24/09/2026
Temos pleno municipal!
🕤 Hoxe 24 de setembro celébrase o pleno ordinario correspondente. Ás 19:30 en primeira convocatoria.
Entre os asuntos a tratar estará a moción do PSOE sobre bonos concilia da Consellería de Política Social.
➡️ Nesta moción pedimos enmendar un dos seus puntos, incluíndo o seguinte e importantísimo asunto:
❗❗❗Enmenda para a substitución do seu punto 3: ❗❗❗
"Deixar sen efecto a, exclusion dos campamentos municipais do programa Bono Concilia Familia, garantindo que as familias que xa abonaron campamentos municipais durante os meses de verán non sexan prexudicadas pola modificación das condicions do programa, especialmente cando realizaron estes pagamentos baixo a expectativa de poder acceder as correspondentes axudas".
💻📱 Recorda que, coma sempre, podedes velo e comentalo en directo a través do enlace que o Concello de Guitiriz poñerá a disposición e que veredes anunciado próximamente nas súas redes sociais.