PSdeG-PSOE Ferrol

Cómo llegar Página web

PSdeG-PSOE Ferrol Agrupación socialista de Ferrol, ciudad natal de Pablo Iglesias, fundador del Partido Socialista

23/10/2026
🚨 FERROL MERECE MOITO MÁIS QUE PROMESAS INCUMPRIDASOs Orzamentos da Xunta para 2027 volven traer o mesmo de sempre: part...
21/10/2026

🚨 FERROL MERECE MOITO MÁIS QUE PROMESAS INCUMPRIDAS

Os Orzamentos da Xunta para 2027 volven traer o mesmo de sempre: partidas que se repiten ano tras ano, pero que nunca se traducen en obras e servizos reais para Ferrol.

📍 Saneamento do rural: Rueda comprometeuse a iniciar as obras en 2023 e seguen sen comezar.

🏥 Hospital Arquitecto Marcide: 14 anos de atraso nunha actuación que non acaba nunca. A día de hoxe, aínda hai habitacións sen baño propio.

🏘️ Vivenda pública: anuncios que chegan tarde e sen unha resposta real ás necesidades da veciñanza.

🏚️ Rexurbe en Ferrol Vello: seis anos despois dos anuncios, apenas media ducia de vivendas entregadas.

Desde o PSOE de Ferrol denunciamos esta política de anuncios e promesas que non se cumpren. Os investimentos non poden quedar no papel mentres Ferrol segue esperando.

❌ Anunciar unha obra unha e outra vez non é gobernar.

Ferrol precisa feitos, investimentos executados e compromisos que se convertan en realidades.

VivendaPública FerrolVello

❌ BASTA XA DE ATAQUES Á CRUZ VERMELLA!Condenamos rotundamente un novo ataque ás instalacións da Cruz Vermella. Un feito ...
17/10/2026

❌ BASTA XA DE ATAQUES Á CRUZ VERMELLA!

Condenamos rotundamente un novo ataque ás instalacións da Cruz Vermella. Un feito absolutamente intolerable que non se pode xustificar nin normalizar.

Atacar unha entidade humanitaria é atacar a solidariedade, o compromiso social e o traballo de todas as persoas que dedican o seu tempo e esforzo a axudar a quen máis o necesita.

A violencia nunca pode ter cabida contra quen traballa para construír unha sociedade máis xusta, humana e solidaria.

Esiximos respecto polo labor das entidades sociais e condenamos con firmeza calquera acto que pretenda danar, intimidar ou obstaculizar o seu traballo.

Todo o noso apoio á Cruz Vermella, ás persoas voluntarias e aos profesionais que, malia as dificultades, continúan comprometidos coa súa misión de axuda.

A SOLIDARIEDADE NON SE ATACA.
A VIOLENCIA NON SE XUSTIFICA.
E O NOSO COMPROMISO COAS PERSOAS NON SE VAI DOBREGAR. ✊❤️

BastaXa

💜 Hoxe estivemos ao lado de Julieta, porque as enfermidades raras tamén merecen ser visibilizadas.Detrás de cada enfermi...
17/10/2026

💜 Hoxe estivemos ao lado de Julieta, porque as enfermidades raras tamén merecen ser visibilizadas.

Detrás de cada enfermidade rara hai unha historia, unha loita e unha familia que precisa apoio, comprensión e esperanza. 💫

Hai que darlle voz a quen moitas veces non é escoitado, porque todas as persoas merecen ser vistas, escoitadas e acompañadas. 💜

Hoxe e sempre, con Julieta e con todas as persoas que conviven cunha enfermidade rara. 💜✨

DálleVoz 💜

🏠 MENOS FOTOS, MÁIS VIVENDADende o PSOE de Ferrol denunciamos a política de vivenda de Rey Varela, baseada nos anuncios ...
11/10/2026

🏠 MENOS FOTOS, MÁIS VIVENDA

Dende o PSOE de Ferrol denunciamos a política de vivenda de Rey Varela, baseada nos anuncios e na propaganda mentres a xestión municipal acumula atrasos e problemas sen resolver.

📍 As rehabilitacións de Recimil e da Estrada de Castela encadean prórrogas, modificacións e demoras que atrasan a resposta que necesitan as familias ferrolás.

A vivenda non se resolve con visitas institucionais nin con fotos en obras alleas. Resólvese con planificación, rigor e unha xestión eficaz dos recursos públicos.

🗣️ Ferrol non necesita máis propaganda: necesita vivendas rehabilitadas e solucións reais.

Esiximos ao goberno local que deixe de buscar escusas e se poña a traballar para que as familias poidan contar coas vivendas municipais que están agardando.

Dirección

Calle Carmen 4, Bajo
Ferrol
15402

Horario de apertura

Lunes 11:00 - 13:00
Martes 11:00 - 13:00
Miércoles 11:00 - 13:00
18:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 13:00
Viernes 11:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Ferrol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir