Concello A Estrada

Cómo llegar Página web

Concello A Estrada Páxina oficial do Concello da Estrada en Facebook

🎭 UN CÓMICO NA ALDEA VOLVE AO RURAL DA ESTRADAO ciclo "Un cómico na aldea" regresa este outono ás parroquias da Estrada ...
02/10/2026

🎭 UN CÓMICO NA ALDEA VOLVE AO RURAL DA ESTRADA

O ciclo "Un cómico na aldea" regresa este outono ás parroquias da Estrada cunha nova programación cargada de humor, maxia, teatro e historias para g***r en compañía.

A proposta inclúe 10 actuacións nos meses de outubro e novembro, que levarán a cultura e o espectáculo a Paradela, Callobre, Nigoi, Moreira, Frades, Berres, Oca, Souto, Loimil e Rubín.

📅 OUTUBRO

📍 3 de outubro · 20:00 h · Paradela
👉 Isi e o Mago Toño

📍 10 de outubro · 20:00 h · Nigoi
👉 Maxia con Pablo Estévez

📍 17 de outubro · 19:30 h · Moreira
👉 Celtas con filtro · Unidade de Produción EMAE

📍 17 de outubro · 20:30 h · Callobre
👉 Foise no vento · Unidade de Produción EMAE

📍 24 de outubro · 18:00 h · Frades
👉 Isi e o Mago Toño

📍 31 de outubro · 19:30 h · Berres
👉 Contada de medo · Lois Pérez

📅 NOVEMBRO

📍 7 de novembro · 19:00 h · Local social de Oca
👉 Contada de medo · Lois Pérez

📍 14 de novembro · 20:00 h · Souto
👉 María da Pontragha

📍 21 de novembro · 20:00 h · Loimil
👉 A clave 39 · Teatro Clámide

📍 28 de novembro · 20:00 h · Rubín
👉 María da Pontragha

💧 A Estrada avanza na elaboración dun plan municipal de prevención, aforro e adaptación fronte á secaO Pleno do Concello...
01/10/2026

💧 A Estrada avanza na elaboración dun plan municipal de prevención, aforro e adaptación fronte á seca

O Pleno do Concello da Estrada aprobou esta noite, por consenso de todos os grupos municipais, a elaboración dun Plan Municipal de Prevención, Aforro e Adaptación fronte á Seca.

É esta unha ferramenta propia para anticiparse a posibles períodos de seca, mellorar a eficiencia no uso da auga e planificar respostas adaptadas a cada escenario.

O plan permitirá analizar as necesidades actuais e futuras de abastecemento e estudar o comportamento das captacións, depósitos, estacións de tratamento e redes ante situacións de seca prolongada.

Tamén dará continuidade a liñas de traballo xa iniciadas, como:
🔹 anticipar a detección e reparación de fugas
🔹 a sectorización e dixitalización da rede
🔹 o control de consumos e perdas
🔹 a mellora do coñecemento en tempo real de caudais, consumos anormais, perdas e niveis de reserva.

Ademais, contemplará medidas de información e concienciación sobre o uso responsable da auga e continuar mantendo unha interlocución específica co sector agrogandeiro para avanzar na prevención e na resposta ante posibles problemas de subministración.

Na sesión ordinaria do mes de outubro tamén quedou aprobada a Conta Xeral de 2025.

01/10/2026

A obra máis vendida é «As rulas de Bakunin» de Antón Riveiro

🎙12  MESES PARA EXECUTAR A NOVA SENDA PEONIL E CICLISTA DE TOEDOA Xunta de Galicia iniciou as obras de construción dun i...
30/09/2026

🎙12 MESES PARA EXECUTAR A NOVA SENDA PEONIL E CICLISTA DE TOEDO

A Xunta de Galicia iniciou as obras de construción dun itinerario peonil e ciclista de preto de 2,4 quilómetros na PO-841, cun investimento de 1,1 millóns de euros cofinanciados con fondos europeos FEDER.

📍 Onde? No treito que vai dende o núcleo da Estrada ata o polígono industrial de Toedo.
🛠️ Como será? Unha senda segura de polo menos 1,8 metros de ancho que facilitará os desprazamentos a pé ou en bici a puntos coma o tanatorio ou a zona de equipamento deportivo.

As obras inclúen a amplificación da plataforma sobre dous leitos de auga, nova drenaxe, mellora da sinalización, muros de perpiaño e pavimento podotáctil.

⏱️ Prazo de execución: 12 meses.

🩰 6 COREÓGRAFAS | FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO📅 10 de outubro | A EstradaUn día completo para achegarnos á dan...
30/09/2026

🩰 6 COREÓGRAFAS | FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO

📅 10 de outubro | A Estrada

Un día completo para achegarnos á danza contemporánea e ás artes do movemento, con obradoiros, accións en espazo público e espectáculos.

O programa foi presentado hoxe por parte da concelleira de Cultura, Lucía Seoane, o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a directora do festival, Paula Quintas.

A parte artística correu hoxe por conta de Nuria Sotelo, que danzou para alumnos do CEIP Pérez Viondi.

🕚 11:00 h
Obradoiro interxeracional
Kirenia Martínez
Público aberto + alumnado da EMAE (infantil e adulto).

🕐 13:00 h
Accionando corpos en espazo público
Lúa Gándara en sesión vermú

🕕 18:00 h – 19:15 h | Programación en rúa + sala
📍 Praza de Galicia + Teatro Principal

▪️ 18:00 h | TRÉS BIEN — ESTREA
Inés Santos e María de Vicente
Cía. Marta Alonso Tejada
Dúo de danza contemporánea de rúa

▪️ 18:15 h | SUIT(E)
Furia Sotelo
Con música en directo de Millán Abeledo

▪️ 18:45 h | BIPEDESTRUCCIÓN
Marcia Vázquez e Martina Lo Arcos
Desiden.cia

▪️ 19:30 h | BENQUERER(ME) — ESTREA
Fran Sieira
Solo de danza tradicional+contemporánea para sala

🎙️Presentación do programa piloto “Adestrar sen pantallas” esta tarde, na Estrada. É froito do convenio asinado entre a ...
29/09/2026

🎙️Presentación do programa piloto “Adestrar sen pantallas” esta tarde, na Estrada.

É froito do convenio asinado entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. Nel participarán varios clubs deportivos do municipio, concretamente vencellados á practica do atletismo, ximnasia e fútbol.

Trátase dunha iniciativa novidosa que, a través do deporte e da implicación directa do tecido deportivo, pretende promover entre a infancia e a mocidade hábitos de vida máis saudables e un uso responsable das pantallas.

A xornada de hoxe tivo como o relatores a Antonio Rial Boubeta, profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Joaquín González Cabrera, profesor da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).

Esta tarde, no MOME.
29/09/2026

Esta tarde, no MOME.

29/09/2026

A asociación procura un entorno de socialización positivo para os rapaces

🎙️ANDAINA SOLIDARIA POLO CAMIÑO DA SANTA PATERNAA casa consistorial acolleu esta mañá a presentación da primeira edición...
28/09/2026

🎙️ANDAINA SOLIDARIA POLO CAMIÑO DA SANTA PATERNA

A casa consistorial acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da Andaina Solidaria polo Camiño da Santa Paterna, que se celebrará o DOMINGO 18 DE OUTUBRO.

Todo o recadado será destinado integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Trátase dunha iniciativa organizada no marco das Festas de Santa Paterna – Arnois 2026, que une deporte, natureza, patrimonio e solidariedade.

A andaina terá un percorrido de 5 quilómetros, de dificultade media-baixa, polo contorno de Santa Paterna, coincidindo coa presentación da nova variante do Camiño de Santiago de Santa Paterna. 🥾🌿

📅 Domingo, 18 de outubro
🕘 Saída: 09:00 h
📍 Campo da Festa de Santa Paterna
🥾 5 km | Dificultade media-baixa
🎽 Inscrición + camiseta: 7 €

📲 Inscricións por WhatsApp:
638 52 06 62 | 656 97 69 58

Ademais, haberá autobús ás 09:30 h desde o campo da festa ata o punto de saída. 🚌

Unha mañá para camiñar, descubrir o noso patrimonio e contorno natural e, sobre todo, sumar pasos contra o cancro.

👉 Anímate a participar e ven camiñar por unha boa causa!

ContraOCancro

Dirección

Praza Da Constitución
La Estrada
36680

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello A Estrada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir