Concello de Frades

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Frades Un espazo para informar aos veciños/as de Frades de todas as actividades, iniciativas e novedades

🛑🚧𝗥𝗘𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗢𝗦 𝗔𝗖𝗖𝗘𝗦𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗔, 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗔Ú𝗗𝗘, 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗢𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔🚧🛑Mañá venres comenz...
22/10/2026

🛑🚧𝗥𝗘𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗢𝗦 𝗔𝗖𝗖𝗘𝗦𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗔, 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗔Ú𝗗𝗘, 𝗖𝗘𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗢𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔🚧🛑

Mañá venres comenzarán os traballos de renovación da capa de rodadura de todas as rúas de acceso á praza de Ponte Carreira, ao centro de saúde e ao centro Sociocomunitario.

Estes días realizáronse obras para ampliacións de varios tramos de beirarrúas.

Perdoade os trastornos que poidan causar estas obras, que agardamos que estean rematadas o próximo luns.

𝗙𝗥𝗔𝗗𝗘𝗦, 𝗗𝗜𝗦𝗧𝗜𝗡𝗚𝗨𝗜𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗔 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗚𝗔𝗟𝗜𝗖𝗜𝗔♻ O Concello de Frades vén de ser distinguido por primeira vez co disti...
21/10/2026

𝗙𝗥𝗔𝗗𝗘𝗦, 𝗗𝗜𝗦𝗧𝗜𝗡𝗚𝗨𝗜𝗗𝗢 𝗖𝗢𝗔 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗚𝗔𝗟𝗜𝗖𝗜𝗔
♻ O Concello de Frades vén de ser distinguido por primeira vez co distintivo Bandeira Verde de Galicia, como mostra do seu compromiso co medio ambiente e a paisaxe.
💚 O alcalde de , Roberto Rey, recolleu a distinción de mans da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, e do alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martinez Carrillo, xunto a outros 38 municipios.
🌳 Este distintivo destaca o compromiso do Concello de Frades co impulso de distintos tipos de accións e boas prácticas para ordear o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe, afrontar o cambio climático, mellorar a eficiencia enerxética, xestionar de xeito responsable os residuos municipais e sensibilizar á veciñanza nesta materia.
👏👏👏 Grazas a todos os veciños e veciñas de Frades por axudarnos a facer un mellor lugar onde vivir❗

𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗖𝗔𝗚𝗛𝗔𝗥 𝗣𝗔𝗧𝗔𝗧𝗜𝗟𝗟𝗔𝗦🎭Lembra que este venres pechamos o prazo de anotación no divertido espectáculo "Contos para...
21/10/2026

𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗖𝗔𝗚𝗛𝗔𝗥 𝗣𝗔𝗧𝗔𝗧𝗜𝗟𝗟𝗔𝗦
🎭Lembra que este venres pechamos o prazo de anotación no divertido espectáculo "Contos para caghar patatillas", unha actuación musical e de humor de Brais das Hortas que repasará as lendas galegas máis terroríficas: a Santa Compaña, o home do s**o, bruxas, curuxas...
👻 Un espectáculo para desfrutar en familia este sábado 24 de outubro, ás 11:30 horas, no multiúsos de Frades
☎ Inscricións no Concello: 981 695 567.

𝗣𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗩𝗲𝗿𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗶ñ𝗼♻ O próximo martes 27 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, tes unha cita no centro sociocomunitario...
20/10/2026

𝗣𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗩𝗲𝗿𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗶ñ𝗼
♻ O próximo martes 27 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, tes unha cita no centro sociocomunitario de Ponte Carreira coa iniciativa: "Pegada verde no Camiño: sostibilidade, residuos cero e respecto polo medio ambiente".
✅ Durante a sesión, as persoas asistentes aprenderedes a reducir o lixo que xeramos durante unha ruta, que facer cos residuos que atopamos no camiño, como respectar a fauna e flora, a comprender como identificar especies peligrosas ou que hábitos poden axudar a coidar do noso medio ambiente.
📌 De balde.
👉 Organizan: Concello de Frades / Xunta de Galicia / Fegaus

𝗦𝗮í𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝘁𝗼𝗻𝗼🍂 A Mancomunidade de Ordes convídate a coñercer más de preto o patrimonio, a  historia e os tesouros que...
20/10/2026

𝗦𝗮í𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝘁𝗼𝗻𝗼
🍂 A Mancomunidade de Ordes convídate a coñercer más de preto o patrimonio, a historia e os tesouros que agocha a nosa comarca a través de visitas con guía oficial.
📅 Primeira saída: domingo 25 de outubro, de 9 a 15:00 horas.
🌿 A ruta inclúe unha degustación de produtos locais.
📝Prazas limitadas.
📍 Actividade organizada pola Mancomunidade e subvencionada pola Xunta de Galicia
📲 Inscricións no 678 776 951 / [email protected] ata o venres 23 de outubro.

𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗶𝘁𝗼𝘀𝗮𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀🌳 Lembra que ata o 2 de novembro podes anotarte neste curso para obter o carné básico de manipula...
20/10/2026

𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗶𝘁𝗼𝘀𝗮𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀
🌳 Lembra que ata o 2 de novembro podes anotarte neste curso para obter o carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios que convocan os Concellos de Frades e Mesía.
📌 As clases terán lugar nas fins de semana do 21 e 22 e do 28 e 29 de novembro, de 9:00 a 15:00 horas.
💲Prezo: 130 €.
☎️Anótate en: 981 687 001

𝗦𝗲𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝗶𝗯𝗮 𝗮 𝗢 𝗩𝗶𝗰𝗲𝗱𝗼🚶 Unha trintena de veciños e veciñas de Frades desafiaron á choiva e cubriron o pasado sá...
19/10/2026

𝗦𝗲𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝗶𝗯𝗮 𝗮 𝗢 𝗩𝗶𝗰𝗲𝗱𝗼
🚶 Unha trintena de veciños e veciñas de Frades desafiaron á choiva e cubriron o pasado sábado unha ruta de sendeirismo de 14 km entre Ortigueira e O Vicedo. Un fermoso paseo dende o banco máis bonito do mundo (ou iso din) e seguindo espectaculares cantís, pasarelas e fermosas vistas marítimas.
📲 Próxima cita: sábado 21 de novembro. Destino: as Fragas do Eume, o bosque atlántico de ribeira mellor conservado de Europa, cos engadidos de visitar o centro de interpretación de Ombre e o Mosteiro de Caaveiro. Prezo: 15 euros. Inscríbete no Concello de Frades: 981 695 567.

𝗗í𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗱𝗶𝗮𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗼 𝗰𝗮𝗻𝗰𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗺𝗮🩷 O Concello de Frades conmemora hoxe, 19 de outubro, o Día mundial contra o cancro d...
19/10/2026

𝗗í𝗮 𝗺𝘂𝗻𝗱𝗶𝗮𝗹 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗼 𝗰𝗮𝗻𝗰𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗺𝗮
🩷 O Concello de Frades conmemora hoxe, 19 de outubro, o Día mundial contra o cancro de mama, coa instalación dunha mesa informativa na casa do concello e co reparto de lazos solidarios no centro de saúde de Ponte Carreira e o consultorio de Abellá.
👉 Grazas un ano máis á Asociación Española Contra o Cancro A Coruña pola súa colaboración e por lembrarnos que , é apoio, investigación e detección precoz en cancro de mama. Teléfono gratuíto: 900 100 036 ☎️

🚨🚨🚨𝗖𝗔𝗡𝗖𝗘𝗟𝗔𝗗𝗢🚨🚨🚨Informamos da cancelación do acto no que se ía proxectar o documental "Saber Galiza. O seminario de estud...
16/10/2026

🚨🚨🚨𝗖𝗔𝗡𝗖𝗘𝗟𝗔𝗗𝗢🚨🚨🚨
Informamos da cancelación do acto no que se ía proxectar o documental "Saber Galiza. O seminario de estudos galegos", organizado pola Deputación da Coruña / Cultura da Deputación da Coruña previsto para o vindeiro martes 20 de outubro.

15/10/2026

𝗠𝗶𝗻𝗶𝗲𝘅𝗰𝗮𝘃𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮
Os Concellos de e adquiren unha miniexcavadora (e o remolque para levala) que prestará servizos de protección do medio ambiente e dos espazos naturais de ambos municipios.

Dirección

Cimadevila S/n
Frades
15686

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 15:00
Domingo 09:00 - 15:00

Teléfono

981 695 567

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Frades publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría