Concello da Guarda

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello da Guarda Perfil oficial do Concello da Guarda
Outros perfís: Turismo A Guarda, Cultura A Guarda e Omix A Guarda.

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os equipos de operarios municipais desprazáronse onte ata diversos puntos do concello para continuar...
16/10/2026

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os equipos de operarios municipais desprazáronse onte ata diversos puntos do concello para continuar nas labores de roza e limpeza.

🦺 Así, estiveron traballando na senda dende o límite co municipio veciño do Rosal cara a Guarda e na senda Litoral: Playa O Muíño – Playa Area Grande.

𝗨𝗡𝗛𝗔+𝗨𝗡=𝟮 | 🔵 A Casa do Concello acollerá a exposición de pintura “Unha + Un = 2”, dos artistas Carmen Prado e Xesús Váz...
15/10/2026

𝗨𝗡𝗛𝗔+𝗨𝗡=𝟮 | 🔵 A Casa do Concello acollerá a exposición de pintura “Unha + Un = 2”, dos artistas Carmen Prado e Xesús Vázquez, unha proposta que reúne dúas sensibilidades artísticas e diferentes formas de expresar e sentir a pintura.

➡️ A inaguración terá lugar este venres, 16 de outubro, ás 19:30 horas.

📅 Do 16 ao 29 de outubro
📍 Casa do Concello da Guarda
🕐 Horario de visita de 9:00 a 15:00 horas.

🖌️ Dúas miradas, dous estilos e un mesmo espazo para g***r da arte. Animádevos a visitala!

𝗜𝗫 𝗖𝗜𝗖𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗜𝗡𝗘 𝗘 𝗠𝗨𝗟𝗟𝗘𝗥𝗘𝗦 𝗥𝗨𝗥𝗔𝗜𝗦 | 🔵 A Guarda súmase á IX edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, unha in...
15/10/2026

𝗜𝗫 𝗖𝗜𝗖𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗜𝗡𝗘 𝗘 𝗠𝗨𝗟𝗟𝗘𝗥𝗘𝗦 𝗥𝗨𝗥𝗔𝗜𝗦 | 🔵 A Guarda súmase á IX edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa que pon en valor o papel das mulleres no medio rural a través do cine.

📍 O Centro Cultural da Guarda acollerá dúas proxeccións:

🎥 Bodegón con fantasmas, de Enrique Buleo.
O venres 23 de outubro, ás 20:30 horas.

🎥 La buena letra, de Celia Rico.
O venres 13 de novembro, ás 20:30 horas.

🌱 Dúas citas co cine para descubrir outras realidades e reflexionar sobre a importancia das mulleres no desenvolvemento do rural.

𝗣𝗥𝗘𝗠𝗜𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 | 🔵 O Concello da Guarda celebrará este venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural,...
14/10/2026

𝗣𝗥𝗘𝗠𝗜𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 | 🔵 O Concello da Guarda celebrará este venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural, a gala anual dos Premios de Educación correspondentes ao curso 2025-2026.

📖 Durante o acto serán recoñecidos un total de 30 alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos da Guarda:

🎒 10 de 6º de Educación Primaria
🎒 8 de 4º da ESO
🎒 5 de ciclos formativos
🎒 5 de 2º de Bacharelato
🎒 2 do Conservatorio Elemental

👩‍🎓 A gala será un espazo de recoñecemento colectivo, no que se destaque a importancia da educación como ferramenta de desenvolvemento persoal e social, así como o papel dos centros educativos e das familias no acompañamento da mocidade ao longo da súa traxectoria formativa.

🙌 O acto estará aberto ao público, polo que convidamos á veciñanza a asistir e acompañar ao alumnado homenaxeado nunha xornada dedicada ao mérito académico.

𝗔𝗡𝗗𝗔𝗜𝗡𝗔𝗦 | 🔵 Últimos días para inscribirse na derradeira das andainas 2026 organizadas pola concellería de Eventos Depor...
14/10/2026

𝗔𝗡𝗗𝗔𝗜𝗡𝗔𝗦 | 🔵 Últimos días para inscribirse na derradeira das andainas 2026 organizadas pola concellería de Eventos Deportivos do Concello da Guarda!

🥾 O sábado 17 de outubro despedimos a tempada de andainas cunha ruta polo río Gorgua, en Padrenda (Ourense).

🍂 Un percorrido duns 11 km para descubrir o espectacular bosque feiticeiro, as corgas e as paisaxes de outono desta contorna natural.

🚌 Traslado en autocar dende o aparcadoiro da Sangriña.
💶 Prezo: 20 €/persoa.
⚠️ Ruta con certa dificultade polo desnivel.

✍️ Inscricións, preferentemente presenciais, na Casa do Concello (3ª planta). Tamén en [email protected] ou no 986 61 45 46.

🍁 Non perdas a oportunidade de pechar o ano camiñando pola natureza!

𝗥𝗢𝗧𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗢𝗥𝗡𝗜𝗧𝗢𝗟𝗢́𝗫𝗜𝗖𝗢 | 🔵  O pasado domingo, 4 de outubro, celebramos o Día Mundial das Aves cun roteiro ornitolóxico po...
14/10/2026

𝗥𝗢𝗧𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗢𝗥𝗡𝗜𝗧𝗢𝗟𝗢́𝗫𝗜𝗖𝗢 | 🔵 O pasado domingo, 4 de outubro, celebramos o Día Mundial das Aves cun roteiro ornitolóxico polo Esteiro do Miño, un espazo natural protexido como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e integrado na Rede Natura 2000.

🌿 Durante a actividade, desenvolvida en colaboración con Biophilia Axencia Ambiental, as persoas participantes puideron descubrir a riqueza natural deste enclave e observar preto dunha vintena de especies diferentes de aves, algunhas en solitario e outras formando bandadas de máis de dez exemplares.

🔭 Entre as especies observadas atopábanse a aguia peixeira, a garza real, a garzota común, o corvo mariño, o lavanco real, o mazarico chiador, o bilurico das rochas, a tartaraña das xunqueiras e o miñato, entre outras.

🙌 Foi unha xornada para g***r da natureza, coñecer mellor a biodiversidade do noso entorno e lembrar a importancia de conservar as aves e os seus hábitats.

📸 Fotografías: cedidas por Sonia Martínez () e Concello da Guarda.

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os equipos de operarios municipais desprazáronse onte ata diversos puntos do concello para avanzar n...
14/10/2026

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 Os equipos de operarios municipais desprazáronse onte ata diversos puntos do concello para avanzar nas labores de roza e limpeza.

🦺 Así, estiveron traballando na senda dende o límite co municipio veciño do Rosal cara a Guarda e no cruce de Sete camiños cara o Castro.

𝗖𝗘𝗡𝗦𝗢 𝗘𝗟𝗘𝗖𝗧𝗢𝗥𝗔𝗟 | 🔵 O Concello da Guarda informa de que, con motivo da convocatoria das eleccións xerais do 29 de novemb...
13/10/2026

𝗖𝗘𝗡𝗦𝗢 𝗘𝗟𝗘𝗖𝗧𝗢𝗥𝗔𝗟 | 🔵 O Concello da Guarda informa de que, con motivo da convocatoria das eleccións xerais do 29 de novembro, as listas do censo electoral estarán expostas para consulta ata o 19 de outubro.

📑 A consulta poderá realizarse na oficina do Padrón Municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Para garantir a protección dos datos persoais, a consulta deberá efectuarse de xeito individual e previa identificación da persoa interesada mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

🕔 Así mesmo, as persoas interesadas poderán consultar o censo electoral por vía telemática a través da sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE), identificándose mediante o sistema Cl@ve.

👥 O Concello recomenda especialmente comprobar a correcta inscrición no censo electoral ás persoas que cambiaran de domicilio recentemente e a aquelas que cumpriran os 18 anos nos últimos meses, co obxectivo de verificar que os seus datos están actualizados e que figuran correctamente nas listas electorais.

𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗘 𝗢𝗣𝗢𝗥𝗧𝗨𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 |  🔵 Este sábado, 17 de outubro, temos Feira de Oportunidades do Comercio! 🛍️ A Praza de Avelino ...
13/10/2026

𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗘 𝗢𝗣𝗢𝗥𝗧𝗨𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦 | 🔵 Este sábado, 17 de outubro, temos Feira de Oportunidades do Comercio!

🛍️ A Praza de Avelino Vicente acollerá a partir das 10:00 horas esta iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A Guarda Centro Comercial Aberto. Unha gran oportunidade para coñecer e apoiar ao comercio local da Guarda!

📅 Sábado, 17 de outubro.
🕟 A partir das 10:00 horas.
📍 Na Praza de Avelino Vicente.

👉 Animádevos a achegarvos e mercade local!

Dirección

Praza Do Reló
La Guardia
36780

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello da Guarda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello da Guarda:

Atajos

Compartir