08/10/2026
📅 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝘇 | 𝟵, 𝟭𝟬, 𝟭𝟭 𝗲 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼
Unha nova fin de semana con teatro, cinema e festas en Foz. Estas son as citas:
🎭 Venres 9 | "As gardiás ou o nó do tecelán"
Teatro de Ningures presenta na Sala Bahía esta obra de Nasser Djemaï, dirixida por Cristina Domínguez. A representación comezará ás 20:30 h.
🎭 Domingo 11 | "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Teatro para público familiar da man de A Xanela do Maxín, ás 12:00 h na Sala Bahía.
🎬 Domingo 11 | "As liñas descontinuas"
Continúan os Domingos de Cine en Foz e o Ciclo Mestre Mateo 2026 coa proxección de "As liñas descontinuas", ás 18:30 h na Casa da Cultura.
🎭 Domingo 11 | "Da Taberna ó Consultorio e da Cociña ó Purgatorio"
Nova cita con Fazouro – Teatro en Outono. O grupo Os Pícaros de Lagoa actuará ás 19:30 h nas antigas escolas de Fazouro.
🎉 Do sábado 10 ao luns 12 | Festas do Pilar na Espiñeira
A Espiñeira celebra as súas festas cunha completa programación. O sábado 10, ás 21:00 h, haberá cea prefesta, sorteos e música con DJ HD Brothers. O domingo 11, misa solemne ás 13:00 h e sesión vermú coa orquestra Pontevedra, que pola noite compartirá verbena con Charleston Big Band. O luns 12, ás 13:00 h, misa solemne e procesión acompañada de gaitas, seguida dunha gran sesión vermú co Grupo da Silva.
📸 Ata o 12 de outubro | Exposición "Misión: Afganistán"
O CENIMA acolle esta mostra organizada polo Ministerio de Defensa, a través da Subdelegación de Defensa en Lugo. Pode visitarse de 9:30 a 14:00 horas ata o luns.