Colegio Plurilingüe Valle Inclán 1 - Ferrol

Cómo llegar Página web

Colegio Plurilingüe Valle Inclán 1 - Ferrol COLEXIO PLURILINGÜE VALLE INCLÁN-FERROL
EDUCACIÓN GRATUITA DE INFANTIL, PRIMARIA Y SECUNDARIA

COLEXIO PLURILINGÜE VALLE INCLÁN-FERROL
EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA Y SECUNDARIA • El Ferrol
O CPR Valle–Inclán 1 é un centro privado concertado plurilingüe onde se pode cursar Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, sendo o ensino totalmente gratuito nos 3 niveis. Pretendemos ser un centro familiar e aberto, onde procuramos que tanto os alumnos e alumnas como as familias destes se sintan cómodos e á su vez participen activamente no proceso educativo. Amais da labor docente propia dun Centro de Ensinanza, pretendemos acadar outros obxectivos formativos que consideramos fundamentais para unha correcta formación do alumnado cara o seu desenvolvemento vital e social; por elo plantexámonos, entre outras, as seguintes metas:

- Fomentar entre a Comunidade Escolar a importancia da labor do Observatorio da Convivencia Escolar, co fin de previr conflictos e mellorar, na maneira do posible a disciplina e a convivencia no Centro

- Detectar dende os primeiros cursos as posibles alteracións de linguaxe oral e escrita que poden afectar o alumnado, así como mellorar o tratamento e seguimento de rapaces con necesidades educativas específicas

- Fomentar nos alumnos o gusto pola lectura, dende as primeiras etapas, promovendo tanto a utilización da biblioteca de aula como o servicio de préstamo da biblioteca escolar.

30/10/2026

🎃 EXPOSICIÓN DE CABAZAS 🪦

"No cole as cabazas rin por Samaín
Sen medo e lembrando aos seus defuntos,
todos os fantasmas van marchando xuntos
neste misterio que non ten fin".

💚 Graciñas pola vosa colaboración e 🧠 creatividade!

Que teñades unha boa finde de Samaín 👻. Vémonos á volta 😉

30/10/2026
🎃 SEMANA DE SAMAÍN E MAGOSTO NO COLE!📆 O vindeiro venres 30 de outubro organizamos unha xornada especial con motivos des...
26/10/2026

🎃 SEMANA DE SAMAÍN E MAGOSTO NO COLE!

📆 O vindeiro venres 30 de outubro organizamos unha xornada especial con motivos destas celebracións.

No cole queremos fomentar a convivencia, a participación e o coñecemento das nosas tradicións populares.

E coma sempre, agradecemos a vosa colaboración e participación. ANIMÁDEVOS!! 😁☺️☺️

📆 AXENDA DO QUE RESTA DE MES:📢 Para o venres desta semana temos unha charla sobre igualdade na biblio o cole desde 6° de...
21/10/2026

📆 AXENDA DO QUE RESTA DE MES:

📢 Para o venres desta semana temos unha charla sobre igualdade na biblio o cole desde 6° de Primaria ata 4° da ESO.
O luns o primeiro ciclo de EP abre a semana co Universo do Bo Trato.

📝 Máis info acerca do festival de Samaín a semana que vén!

24/07/2026
🎓 GRADUACIÓN 4°ESO 2026 🎉Despedimos o curso e, como cada ano, despedimos tamén ao noso grupo de 4° da ESO. Pechamos unha...
30/06/2026

🎓 GRADUACIÓN 4°ESO 2026 🎉

Despedimos o curso e, como cada ano, despedimos tamén ao noso grupo de 4° da ESO.
Pechamos unha etapa chea de aprendizaxes, retos, amizades e lembranzas que quedarán para sempre.

Moitísimas grazas a vós e as vosas familias por confiar en nós e por forma parte da 💙💚

Comeza un novo camiño cheo de oportunidades. Levade convosco todo o aprendido, confiade nas vosas capacidades e nunca deixedes de soñar.

Moita sorte nesta nova aventura! Esta sempre será ás vida casa 🥰✨

Dirección

EStrada De Xoane 170/172 15. 405/Ferrol A Coruña
Ferrol
15405

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colegio Plurilingüe Valle Inclán 1 - Ferrol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir