23/10/2026
🏃♂️⛰️ ESTE DOMINGO 25 DE OUTUBRO, TRAIL & RUNNING EN GONDOMAR! 🏃♀️🌿
Este domingo temos unha cita co deporte e coa natureza en Gondomar! 💚
🕙 HORARIOS DAS PROBAS
🏃 Carreira 10K: 10:00 h
🚶♀️ Andaina de 6 km: 10:30 h
👧🧒 Carreiras infantís no parque da Coelleira: 12:30 h
🗺️ MAPAS DOS PERCORRIDOS
Deixámosvos os mapas para que poidades consultar os trazados e prepararvos para a xornada:
🏃 Carreira 10K: percorrido de 10 quilómetros.
🚶 Andaina: percorrido de 6 quilómetros.
⚠️ IMPORTANTE: SEGURIDADE VIARIA
Pedimos especial precaución aos participantes da carreira de 10K coa circulación de vehículos nos tramos nos que sexa necesario extremar as medidas de seguridade.
Para garantir a seguridade dos corredores e evitar posibles accidentes, o tráfico permanecerá cortado nalgúns tramos durante períodos aproximados de entre 45 minutos e 1 hora.
🙏 Agradecemos a comprensión e a colaboración de todos os veciños, condutores e participantes.
📍 Agardámosvos este domingo en Gondomar para g***r dunha gran xornada de deporte, natureza e convivencia!
💚 Moita sorte a todos e a desfrutar do deporte!