Concello de Fene

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Fene Páxina oficial - Concello de Fene

🎶 Ao son da nova regueifa no IES de FeneO Concello de Fene, coa colaboración da Deputación da Coruña, leva ao IES de Fen...
17/10/2026

🎶 Ao son da nova regueifa no IES de Fene

O Concello de Fene, coa colaboración da Deputación da Coruña, leva ao IES de Fene o documental “Ao son da nova regueifa”, documental dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas que “percorre Galicia para explorar a renovación desta arte con voces novas, música e improvisación”. A proxección desta peza audiovisual, dirixida ao alumnado e profesorado do centro, está prevista para o vindeiro martes, 20 de outubro, ás 16.30 horas.

“Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela”. O documental Ao son da nova regueifa propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.

Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñeceremos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…

ℹ Achegamos como cada venres a axenda e propostas culturais da sociedades de Fene para os sábados 16 e 24 de outubro.   ...
16/10/2026

ℹ Achegamos como cada venres a axenda e propostas culturais da sociedades de Fene para os sábados 16 e 24 de outubro.

⚽️ Axenda remitida polos clubs de Fene (Cultural Maniños, CMI Unidade de Fene, CCRD Perlío e SD Barallobre) para os vind...
16/10/2026

⚽️ Axenda remitida polos clubs de Fene (Cultural Maniños, CMI Unidade de Fene, CCRD Perlío e SD Barallobre) para os vindeiros días

🏫📃✒ O Concello de Fene asina os convenios de subvencións nominativas con entidades culturais, deportivas, educativas e d...
16/10/2026

🏫📃✒ O Concello de Fene asina os convenios de subvencións nominativas con entidades culturais, deportivas, educativas e de promoción económica.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e representantes de diferentes entidades culturais, deportivas, educativas e de promoción económica do municipio asinaron onte os convenios correspondentes ás subvencións nominativas do Concello de Fene para o ano 2026.

Os convenios contemplan achegas municipais destinadas a colaborar no financiamento de actividades e programas desenvolvidos ao longo deste ano polo tecido asociativo local. As contías previstas ascenden a 40.500 euros para entidades culturais, 17.500 euros para ANPAS e iniciativas vinculadas ao ensino, 5.000 euros para entidades deportivas e 29.700 euros para entidades de promoción económica.

A alcaldesa, Sandra Permuy, explicou que a sinatura dos convenios “permite formalizar as achegas previstas para actividades concretas desenvolvidas polas entidades ao longo deste exercicio e establecer con claridade as condicións da colaboración municipal”.

➡️ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9202

O teu sangue pode salvar vidas! ❤️Hoxe venres 16 de outubro achégate á unidade móbil que estará diante do centro de saúd...
16/10/2026

O teu sangue pode salvar vidas! ❤️

Hoxe venres 16 de outubro achégate á unidade móbil que estará diante do centro de saúde de Fene e fai a túa doazón

Xuntos podemos marcar a diferenza! 🙌

🌱 𝐃𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐚́ 𝐦𝐞𝐬𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐧 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐮𝐬𝐚𝐬... e a Asociación SLOW FODD COMPOSTELA convídannos a reflexionar sobre algunhas d...
16/10/2026

🌱 𝐃𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐚́ 𝐦𝐞𝐬𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐧 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐮𝐬𝐚𝐬... e a Asociación SLOW FODD COMPOSTELA convídannos a reflexionar sobre algunhas delas para "reforzar a conexión entre a produción local e a restauración de Ferrolterra, mellorar as oportunidades de comercialización e dar visibilidade aos produtos e ás boas prácticas do territorio".

F𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 dirixidas a produtores, elaboradores e restauradores de FENE e bisbarra, pensadas para quen traballa cada día co produto local.

📆 Cando? O luns 19 de outubro de 2026
🍽️ Ás 11:00 h, no 𝐀𝐭𝐞𝐧𝐞𝐨 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐨𝐥𝐚́𝐧, falarase de restauración: produto de proximidade, certificacións, etiquetaxe e xestión de residuos.
🌾 Ás 17:00 h, na 𝐂𝐨𝐨𝐩𝐞𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐂𝐚𝐩𝐞𝐥𝐚, centrarémonos no tecido produtivo: venda directa, comercialización e normativa de envases.

Dúas xornadas para resolver dúbidas, compartir coñecementos e coñecer mellor as ferramentas dispoñibles.

Para participar, produtores e os establecementos de restauración interesados deben cubrir as seguintes enquisas ⬇️⬇️⬇️

Produtores e elaboradores: https://forms.gle/DjqdwdtnYbV9dTfA8
Restauración: https://forms.gle/vfRG7zfUHHgetGwD8

Vémonos o 19 de outubro! 💚

🏛️ Proxecto financiado pola Deputación da Coruña e dirixido á restauración dos seguintes concellos: Fene, Ares, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, As Somozas e Cedeira.

Máis info ⤵️
☎️ 630 484 944
📧 [email protected]

💰 Éxito de participación na xornada informativa sobre as subvencións da Deputación da Coruña para 2027. Numerosas entida...
16/10/2026

💰 Éxito de participación na xornada informativa sobre as subvencións da Deputación da Coruña para 2027. Numerosas entidades do municipio participaron no encontro organizado polo Concello de Fene e a Deputación da Coruña para dar a coñecer as diferentes liñas de axudas e resolver dúbidas sobre a súa tramitación.As deputadas Sol Agra, Natividade González e Cristina García explicaron as convocatorias e atenderon directamente as consultas do tecido asociativo.

A xornada informativa sobre as liñas de subvención da Deputación da Coruña para entidades de cara a 2027, organizada conxuntamente polo Concello de Fene e a institución provincial, contou cunha elevada participación do tecido asociativo municipal.

O encontro reuniu representantes de numerosas entidades de ámbitos moi diversos, entre eles o cultural, deportivo, medioambiental ou da música tradicional, que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as diferentes posibilidades de financiamento provincial e, especialmente, de formular consultas concretas relacionadas coas convocatorias e coa súa tramitación.

Na xornada participaron as deputadas provinciais Sol Agra, responsable da área de Igualdade; Natividade González, responsable de Cultura; e Cristina García, responsable de Plans Provinciais, que explicaron as principais características das diferentes liñas de subvención e atenderon as preguntas formuladas polas asociacións asistentes.

A sesión tivo un marcado carácter práctico, dedicándose unha parte importante do encontro a resolver dúbidas e aclarar cuestións relacionadas co acceso ás axudas, os procedementos administrativos e as diferentes convocatorias. As entidades participantes valoraron positivamente a posibilidade de trasladar directamente as súas consultas e obter información para preparar con maior seguridade as futuras solicitudes.

➡ https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9200

Se tes entre 45 e 60 anos e estás en situación de desemprego ou inactividade, este curso gratuíto de Auxiliar de Cociña ...
15/10/2026

Se tes entre 45 e 60 anos e estás en situación de desemprego ou inactividade, este curso gratuíto de Auxiliar de Cociña en Fene é para ti! 👇

A Cámara de Comercio da Coruña pon en marcha unha nova formación de 120 horas dentro do Programa Talento 45+, financiado polo Fondo Social Europeo, deseñada para mellorar as túas competencias e impulsar o teu perfil profesional.

📍 Lugar: Escuela de Cocina ICOOK de Fene (Estrada do Peirao, 14)

📅 Datas: Do 2 de novembro ao 16 de decembro

⏰ Horario: De luns a xoves, de 9:00 a 14:00 h

💶 Prezo: Gratuíto

📲 COMO INSCRIBIRSE?

Cámara de Comercio (Delegación de Ferrol): C/ María, 158

📞 Teléfono: 881 92 64 94

📝 Formulario: Inscrición Cursos Emprego Talento 45+ (2º Semestre)

ℹ️ MÁIS INFORMACIÓN:

Área de Formación e Emprego "Pancho Allegue" (Concello de Fene)

📞 981 492 767 | ✉️ [email protected]

📌 As prazas son limitadas. Garda este post ou compárteo con quen lle poida interesar! 🔄

Máis información en ⬇
https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/9199

🎥 Xa se pode ver na canle de Youtube do Concello de Fene a video acta do 01.10.2026 ▶️  https://youtu.be/x12fUN42CZ8PART...
14/10/2026

🎥 Xa se pode ver na canle de Youtube do Concello de Fene a video acta do 01.10.2026
▶️ https://youtu.be/x12fUN42CZ8

PARTE RESOLUTIVA Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 03.09.2026 Aprobación, se procede, da renuncia á solicitude de subvención á Deputación Provincial da Coruña, acordada polo Pleno o 30.04.2026, e nova solicitude de subvención para a execución do proxecto técnico da obra “Substitución de cerramento e obra civil de núcleo de ascensor exterior no local municipal situado na rúa Tras do Cádavo, 11, Proposta 2026/G006/000315 Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal PSdeG-PSOE de Fene, en relación co funcionamento do servizo ferroviario e o transporte interurbano, Proposta 2026/G006/000368 Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de créditos 2026/02, Proposta 2026/G006/000380

PARTE DE FISCALIZACIÓN E CONTROL Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 1143/2026 á 1257/2026 Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao segundo trimestre do 2026, Proposta 2026/G006/000343 Mocións urxentes Rogos e preguntas

O teu sangue pode salvar vidas! ❤️O venres 16 de outubro achégate á unidade móbil que estará diante do centro de saúde d...
13/10/2026

O teu sangue pode salvar vidas! ❤️

O venres 16 de outubro achégate á unidade móbil que estará diante do centro de saúde de Fene e fai a túa doazón

Xuntos podemos marcar a diferenza! 🙌

Dirección

Praza Do Alcalde Ramón Souto González S/N
Fene
15500

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34981492707

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Fene publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir