07/10/2026
Tes entre 15 e 16 anos, eres de O Baixo Miño e queres participar nunha investigación?
Carolina Rodríguez actualmente atópase desenvolvendo a súa tese no Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa tese investiga sobre as prácticas dixitais adolescentes, dende como conviven cos medios dixitais cada día ata aquilo que lles preocupa sobre as súas experiencias en liña.
Se tes entre 15 e 16 anos, eres de O Baixo Miño e queres participar nesta investigación, só tes que cubrir o seguinte formulario:
https://forms.cloud.microsoft/e/gw3ee6XStg
🗣️ A túa voz, experiencias e vivencias son importantes!
🤐 Todo o proceso é anónimo e confidencial.
📧 Se tes algunha dúbida, podes consultar no seguinte correo electrónico: [email protected]
Este estudo conta con financiamento do Programa de axudas á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (ED481A-2025-40)