Concello da Mezquita

Cómo llegar Página web

Concello da Mezquita A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana, que se atopa estratéxicamente situado como porta de Galicia desde Castela

Falar do centeo de A Mezquita é falar de territorio, de memoria e dunha forma de entender a vida que afunde as súas raíc...
05/11/2026

Falar do centeo de A Mezquita é falar de territorio, de memoria e dunha forma de entender a vida que afunde as súas raíces na historia. O centeo non é só un cultivo tradicional: é tamén parte dun patrimonio que conecta o presente coas comunidades que habitaron estas terras hai máis de dous mil anos.

A Mezquita ten, neste sentido, unha oportunidade excepcional para converter esta singularidade nunha verdadeira seña de identidade: un territorio onde o centeo forma parte da relación entre as persoas e a terra desde hai máis de dous mil anos.
Poñer en valor o centeo é, en definitiva, poñer en valor A Mezquita. É recoñecer o traballo de quen o cultivou no pasado, preservar os coñecementos que aínda permanecen vivos e ofrecer ás novas xeracións a posibilidade de continuar unha historia que se remonta ao século II antes de Cristo.
Do castro á mesa, do pasado ao futuro: o centeo de A Mezquita é patrimonio vivo.

🌰🔥 GRAN MAGOSTO EN A MEZQUITA 🔥🌰🍁 O 14 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA COA TRADICIÓN! 🍁Prepárate para g***r dunha xornada ch...
04/11/2026

🌰🔥 GRAN MAGOSTO EN A MEZQUITA 🔥🌰

🍁 O 14 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA COA TRADICIÓN! 🍁

Prepárate para g***r dunha xornada chea de diversión, gastronomía e bo ambiente!

🎉 ACTIVIDADES:
🍳 Concurso de cociña
🌰 Arrapañacastañas
💪 Tira da corda

Un día para compartir, rir, competir e desfrutar das nosas tradicións!

🎟️ ENTRADA Á VENDA NO CONCELLO

📍 A MEZQUITA
📅 14 DE NOVEMBRO

🔥 NON FALTES! AGARDÁMOSTE PARA CELEBRAR O MAGOSTO COMO SE MERECE! 🌰🍂

🎃🕯️ Un Samaín moi especial! 🕸️👻Queremos dar as grazas de corazón os organizadores que fixeron posible esta celebración, ...
02/11/2026

🎃🕯️ Un Samaín moi especial! 🕸️👻

Queremos dar as grazas de corazón os organizadores que fixeron posible esta celebración, polo seu traballo, implicación, ilusión e por encargarse de organizar todo con tanto agarimo.

Grazas polo voso esforzo, pola vosa creatividade e por facer que este Samaín fose posible e tan especial. Sen vós non sería o mesmo! 🧡

Grazas por facelo posible e por manter viva a maxia do Samaín!
A ganadora do sorteo da Cesta de Samain co numero 068 foi Lina de Vilavella 🎃🖤

📢 BANDO | MINUTO DE SILENCIOO Concello convoca a toda a veciñanza a gardar un minuto de silencio mañá, xoves 29 de outub...
28/10/2026

📢 BANDO | MINUTO DE SILENCIO

O Concello convoca a toda a veciñanza a gardar un minuto de silencio mañá, xoves 29 de outubro, ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello, en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

Con este acto queremos expresar o noso máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas, así como trasladarlles todo o noso apoio e solidariedade neste momento de dor.

Facemos un chamamento á cidadanía para que se una a esta convocatoria como mostra de respecto, lembranza e solidariedade.

O noso cariño e apoio ás vítimas e ás súas familias.

🖤 Descansen en paz.

📢 ABERTO O PRAZO PARA A PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGARInfórmase da apertura do prazo de presenta...
27/10/2026

📢 ABERTO O PRAZO PARA A PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Infórmase da apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de provisión de dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar.

📄 As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria e os requisitos de participación no Concello en horario de oficina, taboeiro de anuncios e na sede electronica do concello.

🎃👻 SAMAÍN EN CHAGUAZOSO 👻🎃🕸️ A noite máis terrorífica do ano está a chegar! 🕸️📅 Sábado, 31 de outubro🕗 Ás 20:00 hPrepará...
19/10/2026

🎃👻 SAMAÍN EN CHAGUAZOSO 👻🎃

🕸️ A noite máis terrorífica do ano está a chegar! 🕸️

📅 Sábado, 31 de outubro
🕗 Ás 20:00 h

Preparádevos para unha noite chea de misterio, sustos e maxia! 🧙‍♀️🎃

👻 Animádevos a vir e celebrar connosco o Samaín en Chaguazoso!

💀 Agardámosvos… se vos atrevedes! 🕷️🕸️

Pecharémolo noso ciclo Mestre Mateo coa longametraxe SAN SIMÓN, unha nova oportunidade para g***r do cine galego e acheg...
19/10/2026

Pecharémolo noso ciclo Mestre Mateo coa longametraxe SAN SIMÓN, unha nova oportunidade para g***r do cine galego e achegarnos a historias que nos convidan a reflexionar.

🎥 SAN SIMÓN
📅 martes 20 de outubro
🕒 16:00h
📍 EDIFICIO MULTIUSOS A MEZQUITA

🎞️ Agardámoste nesta última sesión do ciclo!

Este sábado convidámoste a ver  SIRÂT, unha experiencia cinematográfica intensa, hipnótica e difícil de esquecer. Unha v...
15/10/2026

Este sábado convidámoste a ver SIRÂT, unha experiencia cinematográfica intensa, hipnótica e difícil de esquecer. Unha viaxe entre o deserto, a música e os límites do ser humano, onde cada paso pode cambialo todo.

🎬 SÁBADO 17 DE OUTUBRO
🕕 18:00 h

Déixate levar polo camiño. Ás veces, perderse é o único xeito de atoparse.

Vémonos no EDIFICIO MULTIUSOS 🖤✨

EXPOSICIÓN LISTAS CENSO ELECTORAL
14/10/2026

EXPOSICIÓN LISTAS CENSO ELECTORAL

Quero compartir con moita ilusión a longametraxe Deuses de Pedra, protagonizada por unha moza, filla da nosa compañeira ...
13/10/2026

Quero compartir con moita ilusión a longametraxe Deuses de Pedra, protagonizada por unha moza, filla da nosa compañeira Gracinda (e máis xente raiota coñecida por nós). ❤️
É unha alegría ver como os soños se fan realidade e como o talento das persoas próximas chega á gran pantalla.

Deséxolle moitísimo éxito con esta longametraxe.! Que sexa o comezo de moitos máis logros. 🍀👏

Non a perdades! 🎥✨

EDIFICIO MULTIUSOS ÁS 16:00h, o venres 16 de outubro

Dirección

Avenida Da Constitución, 7
La Mezquita
32549

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello da Mezquita publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Organización gubernamental en A Mezquita

Ver Todo