Grove

Gran Gala de Maxia do Grove con:📌 Mago Josemari. Premio Nacional de Maxia📌 Mago Nacho Samena. Premio Nacional de Maxia e...
26/09/2026

Gran Gala de Maxia do Grove con:

📌 Mago Josemari. Premio Nacional de Maxia
📌 Mago Nacho Samena. Premio Nacional de Maxia e finalista de Got Talent
📌 Maga Daniela Díaz. Finalista de Got Talent
📌 Mago Cliff Richards. Maxia en Inglés
📌 Mago Paco

👉Retirada de convites a cambio de alimentos para Cáritas o domingo 27 de setembro
- Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey" de 10.30 a 11.30 h
- Auditorio do Grove, de 17.00 a 18.00 h

Unha ocasión única para g***r coa mellora maxia nacional.
Para público de 1 a 99 anos.
Non faltes!!!

📌📌📌 Só quedan convites para a sesión das 11.30 h.👉 Pódense recoller a partir das 10.30 h na Casa da Cultura "Manuel Luei...
26/09/2026

📌📌📌 Só quedan convites para a sesión das 11.30 h.

👉 Pódense recoller a partir das 10.30 h na Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey"

Lembrade que o venres 25 de setembro acaba o prazo para anotarse ao Club de Lectura Infantil e Xuvenil da Biblioteca Mun...
22/09/2026

Lembrade que o venres 25 de setembro acaba o prazo para anotarse ao Club de Lectura Infantil e Xuvenil da Biblioteca Municipal do Grove.
Inscricións na Biblioteca Municipal do Grove

III Festival de Maxia SolidarioAs persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites ...
21/09/2026

III Festival de Maxia Solidario

As persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove, a partir do luns 21 de setembro, e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas

O CONCELLO DO GROVE  INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIO...
21/09/2026

O CONCELLO DO GROVE INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIOTECAS

📆O Grove, 21/09/2026.- O Concello do Grove iniciará no mes de outubro diversas actividades para o fomento da lectura na Rede de Bibliotecas do Grove.

📌 Visitas escolares na Biblioteca Municipal do Grove
Actividades de formación de usuarios/as destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila. Desenvolveranse en dúas modalidades:

• Visita do alumnado ás bibliotecas para achegar a rapazada ao mundo máxico da biblioteca dunha forma lúdica e divertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e o funcionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contos en diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.
• Visita da biblioteca aos centros educativos. Actividade de formación de usuarios e animación lectora onde pretendemos achegar a biblioteca e a lectura aos mais pequenos que se realizarán nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas.
Estas visitas veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde se len contos en diferentes formatos e se realizan actividades relacionadas co conto lido.

📌Club de lectura “Café con libros” para persoas adultas.
Esta actividade dará comezo o 9 de outubro e reunirá todos os xoves na Biblioteca Municipal a un grupo de lector@s co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións de unha duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.

Ademais de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.

📌 Clubs de lectura “Peque lectores” e “Os Guays”
Actividades de animación lectora que teñen como obxectivo potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión. Reúnense cada quince dias para comentar o libro elixido de lectura. Os nenos e nenas son capaces de compartir con outros compañeiros as impresións e emocións xeradas pola lectura dos libros e realizar diferentes actividades.

O club de lectura infantil “Peque Lectores” está dirixido á rapazada de 8 a 10 anos e o club de lectura xuvenil “os Guays” que está dirixido á rapazada de 11 a 14 anos e terán lugar os venres, cada 15 días.

📌 Día da Biblioteca
Ademais de todas estas actividades de animación, a Rede de Bibliotecas do Grove ten preparadas actividades durante todo o mes de outubro para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro).

👉👉👉 Venres 9 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove, a través do programa “Ler conta moito”.
Obradoiro creativo ”Monicreques de calcetín” a cargo de Galitoon e dirixido a público infantil de 4 a 8 anos.

👉👉👉 Venres 16 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Contacontos “Aprendendo a querer” a cargo de Trinketrinke Teatro. Contacontos teatralizado a cargo dos ratos de Lonxedetodo e dirixido a público infantil a partir de 4 anos.

👉👉👉 Venres 23 de outubro, 17.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”, a través do “Programa + Música” da Deputación de Pontevedra

“Berce do Son” a cargo da violoncellista Susana Blanco en colaboración con Katerina Linke. Trátase dunha proposta musical inmersiva para pequenos de 1 a 4 anos acompañados por un adulto, cunha mestura de instrumentos acústicos enfocada aos mais pequenos. Nesta viaxe inmersiva se misturan obras clásicas con arranxos propios e de doada dixestión para os nenos xunto a creacións propias con sonoridades suaves e divertidas que convidan a bailar, cantar e xogar.

O relato mestura música e peluches e nel ocorren cousas máxicas. animais terrestres e mariños teñen un desexo que parece estar fóra do seu alcance, pero aprenderemos que todos xuntos podemos axudarlles a cumprilos.

👉👉👉 Venres 30 de outubro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
“Quen dixo medo” a cargo de Barafunda. Espectáculo de movemento e clown ambientado nas historias da noite de Samaín con xogos musicais, globos e efectos durante o cal dúas personaxes farán unha terrorífica sesión de sorrisos e a rapazada bailará como e xogará a ser auténticos monstros. Dirixido a público infantil a partir de 5 anos.

📌📌📌As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas, é necesaria inscrición previa na propia biblioteca, no tfno. 986732341, no e-mail [email protected] ou nas Redes Sociais

Horario de inverno da Biblioteca Municipal do Grove
16/09/2026

Horario de inverno da Biblioteca Municipal do Grove

O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ OS DÍAS 26 E 27 DE SETEMBRO A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MAXIA SOLIDARIO📆O Grove, 15/0...
15/09/2026

O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ OS DÍAS 26 E 27 DE SETEMBRO A TERCEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MAXIA SOLIDARIO

📆O Grove, 15/09/2026.- O Concello do Grove ofrecerá a finais de setembro a terceira edición do Festival de Maxia solidario, financiado polo Plan Máis Provincia de Deputación de Pontevedra.
O Festival, dirixido a todos os públicos, desenvolverase os días 26 e 27 de setembro e nel participarán magos e magas de recoñecido prestixio nacional.

📌📌📌The Magical Mystery Tour
O sábado 26 de setembro, ás 19.00 h, chega ao Auditorio do Grove Cliff the Magician co seu espectáculo The Magical Mystery Tour, un show cheo de maxia e humor para toda a familia. Únete a nós nunha viaxe onde todo é posible: risas aseguradas e momentos máxicos garantidos.

Ademais, dun xeito divertido e sen decatarse, o público aprenderá e practicará un pouco de inglés. Será unha experiencia incrible que sorprenderá!

Este espectáculo é apto para persoas de 2 a 99+ anos que queiran g***r da boa maxia e rir sen parar.

📌📌📌O Gran Circo das Pulgas
O domingo 27 de setembro, chega á Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” o espectáculo máis pequeno do mundo: O Gran Circo das Pulgas a cargo do Mago JoseMari.

Este espectáculo ten un aforo moi limitado polo que se ofrecerán dúas sesión ás 11.30 h e ás 12.15 h e, se fose preciso, unha terceira sesión ás 13.00 h.

A mediados do século XIX, e debido á falta de hixiene na sociedade da época, as pulgas, esas «amigas» dos seres humanos, saltaban e revoloteaban ao seu antollo por todas partes.

Era tal a poboación destes parasitos que incluso chegaron a formar varias compañías circenses polo centro de Europa e o norte de América.

Pero chegou o século XX e, con el, o progreso e un acontecemento que cambiaría para sempre a historia destas artistas: A hixiene!
As pulgas estiveron a piques de extinguirse… e os circos con elas. Josemari Alcázar, un mago viaxeiro e calvo, herdou un destes decadentes circos, conservando sete das súas vellas artistas.
Que comece o espectáculo máis pequeno do mundo!

📌📌📌Gran Gala de Maxia
O domingo 27 de setembro, ás 18.00 h, ofrecerase no Auditorio do Grove a Gran Gala de Maxia coa participación dos mellores magos e magas chegados de diferentes zonas de España: o Mago Paco, O Mago Josemari, O Mago Cliff, a maga Dania Díaz e o Mago Nacho Samena.

Unha viaxe chea de maxia, humor e sorpresas na que nada é o que parece e todo pode acontecer.

Unha gala familiar onde a maxia sae do escenario para chegar directamente ao público, facendo que nenos e nenas participen, xoguen e vivan en primeira persoa momentos realmente sorprendentes. Un espectáculo áxil e divertido, con situacións inesperadas e moito humor para conquistar tamén aos maiores.
Unha proposta chea de enerxía e emoción, na que cada número será unha nova porta aberta á imaxinación e á capacidade de sorprenderse.

Porque nesta gala non só se vén ver maxia… vénse vivila, compartila e desfrutala en familia!

👉Por terceiro ano, o Festival de Maxia virá acompañado de solidariedade para os máis desfavorecido.

👉As persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove, a partir do luns 21 de setembro, e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas.

A Biblioteca Municipal do Grove abre o prazo de inscrición para a nova tempada dos Clubs de Lectura co fin de fomentar o...
14/09/2026

A Biblioteca Municipal do Grove abre o prazo de inscrición para a nova tempada dos Clubs de Lectura co fin de fomentar o hábito lector.
Un ano mais, a biblioteca pon en marcha esta iniciativa deseñada para compartir o amor polos libros, o debate e o diálogo dirixido a todas as idades.
As sesións son periódicas (semanal ou quincenal segundo o grupo) na biblioteca municipal.

Prazo: do 14 de setembro ao 25 de setembro de 2026
As solicitudes poden realizarse de maneira presencial no mostrador da biblioteca
Información: Na Biblioteca Municipal, no teléfono 986732341, no email [email protected] e nas Redes Sociais.

Clubs de Lectura:
Club Lectura “Café con libros”
 Data: Xoves
 Hora: 10.00 a 11.30 h
 Periodicidade: Semanal
 Destinatarios: Público Adulto

Club Lectura “Peque Lectores”
 Data: Venres
 Hora: 18.00 h a 19.00 h
 Periodicidade: Quincenal
 Destinatarios: Nen@s de 8 a 10 anos.

Club Lectura “Os Guays”
 Data: Venres
 Hora: 19.00 h a 20.00 h
 Periodicidade: Quincenal
 Destinatarios: Rapaces e rapazas de 11 a 14 anos

Dirección

Monte Da Vila, Nº 11
El Grove
36980

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Rede de Bibliotecas do Grove publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Rede de Bibliotecas do Grove:

Atajos

Compartir

Categoría