Concello de Guitiriz

Cómo llegar Página web

Concello de Guitiriz Facebook oficial do Concello de Guitiriz. Facebook oficial del Ayuntamiento de Guitiriz.

O Concello de Guitiriz ( Lugo), abre esta páxina para ofrecer a cidadanía todo tipo de información local e municipal que poida ser de interese: emprego, formación, avisos, actividades culturais, servizos sociais. Pretende ser unha canle de comunicación activa na que todos/as participemos, establecendo un feedback, creando un espazo aberto e plural //

El Ayuntamiento de Guitiriz , abre esta página para ofrecer a la ciudadanía todo tipo de información local y municipal que pueda ser de interes: empleo, formación, avisos, actividades culturais, servicios sociales. Pretende ser un canal de comunicación activa en la que todos /as participemos, estableciendo un feedaback, creando un espacio abierto y plural.

🏆 Antonio Prieto e Jorge González proclámanse vencedores do Rally Rías Altas de Regularidade na clasificación xeral, men...
25/10/2026

🏆 Antonio Prieto e Jorge González proclámanse vencedores do Rally Rías Altas de Regularidade na clasificación xeral, mentres que Juan Receimil e Alejandro Barrio se impoñen na xornada de tarde.

👏 Parabéns a ambas as parellas polo resultado!

💃🕺 Esta tarde de domingo, 25 de outubro, vide todos e todas á sesión de baile na Escola Habanera!🎶 Contaremos coa actuac...
25/10/2026

💃🕺 Esta tarde de domingo, 25 de outubro, vide todos e todas á sesión de baile na Escola Habanera!

🎶 Contaremos coa actuación do Dúo Dilema, un sorteo de agasallos e un descanso cunha doce merenda!

⏰ Será de 17:00 a 20:00 horas. Prezo da entrada 5 euros. Agardámosvos! 🙌

🙌 Recorda! Esta noite cambiamos a hora! 🕜 Na madrugada do sábado ao domingo, ás 3:00 serán as 2:00. Un pequeno cambio pa...
24/10/2026

🙌 Recorda! Esta noite cambiamos a hora!

🕜 Na madrugada do sábado ao domingo, ás 3:00 serán as 2:00. Un pequeno cambio para entrar no novo horario.

📌 Non esquezas atrasar os reloxos para dar a benvida ao horario de inverno.

🚗 Os vehículos clásicos do Rally Rías Altas de Regularidade xa percorren as estradas da contorna de Guitiriz, nunha xorn...
24/10/2026

🚗 Os vehículos clásicos do Rally Rías Altas de Regularidade xa percorren as estradas da contorna de Guitiriz, nunha xornada dedicada ao motor histórico!

🏁 A praza do Campo da Feira foi o punto de saída da modalidade de tarde, cunha chegada prevista no Iberik Gran Balneario de Guitiriz, onde terá lugar a entrega de premios e a cea de confraternización.

📸 Compartimos algunhas imaxes da cita organizado pola Moto Club Coruña Escuderia Centollo

ℹ https://concellodeguitiriz.com/os-vehiculos-clasicos-toman-guitiriz-coa-celebracion-do-xxii-rally-rias-altas-de-regularidade/

🏁 Lembra que esta tarde de sábado, 24 de outubro, o Rally Rías Altas de Regularidade chega a Guitiriz!🚗 Pola tarde, os v...
24/10/2026

🏁 Lembra que esta tarde de sábado, 24 de outubro, o Rally Rías Altas de Regularidade chega a Guitiriz!

🚗 Pola tarde, os vehículos clásicos sairán a partir das 16:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz.

📍 A chegada está prevista arredor das 21:30 horas no Iberik Gran Balneario, onde terá lugar a entrega de premios e a cea de confraternización.

Agardámosvos para g***r do motor! 🙌

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/o-xxii-rally-rias-altas-de-regularidade-reunira-43-pilotos-este-sabado-en-guitiriz/

23/10/2026

🍽️🐱 Alimentar unha colonia non é unha tarefa para calquera persoa.

Pode parecer que deixar comida aos gatos é unha forma de axudar, pero a alimentación das colonias felinas está organizada e controlada dentro do programa municipal.

🚫 Só as persoas autorizadas poden alimentar aos gatos das colonias. Se non estás autorizado, non debes deixarlles comida, nin nos puntos de alimentación nin noutros lugares.

📍 Deste xeito é posible controlar correctamente a alimentación, manter os espazos limpos e realizar un mellor seguimento dos animais.

🤝 Se queres axudar, a mellor maneira de facelo é respectar o traballo das persoas responsables e as normas establecidas para a xestión das colonias.

💚 Coidar tamén significa saber cando non debemos intervir.

👉 Campaña financiada polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030.

👵 Os nosos maiores celebraron no centro de día unha tarde de magosto!🌰 A alcaldesa, Marisol Morandeira, e a concelleira ...
23/10/2026

👵 Os nosos maiores celebraron no centro de día unha tarde de magosto!

🌰 A alcaldesa, Marisol Morandeira, e a concelleira Sofía Sánchez, pasaron por alí para chalar e g***r con eles das ricas castañas.

📚 A Biblioteca Pública pon en marcha ‘Entre libros anda o xogo’, unha iniciativa para celebrar o Día das Bibliotecas a t...
23/10/2026

📚 A Biblioteca Pública pon en marcha ‘Entre libros anda o xogo’, unha iniciativa para celebrar o Día das Bibliotecas a través dun trivial literario e cultural aberto á participación da cidadanía!

🗓️ A actividade, baseada nun xogo de preguntas, desenvolverase do 26 de outubro ao 2 de novembro. As preguntas estarán dispoñibles na entrada da Escola Habanera. Tedes toda a información no cartel.

🎁 Entre todas as participacións válidas sortearanse dez soportes para libros. Animádevos! 🙌

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/a-biblioteca-de-guitiriz-celebra-o-dia-das-bibliotecas-cun-trivial-literario-e-cultural-con-dez-premios/

🚑🩸 Lembra que a unidade móbil de doazón de sangue estará mañá, sábado 24 de outubro, en Guitiriz.⏰ De 10:00 a 15:00 hora...
23/10/2026

🚑🩸 Lembra que a unidade móbil de doazón de sangue estará mañá, sábado 24 de outubro, en Guitiriz.

⏰ De 10:00 a 15:00 horas.
📍 Ao carón do Concello.

💳 É importante levar a tarxeta de doazón, DNI ou un documento similar.

Dirección

Rúa Do Concello, 4
Guitiriz
27300

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Guitiriz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir