Concello de Fisterra

Cómo llegar Página web

Concello de Fisterra Administración local. Páxina oficial de Facebook do Concello de Fisterra

ORGULLO FISTERRÁN💚
11/10/2026

ORGULLO FISTERRÁN💚

El fisterrán Cristopher Castro estudia cómo aumentar su fiabilidad en la prestigiosa ETH de Zúrich

NOS MEDIOS| XI PEDESTRE CONCELLO FISTERRA
11/10/2026

NOS MEDIOS| XI PEDESTRE CONCELLO FISTERRA

En la distancia de 3K, los más rápidos fueron Carlos Fraga e Inés Papín

DEPORTES|🏆 PARABÉNS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO 3K E 10K!O Concello de Fisterra felicita a todos os gañadores e gañador...
11/10/2026

DEPORTES|🏆 PARABÉNS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO 3K E 10K!

O Concello de Fisterra felicita a todos os gañadores e gañadoras das probas e agradece a participación de todas as persoas que formaron parte desta xornada deportiva, que puxo o broche final ao Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

👏 Grazas a todos e todas por contribuír ao éxito desta cita co deporte na Fin do Camiño.

🏆 Estes son os gañadores e gañadoras das probas de 3K e 10K no Concello de Fisterra, última parada do Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

🙌 Moitísimos parabéns!! 💪

11/10/2026

DEPORTES|🏃‍♂️🏃🏻‍♀️ Así comezaba hoxe a carreira 10K da XI Pedestre Concello de Fisterra.

CULTURA|🎶 BAILE SOCIAL AO SON DA VIDA!🎶O Concello de Fisterra, a través da Concellería de Cultura, invita á veciñanza a ...
11/10/2026

CULTURA|🎶 BAILE SOCIAL AO SON DA VIDA!🎶

O Concello de Fisterra, a través da Concellería de Cultura, invita á veciñanza a desfrutar dunha tarde-noite de música, baile e diversión no Mercado Cultural.

📅 Hoxe, domingo 11 de outubro.
🕖 De 19:00 a 22:00 horas.
📍 Mercado Cultural de Fisterra.
🎤 Música en directo con Grupo Maracaibo.
🎟️ Entrada libre!

Unha oportunidade para compartir, bailar e g***r da música en boa compañía. 💃🕺

Agardámosvos! ❤️

10/10/2026

CAMIÑO E CULTURA| 🩵Anne Carson e Fisterra: onde o mar se fai poesía.

🔹A poeta canadense Anne Carson, unha das grandes voces da literatura contemporánea, lévanos a pensar no mar como metáfora do misterio, da memoria e do infinito.

En Fisterra, onde a terra se rende ao Atlántico, cada onda parece escribir un verso e cada horizonte abrir unha nova pregunta.

🔹Alexandre Nerium, no seu libro Aquén do mar, achéganos tamén a esa paisaxe de palabras, memoria e océano. Neste vídeo, o autor fala sobre Anne Carson e a súa relación con Fisterra, nunha conversa na que a poesía navega entre dúas beiras.

🔹Porque, como na poesía, no mar nunca hai un final definitivo, só outras formas de comezar. 🔹



NOS MEDIOS|🩵 Anne Carson na Fin do Camiño🌄
👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2026/10/10/span-langgl-nobel-literatura-atopou-inspiracion-camino-fisterraspan/0003_202610C10C6991.htm

𝐒𝐀𝐔́𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐍𝐓𝐀𝐋 | 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐮𝐫𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞A saúde mental é unha realidade que non podemos seguir ignorando. O sufr...
10/10/2026

𝐒𝐀𝐔́𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐍𝐓𝐀𝐋 | 𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐮𝐫𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞

A saúde mental é unha realidade que non podemos seguir ignorando. O sufrimento psicolóxico atravesa a nosa sociedade e pode ter consecuencias devastadoras.
En España, o suicidio é a terceira causa de morte externa. Non podemos mirar cara a outro lado.

Hoxe, 10 de outubro, conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental e na mañá de onte, o alcalde de Fisterra, Luis Insua Lago, participaba no acto organizado por APEM arredor da campaña 𝑭𝒂𝒊 𝒎𝒂𝒕𝒄𝒉 𝒄𝒐𝒂 𝒕𝒖́𝒂 𝒔𝒂𝒖́𝒅𝒆 𝒎𝒆𝒏𝒕𝒂𝒍, que puxo o foco no benestar emocional da mocidade.

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐢𝐬𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚 mantén o seu compromiso cos problemas que preocupan e afectan á nosa sociedade. É fundamental aprender a mirar ao noso arredor, escoitar sen prexuízos e estar atentos ás persoas que temos ao lado. Ás veces, detectar o sufrimento a tempo e saber acompañar pode marcar a diferenza.

🔗 Le a noticia completa en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2026/10/10/match-salud-mental/0003_202610C10C4992.htm

CULTURA|📚 FISTERRA PON EN VALOR O LEGADO DE RAMÓN MARCOTE NA CORUÑA.Na tarde de onte celebrouse no Circo de Artesáns da ...
10/10/2026

CULTURA|📚 FISTERRA PON EN VALOR O LEGADO DE RAMÓN MARCOTE NA CORUÑA.

Na tarde de onte celebrouse no Circo de Artesáns da Coruña a presentación da edición facsimilar da Historia de Galicia. Compendio, de Ramón Marcote, unha obra fundamental para recuperar e divulgar o legado deste ilustre fisterrán, nado en Sardiñeiro en 1880.

No acto estivo presente Manuel Canosa Trillo, concelleiro de Fisterra, que quixo acompañar a Modesto Fraga nesta iniciativa cultural, enmarcada na conmemoración do centenario da obra.

Destacar a presenza de Luis Lamela, David Marcote Canosa e Marcelino Abuín Duro, asistindo a este momento tan especial e acompañar esta iniciativa de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico e cultural de Fisterra.

Unha vez máis, grazas Modesto Fraga, polo teu excelente traballo de investigación, recuperación e difusión da nosa historia e do patrimonio cultural galego. O teu compromiso contribúe a dar a coñecer figuras relevantes da nosa terra e a manter viva a memoria de persoas que deixaron unha fonda pegada na cultura de Galicia.

A recuperación da obra de Ramón Marcote supón tamén un recoñecemento á historia de Fisterra e á contribución dos seus veciños á defensa e divulgación da nosa identidade cultural.

MELLORAS| 🔵🟡FISTERRA, UNHA SEMANA MÁIS EN MARCHA.🔵🟡Facemos un pequeno resumo dalgunhas das actuacións realizadas ao long...
09/10/2026

MELLORAS| 🔵🟡FISTERRA, UNHA SEMANA MÁIS EN MARCHA.

🔵🟡Facemos un pequeno resumo dalgunhas das actuacións realizadas ao longo desta semana no noso concello.

Durante estes días continuamos cos traballos de mantemento, conservación, acondicionamento e mellora de diferentes espazos e lugares do municipio.

Un traballo continuo e constante que levamos a cabo semana a semana, con compromiso e responsabilidade, para facer de Fisterra un concello cada día máis coidado e mellor.

💙 O noso compromiso con Fisterra é firme e continuo.

𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐈𝐒 | 𝐂𝐀𝐒𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑O Modelo Colaxe recibe o primeiro Premio de Excelencia á Innovación na Diversificación ...
09/10/2026

𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐈𝐒 | 𝐂𝐀𝐒𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑

O Modelo Colaxe recibe o primeiro Premio de Excelencia á Innovación na Diversificación da Actividade Económica no Medio Rural 2026, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O proxecto conta con 10 cooperativas e 21 Casas do Maior en nove concellos da Costa da Morte. En Fisterra contamos con tres: dúas en Suarriba e unha en Vilar de Duio.

Noraboa a todo o equipo de Colaxe por este recoñecemento!

🔗 Consulta a noticia oficial do Ministerio:

https://www.mapa.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/detalle_noticias/el-ministerio-de-agricultura--pesca-y-alimentaci-n-premia-con-un-galard-n-honor-fico-a-la-escritora-remedios-zafra--premio-nacional-de-ensayo-2025/f5b79cf5-a163-4aaa-8603-5b165fde7bb5

Dirección

R/Santa Catalina, 1
Finisterre
15155

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Fisterra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir