BNG Frades

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG Frades Páxina da asemblea do Bloque Nacionalista Galego en Frades, a través da cal podes contactar con n?

Frades,malia ser un concello eminentemente rural, goza dunhas condicións xeográficas que o deberan favorecer; desde a súa conformación paisaxística e medio natural até o seu emprazamento no eixo potencial Atlántico galaico-portugués, a 20 minutos de Santiago e a 40 de A Coruña. Todo este conxunto de factores leva décadas sendo desaproveitado de principio a fin por un goberno de actuación pasiva no interese do pobo e activa no seu interese persoal, cunha xestión ineficaz e misteriosa, deste xeito Frades ficou ancorado nun atraso socioeconómico que parte da carencia infraestrutural e chega á perda de poboación. O único avance sustancial que viu Frades nas últimas décadas foi o traballo de concentración parcelaria, que non dependeu nin na súa maior parte do goberno actual. No BNG cremos que Frades ten potencial, cremos que se lle pode sacar moito partido á agricultura ecolóxica, ás enerxías renovábeis, a unha rede de infraestruturas adaptada á realidade dos fradenses, con zonas por onde camiñar, a un solo industrial que concentre a tendencia de espallamento da industria fradense, ás políticas sociais e de axuda a maiores, a un Frades con mobilidade interior e para o exterior, comunicado coas metrópoles e coa súa realidade... políticas progresistas feitas sen cor nin discriminación política de por medio, e desde unha Casa do Concello do pobo, de todo Frades, e non apenas dunha familia. Frades ten futuro, co apoio de todos, conseguiremos poñelo en marcha!

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

𝗔𝗳𝗮𝘀𝘁𝗮𝗿 𝗼𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗼𝗿𝗻𝗶ñ𝗼𝘀 𝗻𝗼𝗻 𝗮𝗯𝗼𝗻𝗱𝗮: 𝗮𝗴𝗼𝗿𝗮 𝗵𝗮𝗶 𝗾𝘂𝗲 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗮𝗿 𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲🐦 Que os estorniños marchasen despois de chamar unha empr...
10/09/2026

𝗔𝗳𝗮𝘀𝘁𝗮𝗿 𝗼𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗼𝗿𝗻𝗶ñ𝗼𝘀 𝗻𝗼𝗻 𝗮𝗯𝗼𝗻𝗱𝗮: 𝗮𝗴𝗼𝗿𝗮 𝗵𝗮𝗶 𝗾𝘂𝗲 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗮𝗿 𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲

🐦 Que os estorniños marchasen despois de chamar unha empresa especializada parécenos perfecto. O que non é aceptable é que, unha vez afastados os paxaros, non se realizase unha limpeza completa e adecuada da zona.

💩 A veciñanza de Ponte Carreira tivo que soportar durante practicamente todo o verán unha importante acumulación de excrementos e cheiros nunha contorna destinada ao xogo, ao lecer e á actividade física, con espazos utilizados diariamente por nenos, nenas e persoas maiores.

📅 A actuación para afastar os estorniños non chegou ata mediados do mes de agosto. Unha resposta tardía para un problema coñecido que afectou durante semanas á salubridade e ao uso dun espazo público.

📸 Aínda que onte choveu e a auga eliminou parte da sucidade acumulada, as fotografías previas que adxuntamos permiten comprobar o estado do parque. A choiva non pode substituír os labores municipais de limpeza e desinfección.

⚠️ O propio Concello recoñece que estas deposicións poden causar problemas de saúde pública e danos nas instalacións municipais. Por iso, non chega con anunciar que os paxaros foron afastados: é necesario limpar e desinfectar o parque para que poida volver utilizarse con todas as garantías.

📢 Cómpre lembrar tamén que o ano pasado este mesmo problema foi atendido grazas á insistencia do BNG de Frades. Este ano volveu repetirse e, novamente, a resposta chegou tarde e quedou incompleta.

Desde o 𝗕𝗡𝗚 𝗱𝗲 𝗙𝗿𝗮𝗱𝗲𝘀 reclamamos:

✅ A limpeza e desinfección inmediata de toda a zona afectada.
✅ Un seguimento periódico que evite novas acumulacións.
✅ Unha planificación preventiva para que esta situación non volva repetirse cada verán.

Afastar os estorniños é só unha parte da solución. Agora toca limpar o parque e devolvelo á veciñanza en condicións dignas e seguras.

💧 No último pleno preguntamos polo estado das análises das fontes do noso concello.Varias fontes moi concorridas pola ve...
04/03/2026

💧 No último pleno preguntamos polo estado das análises das fontes do noso concello.

Varias fontes moi concorridas pola veciñanza de Frades levan sen analizarse dende o ano 2024.

Dende o BNG de Frades instamos ao Concello a que, como mínimo, se realice unha análise anual das fontes públicas para garantir a seguridade e tranquilidade de todas e todos.

O Tenente de Alcalde afirma que non hai motivo de preocupación, mesmo sendo Frades un concello gandeiro, onde a calidade da auga pode variar.

A saúde pública non é un tema menor. Transparencia, prevención e responsabilidade.

🚧 BNG de Frades esixe solucións para a estrada de Ledoira 🚧No último pleno municipal instamos ao goberno de Frades a arr...
23/12/2025

🚧 BNG de Frades esixe solucións para a estrada de Ledoira 🚧

No último pleno municipal instamos ao goberno de Frades a arranxar con urxencia a estrada de Ledoira, unha vía transitada e nun estado claramente perigoso.

👉 Problemas actuais da estrada:

O firme atópase en mal estado

Non existen cunetas, o que provoca problemas de drenaxe

As plantas invaden a pista, reducindo gravemente a visibilidade

Se se cruzan dous coches, é imposible pasar

⚠️ A falta de visibilidade e o estreitamento da vía incrementan seriamente o risco de accidentes, tanto para vehículos como para peóns.

🚗 Trátase dunha estrada que dá acceso á área recreativa da Presa, polo que é aínda máis necesario garantir condicións de seguridade axeitadas.

📢 Dende o BNG de Frades reclamamos seguridade viaria, mantemento axeitado e unha actuación inmediata.

Este é o calendario de citas médicas en Frades.👉 Non hai cita dispoñible Estamos en pleno pico de gripe, con persoas mai...
22/12/2025

Este é o calendario de citas médicas en Frades.
👉 Non hai cita dispoñible

Estamos en pleno pico de gripe, con persoas maiores, crianzas e veciñanza que precisan atención médica agora, non dentro de semanas.

Desde o BNG de Frades seguimos a denunciar unha situación insostible:
❌ falta de persoal sanitario
❌ listas de espera inaceptables
❌ abandono da atención primaria no rural

A sanidade pública non pode funcionar con calendarios baleiros de dereitos. A veciñanza de Frades merece unha atención médica digna, próxima e en tempo.

📢 Esiximos á Xunta de Galiza solucións inmediatas: reforzo de persoal, máis medios e respecto pola sanidade pública no rural.

Porque a saúde non pode agardar.

Dirección

Frades
15686

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Frades publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Frades:

Atajos

Compartir