Bng Gondomar

Cómo llegar Página web

Bng Gondomar Bloque Nacionalista Galego de Gondomar

📢 Esta semana rexistramos unha queixa polo mal estado de varias instalacións municipais.Un exemplo é a ponte que une o P...
08/10/2026

📢 Esta semana rexistramos unha queixa polo mal estado de varias instalacións municipais.

Un exemplo é a ponte que une o Parque da Coelleira coa Policía Local, onde a falta de mantemento é evidente:

▪️ Hai falta de terra na entrada da ponte, que poden provocar caídas.
▪️ O chan é irregular, con táboas levantadas.
▪️ A malla antiescorregadiza está rota e ten buracos nos que se poden enganchar os pés.

Celebramos que o Concello invista en novas instalacións, como as do Parque das Ánimas. Pero o novo non pode facerse a costa do que xa existe: a Coelleira ou o Parque da Feira que tamén están en situación de risco para as nenas e nenos que os usan (podedes velo nas imaxes adxuntas nesta publicación).

👉 Esiximos unha revisión e reparación urxente destes espazos. A seguridade da veciñanza, e sobre todo da infancia, non pode esperar.

🏠 Onte, O BNG saíu á rúa pola vivenda.Miles de persoas encheron as rúas da cidade contra a especulación e os seus cómpli...
04/10/2026

🏠 Onte, O BNG saíu á rúa pola vivenda.

Miles de persoas encheron as rúas da cidade contra a especulación e os seus cómplices e por un dereito a unha vivenda digna. O BNG Baiona o BNG de Gondomar e o BNG Nigrán estivemos alí, porque vivir con dignidade non pode ser un luxo.

Esiximos máis vivenda pública, un plan contra o sen-fogarismo e medidas reais para frear os prezos do alugueiro e a especulación. No Val de Miñor sabemos ben o que é non atopar onde vivir.

A vivenda é un dereito, non un negocio. Seguimos! ✊

🚨 O BNG lamentamos que o Partido Popular aproveite os incendios —coma o desta tarde en San Cibrán, na parroquia de Donas...
21/09/2026

🚨 O BNG lamentamos que o Partido Popular aproveite os incendios —coma o desta tarde en San Cibrán, na parroquia de Donas— para facer política partidaria e auténtica propaganda.

Chama a atención que, cun incendio en marcha e con medios traballando sobre o terreo, o cartel destaque en grande o nome da portavoz do PP en Gondomar por riba de calquera outra cousa.

Se dedicasen durante todo o ano o mesmo esforzo á prevención que agora dedican ao autobombo, terían motivos para presumir. Pero non é o caso. Este tipo de actuacións son un auténtico NOXO.

17/09/2026

🚨 Desde o BNG de Gondomar instamos ao goberno local a mellorar o servizo de xestión de resíduos na mesma medida que subiu a taxa do lixo. Facémonos eco das denuncias veciñais en Borreiros e Donas, onde mobles, aparellos domésticos e outros obxectos voluminosos quedan abandoados durante días zunto aos contenedores de lixo ordinario máis tamén pasa en outros lugares do concello.

👩‍🦰👨‍🦰👩‍🦱👨‍🦳🧓🧑 As veciñas e veciños lamentan que haxa quen deposita eses materiais nas illas de contenedores de xeito irregular, máis tamén que o Concello non pase a recollelos cando avisan da situación.

✍ No Bloque instamos ao goberno a desenvolver campañas efectivas de sensibilización e educación ambiental, de popularización da existencia e o funcionamento do servizo do punto limpio (e do desconto polo seu uso na taxa a pagar), ou da recollida de voluminosos a domicilio.

15/09/2026

📢 Poñemos a disposición da veciñanza un modelo de alegacións á ordenanza do prezo dos servizos de auga e saneamento, elaborado a partir do debatido nas reunións informativas parroquiais.

O documento propón bonificacións e fraccionamento de pago para casos de baixos ingresos ou dificultades económicas transitorias, tarificación progresiva que incentive o aforro de auga, e excepcións xustificadas á obriga de enganche ao saneamento.

📄 O documento é o que aparece adxunto nesta publicación, e tamén o podedes atopar na nosa páxina web, na parte superior, no apartado DOCUMENTOS.

⏰ O prazo remata este xoves 17 de setembro ás 12 da noite. Podedes presentalo de xeito presencial pola mañá ou a través da sede electrónica.

Documento:https://gondomar.bng.gal/media/bnggondomar/files/2026/09/14/Alegaci%C3%B3ns%20Ordenanza%20Auga%20e%20Saneamento_xen%C3%A9rica.pdf

🚨 A Foz do Miñor non pode agardar máisNo BNG levamos ao vindeiro pleno da Mancomunidade do Val Miñor unha moción para es...
10/09/2026

🚨 A Foz do Miñor non pode agardar máis

No BNG levamos ao vindeiro pleno da Mancomunidade do Val Miñor unha moción para esixir xa un estudo integral da contaminación da Foz e da enseada do Miñor.

Denunciamos que, despois de anos de anuncios e promesas incumpridas, o problema segue sen resolverse. A Foz leva pechada ao marisqueo desde 2006 pola E.Coli, e este verán volvemos ver areais de Baiona con prohibición de baño.

Non abonda con actuar sobre as consecuencias: hai que localizar as causas (saneamento dos diferentes concellos, a depuradora de Gondomar...) e actuar sobre elas.

Reclamamos que se active xa a actuación de rexeneración ambiental prevista no PAI 'Val Miñor 15 minutos', con 400.000€ de fondos FEDER, antes de que se perdan por non executalos.

A Foz é patrimonio de todos e temos a obriga de protexela. Xa non valen máis anuncios: é hora de actuar. 💚⚫️

📢 XUNTANZA VECIÑAL MAÑUFE E DONAS📅 Domingo 6 de setembro🕗 12.00 h📍 Centro Cultural de MañufeEste xoves estaremos en Mañu...
05/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL MAÑUFE E DONAS

📅 Domingo 6 de setembro
🕗 12.00 h
📍 Centro Cultural de Mañufe

Este xoves estaremos en Mañufe nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o xoves 17 de setembro.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

📢 XUNTANZA VECIÑAL GONDOMAR VILA E VILAZA📅 Sábado 5 de setembro🕗 19.30 h📍 CDL Gondomar Este xoves estaremos en Gondomar ...
04/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL GONDOMAR VILA E VILAZA

📅 Sábado 5 de setembro
🕗 19.30 h
📍 CDL Gondomar

Este xoves estaremos en Gondomar nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

🚨🚨🚨 Tamén trataremos o problema da auga en Vilaza ante a ameaza de corte de auga, por suposto impago de facturas de abastecemento, comunicado pola empresa Espina&Delfín á Comunidade de Augas da parroquia de Vilaza, e da que tivo coñecemento no día de onte.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o xoves 17 de setembro.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN VINCIOS📅 Venres 4 de setembro🕗 20:15 h📍 Centro cultural de VinciosEste xoves estaremos en Vincios ...
03/09/2026

📢 XUNTANZA VECIÑAL EN VINCIOS

📅 Venres 4 de setembro
🕗 20:15 h
📍 Centro cultural de Vincios

Este xoves estaremos en Vincios nunha xuntanza aberta para as veciñas e veciños.

💧 Falaremos da ordenanza que regulará os prezos do servizo municipal de auga e saneamento e explicaremos tamén que alegacións se poden presentar e como facelo.

📌 O prazo para presentar alegacións remata o xoves 17 de setembro.

Tamén se falará dos prexuizos da aprobación do convenio coa Zona Franca para Vincios e para o Concello.

🗣️ Ademais, haberá un espazo aberto para intervencións, preguntas e propostas da veciñanza.

👉 Agardámoste! A participación veciñal é fundamental para decidir que modelo de auga e saneamento queremos para Gondomar.

O BNG de Gondomar estará esta semana de ruta por todo o concello para xuntarse coa veciñanza e falar, nesta ocasión, das...
02/09/2026

O BNG de Gondomar estará esta semana de ruta por todo o concello para xuntarse coa veciñanza e falar, nesta ocasión, das posibles alegacións á ordenanza que vai regular os prezos dos servizos municipais de auga e saneamento.

Tamén se tratarán outros temas como o proxecto para a mellora da seguridade viaria en Borreiros ou da firma do convenio entre o Concello de Gondomar e a Zona Franca.

Quedan aquí algunhas das imaxes das xuntazas de Borreiros e Peitieiros.

Agradecer a participación activa e ao interese das persoas que acudiron.

Xuntazas programadas para esta semana:

- Xoves 3 ás 20.15h na Escola de Guillufe en Morgadáns para a veciñanza de dita parroquia e de Chaín.

- Venres 4 ás 20.15h no Centro Cultural de Vincios.

- Sábado 5 ás 19.30h no CDL de Gondomar para as parroquias de Vilaza e Gondomar Vila.

- Domingo 6 ás 12.00h no Centro Cultural de Mañufe para esta parroquia máis Donas.

Dirección

Rúa Manuel Alonso, 9
Gondomar
36380

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Gondomar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir