22/10/2026
🥾 O COLECTIVO “AMIGOS DO CAMIÑO” CELEBRA O 10º ANIVERSARIO DA OFICIALIZACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA!
🚶➡️Este domingo arranca a programación conmemorativa cunha andaina guiada dende o Colexio dos Xesuítas ata a Área Grande, un percorrido para g***r da nosa contorna e descubrir o valor dun Camiño que forma parte da historia e da identidade da Guarda.
📅 DOMINGO, 25 DE OUTUBRO
🕙 Saída ás 10:00 h
📍 Saída: Colexio dos Xesuítas | Chegada: Área Grande
👣 Percorrido guiado por Antón Ferreira.
➡️ A programación continuará cunha exposición fotográfica, unha conferencia e un faladoiro para afondar na historia, na evolución e no impacto do Camiño Portugués da Costa.
💙 Unha oportunidade para poñer en valor o noso patrimonio, a nosa paisaxe e todo o que o Camiño achega á Guarda. Anímate a participar!