11/10/2026
Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña participan a vindeira semana no 25º Campionato Mundial de Pizza picante que se celebra en Calabria, Italia. 🇮🇹
Durante tres días terán que competir con outras dezaseis escolas de todo o mundo elaborando pizza picante. Participan con catro receitas para catro pizzas 🍕diferentes: Polbo á galega (con polbo galego, queixo San Simón e allada picante), Bosque galego (a base de crema de castañas e mel picante), Terra meiga (con zorza picante) e Rapadoira (con setas, queixo azul e pera).
Durante esta competición están acompañadas da súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas.
Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ do que disfruta o alumnado de FP do IES de Foz, financiada pola Unión Europea que permite a alumnado de formación profesional participar en competicións de habilidades de FP por toda Europa.