Biblioteca Municipal de Xermade

Cómo llegar Contactar con la organización

Biblioteca Municipal de Xermade Traballando polo libro e o fomento da lectura en Xermade Estás no espazo da rede facebook da Biblioteca de Xermade. Contamos coa vosa participación.

Podes visitarnos de luns a venres.

Concello de Xermade: 🎬 𝐂𝐈𝐍𝐄 𝐄 𝐌𝐔𝐋𝐋𝐄𝐑𝐄𝐒 𝐑𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐄𝐍 𝐗𝐄𝐑𝐌𝐀𝐃𝐄O 15 de outubro celébrase o 𝗗í𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗠𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗶...
05/10/2026

Concello de Xermade:
🎬 𝐂𝐈𝐍𝐄 𝐄 𝐌𝐔𝐋𝐋𝐄𝐑𝐄𝐒 𝐑𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐄𝐍 𝐗𝐄𝐑𝐌𝐀𝐃𝐄
O 15 de outubro celébrase o 𝗗í𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮𝘀 𝗠𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗥𝘂𝗿𝗮𝗶𝘀, unha data para recoñecer e visibilizar o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento e na vida do medio rural.
Por este motivo, e coincidindo con esta celebración, o Concello de Xermade participa no 𝐈𝐗 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐍𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞 𝐞 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España, achegando ao noso municipio unha programación cinematográfica que pon o foco nas historias, experiencias e realidades das mulleres rurais.
📽️ Tres películas, tres espazos e tres oportunidades para compartir cine e reflexión:
🎞️ 𝐋𝐀 𝐁𝐔𝐄𝐍𝐀 𝐒𝐔𝐄𝐑𝐓𝐄
📍 Centro da Tornería
📅 15 de outubro | 20:00 h
✨ Día da Muller Rural
👻 𝐁𝐎𝐃𝐄𝐆Ó𝐍 𝐂𝐎𝐍 𝐅𝐀𝐍𝐓𝐀𝐒𝐌𝐀𝐒
📍 Biblioteca de Xermade
📅 23 de outubro | 18:30 h
🎞️ 𝗟𝗢 𝗤𝗨𝗘 𝗤𝗨𝗘𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗧𝗜
📍 Escola Habanera de Roupar
📅 31 de outubro | 18:00 h
💜 Un ciclo que nace arredor do 𝔻í𝕒 𝕕𝕒 𝕄𝕦𝕝𝕝𝕖𝕣 ℝ𝕦𝕣𝕒𝕝 para celebrar, visibilizar e poñer en valor as mulleres e as historias do noso rural.
𝐀𝐠𝐚𝐫𝐝á𝐦𝐨𝐬𝐭𝐞!
👉🏼 Consulta toda a información sobre o ciclo en https://www.cineymujeresrurales.es/

Unha usuario moi afortunada mandanos outra foto dos nosos libros viaxeiros: Algún libro xermadino está a dar as últimas ...
03/10/2026

Unha usuario moi afortunada mandanos outra foto dos nosos libros viaxeiros:
Algún libro xermadino está a dar as últimas rabexadas do bo tempo galego na praia da Lanzada (Sanxenxo)

👻📚 Comeza o Reto Lector!Chega o primeiro mes do noso Reto Lector Biblioteca + Ceip Plurilingüe De Xermade e, para inaugu...
02/10/2026

👻📚 Comeza o Reto Lector!

Chega o primeiro mes do noso Reto Lector Biblioteca + Ceip Plurilingüe De Xermade e, para inauguralo, escollemos unha temática perfecta para estas datas: o Samaín. 🎃

Na biblioteca xa temos preparado o expositor con lecturas para pasar un pouquiño de medo, rirnos dos monstros, coñecer bruxas, pantasmas e outras criaturas... e, por suposto, g***r dun bo libro.

📖 Como funciona o reto?

Durante o curso, cada mes teremos unha temática diferente e, tanto dende a biblioteca como dende o cole, iremos facendo recomendacións de lecturas para axudarvos a escoller.

Podedes coller libros na biblioteca do cole ou na Biblioteca Municipal de Xermade e lelos na orde que vos apeteza. Non hai que seguir o calendario ao pé da letra!

O importante é que, ao rematar o reto, teñades conseguido:

📚 4 libros lidos da biblioteca do cole
📚 4 libros lidos da Biblioteca Municipal

E atención, porque completar cada mes ten premio! 🏆

👻 Neste primeiro reto, a parte de abaixo do expositor está pensada para os lectores máis novos, e nos dous estantes superiores atoparedes propostas para os que xa son un pouco máis maiores.

Así que... a pasalo de medo! 🎃📖

📚 Novo mes, novo reto lector!Este mes dedicámosllo aos vínculos familiares. 💛Preparamos unha selección de lecturas nas q...
02/10/2026

📚 Novo mes, novo reto lector!

Este mes dedicámosllo aos vínculos familiares. 💛

Preparamos unha selección de lecturas nas que as relacións entre nais e fillos, irmáns, avós e netos, as familias, a memoria, os segredos e todo aquilo que nos une (ou ás veces nos separa) teñen un papel protagonista.

Se vos apetece descubrir novas historias ou volver a algunha que xa coñecedes, o expositor xa está preparado na biblioteca. 📖

👉 E ti, que historia sobre vínculos familiares recomendarías?

👻 Onte pasámolo de medo na biblioteca!Comezamos as actividades de Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia cun ...
01/10/2026

👻 Onte pasámolo de medo na biblioteca!

Comezamos as actividades de Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia cun obradoiro moi especial da man de Xogando coas Nubes.

Nesta ocasión aprendemos a crear os nosos propios libros pop-up con temática de Samaín. Dobrar, recortar, montar e deixar voar a imaxinación… e o resultado non puido ser máis chulo! 🎃📚

Moitas grazas a Xogando coas Nubes por acompañarnos nesta tarde e por ensinarnos a transformar un libro nunha pequena sorpresa en tres dimensións.

E grazas tamén a todas as persoas que participastes! Foi unha maneira xenial de dar comezo ás actividades de Ler conta moito na biblioteca. 🧡

E lembrade que aínda estades a tempo de participar nas próximas actividades! O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores 7 de outubro.

📚 A semana que vén, o venres 9, de 17:30 a 18:30 h, teremos un novo obradoiro para crear marcapáxinas, collages e figuras de origami. ✂️

✂️📚 Ler, crear e viaxar polo mundo!O 9 de outubro ás 17:30 h chega á biblio unha nova actividade de Ler conta moito, da ...
30/09/2026

✂️📚 Ler, crear e viaxar polo mundo!

O 9 de outubro ás 17:30 h chega á biblio unha nova actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nesta ocasión, as crianzas de 4 a 8 anos serán as protagonistas: a partir de libros e historias doutros países, poñerán as mans á obra para crear os seus propios marcapáxinas, empregando técnicas de collage e origami.

Un obradoiro para experimentar co papel, crear, imaxinar e descubrir historias doutras partes do mundo mentres coñecemos outras culturas.

📅 9 de outubro
🕠 17:30 h
📍 Biblioteca Municipal de Xermade
👧👦 De 3 a 8 anos

📝 Podedes inscribirvos ata o mércores 7 de outubro na Biblioteca Municipal de Xermade.

Unha actividade de Atelier Slowly · Ler e Crear, dentro do programa Ler conta moito – Rede de Bibliotecas de Galicia.

⏰ Ampriamos o prazo da exposición "A beleza da natureza" de Iris Debasa ata o próximo día 1. Non te quedes sin vir a vel...
23/09/2026

⏰ Ampriamos o prazo da exposición "A beleza da natureza" de Iris Debasa ata o próximo día 1.
Non te quedes sin vir a vela!!

Hoxe tivemos unha visita moi especial do Ceip Plurilingüe De Xermade . Viñeron visitar a exposición de Iris Debasa que e...
23/09/2026

Hoxe tivemos unha visita moi especial do Ceip Plurilingüe De Xermade . Viñeron visitar a exposición de Iris Debasa que estará dispoñible na nosa biblio ata mañá, así que non perdades a oportunidade de vir a vela!

📚 E se esta vez os libros tamén se puxesen de pé?O 30 de setembro ás 17:00 h temos na Biblioteca Municipal de Xermade un...
21/09/2026

📚 E se esta vez os libros tamén se puxesen de pé?

O 30 de setembro ás 17:00 h temos na Biblioteca Municipal de Xermade un obradoiro moi especial: «Creamos o noso libro pop-up», de Xogando coas Nubes.

Durante a actividade, os nenos e nenas aprenderán a crear o seu propio libro pop-up, deses que, cando os abres, ¡saen cousas do papel! Unha forma diferente e divertida de achegarnos aos libros e deixar voar a imaxinación.

👧🧒 Para nenos e nenas de 7 a 12 anos
📅 30 de setembro
🕔 17:00 h
📍 Biblioteca Municipal de Xermade
🎟️ Actividade gratuíta

Non tedes que traer ningún material, só ganas de crear e pasalo ben.

⚠️ As prazas son limitadas, así que podedes inscribirvos ata o próximo luns.

Para apuntarse:
📍 Na biblioteca
📞 982 50 10 55
💬 WhatsApp: 651 03 96 15

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, unha iniciativa que nos permite seguir enchendo a biblioteca de propostas arredor da lectura, a creación e a cultura.

Así que xa sabedes... abrimos o libro e a ver que pasa! 👀📖

Ceip Plurilingüe De Xermade :COMEZA A AVENTURA DA LECTURA! ✨📚O CEIP de Xermade e  , en colaboración coa Biblioteca Munic...
16/09/2026

Ceip Plurilingüe De Xermade :
COMEZA A AVENTURA DA LECTURA! ✨📚
O CEIP de Xermade e , en colaboración coa Biblioteca Municipal de Xermade, poñemos en marcha os nosos 8 Retos Lectores! 🚀📖
Unha proposta para que o alumnado descubra novas historias, viaxe a outros mundos, coñeza personaxes incribles e, sobre todo, goce lendo. 💫
Cada mes teremos un novo reto que superar e un pasaporte lector para ir enchendo de aventuras. 🌍📚
👉 Aberto a todo o alumnado do colexio.
👉 Prazo para apuntarse: ata o 5 de outubro.
👉 E si… haberá recompensas! 🎁
Porque ler tamén é crear, imaxinar, viaxar, aprender e soñar. 💙
Animádevos a participar!
Que comece a aventura! 🚀📖✨

Dirección

Avenida De Vilalba, S/n
Germade
27833

Horario de apertura

Lunes 11:00 - 14:00
15:00 - 18:00
Martes 11:00 - 14:00
15:00 - 18:00
Miércoles 11:00 - 14:00
15:00 - 18:00
Jueves 11:00 - 14:00
15:00 - 18:00
Viernes 11:00 - 14:00
15:00 - 18:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Xermade publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Municipal de Xermade:

Atajos

Compartir

Categoría